Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 12-Bis Mércores, 20 de xaneiro de 2021 Páx. 3362

I. Disposicións xerais

Presidencia da Xunta de Galicia

CORRECCIÓN DE ERROS. Decreto 5/2021, do 19 de xaneiro, polo que se modifica o Decreto 202/2020, do 3 de decembro, do presidente da Xunta de Galicia, polo que se adoptan medidas no territorio da Comunidade Autónoma de Galicia para facer fronte á crise sanitaria, na condición de autoridade competente delegada no marco do disposto polo Real decreto 926/2020, do 25 de outubro, polo que se declara o estado de alarma para conter a propagación de infeccións causadas polo SARS-CoV-2.

Advertido erro na publicación no Diario Oficial de Galicia número 11-Bis, do 19 de xaneiro de 2021, do texto do citado Decreto 5/2021, do 19 de xaneiro, na páxina 3116 alúdese aos concellos da provincia de Lugo en que queda restrinxida a entrada e saída de persoas, e cómpre emendar o erro padecido pola omisión do concello de Lugo, publicando o texto correcto do número 2.2 tal como se transcribe a seguir:

«2.2. Da provincia de Lugo:

a) Burela.

b) Cervo.

c) Lugo.

d) O Vicedo.

e) Vilalba.

f) Viveiro.

g) Xove».