Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 36-Bis Martes, 23 de febreiro de 2021 Páx. 11373

III. Outras disposicións

Consellería de Emprego e Igualdade

CORRECCIÓN DE ERROS. Orde do 17 de febreiro do 2021 pola que se establecen as bases reguladoras do II Plan de rescate das persoas traballadoras autónomas e das microempresas afectadas pola crise da COVID-19, mediante o Programa I de persoas traballadoras autónomas (TR500A), susceptible de ser financiado parcialmente polo Fondo Social Europeo (FSE), e o Programa II de microempresas (TR500B), e se procede a súa convocatoria para o ano 2021.

Advertidos erros na citada orde, publicada no Diario Oficial de Galicia número 33, do xoves 18 de febreiro de 2021, procédese a efectuar as seguintes correccións:

Na páxina 10364, no anexo I, no último cadro («SOLICITANTE»), onde di: «Autónomo de tempada. Meses de alta anos: □2019 □2020», debe dicir: «Autónomo de tempada que estivese de alta un mínimo de catro meses e un máximo de nove meses, en cada un dos anos 2018 e 2019».

Na páxina 10367, no anexo I (continuación), no primeiro cadro («A PERSOA SOLICITANTE OU REPRESENTANTE DECLARA:»), no número 3, o sexto punto, onde di: «Estar ao día nas obrigas tributarias estatais e autonómicas e coa Seguridade Social», debe eliminarse.

Na páxina 10371, no anexo II (continuación), no primeiro cadro («A PERSOA SOLICITANTE OU REPRESENTANTE DECLARA:»), no número 3, o sexto punto, onde di: «Estar ao día nas obrigas tributarias estatais e autonómicas e coa Seguridade Social», debe eliminarse.