Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 83-Bis Xoves, 30 de abril de 2020 Páx. 18947

I. Disposicións xerais

Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza

DECRETO 65/2020, do 30 de abril, polo que se declara loito oficial en Galicia por mor dos pasamentos producidos como consecuencia da pandemia do coronavirus COVID-19.

Para manifestar o sentimento de solidariedade do pobo galego por mor dos pasamentos producidos como consecuencia da pandemia do coronavirus COVID-19, o Goberno galego ten a vontade de facer pública a súa dor e a de toda a cidadanía de Galicia.

Polo tanto, por proposta do vicepresidente e conselleiro de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza, e logo de deliberación do Consello da Xunta de Galicia na súa reunión do día trinta de abril de dous mil vinte,

DISPOÑO:

Artigo único

1. Declárase loito oficial en Galicia desde as 00.00 horas do día 1 de maio ata as 24.00 horas do día 31 de maio de 2020.

2. Durante eses días ondearán a media hasta as bandeiras oficiais en todos os centros e edificios públicos dependentes da Xunta de Galicia.

Disposición derradeira

Este decreto entrará en vigor o mesmo día da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, trinta de abril de dous mil vinte

Alberto Núñez Feijóo
Presidente

Alfonso Rueda Valenzuela
Vicepresidente e conselleiro de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza