Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 44-Bis Venres, 5 de marzo de 2021 Páx. 13542

I. Disposicións xerais

Consellería de Sanidade

CORRECCIÓN DE ERROS. Orde do 4 de marzo de 2021 pola que se modifican a Orde do 25 de febreiro de 2021 pola que se establecen medidas de prevención específicas como consecuencia da evolución da situación epidemiolóxica derivada da COVID-19 na Comunidade Autónoma de Galicia e a Orde do 25 de febreiro de 2021 pola que se establecen as actuacións necesarias para a posta en marcha do Plan de hostalaría segura da Comunidade Autónoma de Galicia.

Advertidos erros no Diario Oficial de Galicia número 43-bis, do 4 de marzo de 2021, cómpre facer as seguintes correccións:

Nas páxinas 13001 e 13002, onde di:

«B1. Concellos con nivel de restrición alta da Área Sanitaria da Coruña-Cee: Aranga, Arteixo, Cambre, Carballo, Carral, Coruña (A), Culleredo, Laracha (A), Malpica de Bergantiños, Miño, Muxía, Paderne, Sada, Vilasantar, Abegondo, Bergondo, Betanzos, Cabana de Bergantiños, Camariñas, Cee, Cerceda, Coirós, Coristanco, Dumbría, Fisterra, Irixoa, Laxe, Oleiros, Oza-Cesuras, Sobrado, Vilamaior, Vimianzo, Zas».,

debe dicir:

«B1. Concellos con nivel de restrición alta da Área Sanitaria da Coruña-Cee: Aranga, Arteixo, Cambre, Carballo, Carral, Coruña (A), Culleredo, Laracha (A), Malpica de Bergantiños, Miño, Muxía, Paderne, Sada, Vilasantar, Abegondo, Bergondo, Betanzos, Cabana de Bergantiños, Camariñas, Cee, Cerceda, Coirós, Coristanco, Dumbría, Fisterra, Irixoa, Laxe, Oleiros, Oza-Cesuras, Sobrado, Vilarmaior, Vimianzo, Zas, Corcubión, Curtis, Ponteceso».

Na páxina 13014, onde di:

«Tomiño, Tui, Vigo, Corcubión, Curtis, Ponteceso, Moeche, Corgo (O), Gomesende, Gudiña (A), Peroxa (A), Toques, Cedeira, Ferrol, Narón, Neda, Pontes de García Rodríguez (As), San Sadurniño, Ares, Cabanas...»,

debe dicir:

«Tomiño, Tui, Vigo, Moeche, Corgo (O), Gomesende, Gudiña (A), Peroxa (A), Toques, Cedeira, Ferrol, Narón, Neda, Pontes de García Rodríguez (As), San Sadurniño, Ares, Cabanas...».