Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 89-Bis Mércores, 12 de maio de 2021 Páx. 23870

I. Disposicións xerais

Consellería de Sanidade

ORDE do 12 de maio de 2021 pola que se modifica o anexo II da Orde do 7 de maio de 2021 pola que se establecen medidas de prevención específicas como consecuencia da evolución da situación epidemiolóxica derivada da COVID-19 na Comunidade Autónoma de Galicia tendo en conta a finalización da prórroga do estado de alarma establecida polo Real decreto 956/2020, do 3 de novembro.

I

No Diario Oficial de Galicia núm. 86-bis, do venres 7 maio de 2021, a Consellería de Sanidade publicou a Orde do 7 de maio de 2021 pola que se establecen medidas de prevención específicas como consecuencia da evolución da situación epidemiolóxica derivada da COVID-19 na Comunidade Autónoma de Galicia tendo en conta a finalización da prórroga do estado de alarma establecida polo Real decreto 956/2020, do 3 de novembro.

A dita orde ditouse consonte o disposto no punto sexto do Acordo do Consello da Xunta de Galicia, do 12 de xuño de 2020, en que se establece que as medidas preventivas previstas nel serán obxecto de seguimento e avaliación continua co fin de garantir a súa adecuación á evolución da situación epidemiolóxica e sanitaria. Con esta finalidade poderán ser obxecto de modificación ou supresión mediante acordo do Consello da Xunta de Galicia, por proposta da consellería competente en materia de sanidade. Tamén establece que a persoa titular da consellería competente na dita materia, como autoridade sanitaria, poderá adoptar as medidas necesarias para a aplicación do acordo e poderá establecer, de conformidade coa normativa aplicable e en vista da evolución da situación sanitaria, todas aquelas medidas adicionais ou complementarias ás previstas no acordo que sexan necesarias. Dentro desta habilitación quedan incluídas aquelas medidas que resulten necesarias para facer fronte á evolución da situación sanitaria en todo ou en parte do territorio da Comunidade Autónoma de Galicia e modifiquen ou, de modo puntual e cun alcance temporalmente limitado, impliquen o desprazamento da aplicación das medidas concretas contidas no anexo.

A adopción das medidas recollidas na Orde do 7 de maio de 2021 veu determinada pola evolución da situación epidemiolóxica e sanitaria na Comunidade Autónoma de Galicia, tal e como se xustifica na súa exposición de motivos. Para facer fronte a esta, a dita orde recolle dous tipos de medidas: por unha banda, establécense diversas medidas limitativas de dereitos fundamentais e, por outra, un amplo catálogo de medidas específicas que teñen por obxecto a regulación de distintas actividades coa finalidade de que poidan desenvolverse en condicións de seguridade, minimizando ao máximo o risco de contaxio e a propagación da enfermidade. Estas medidas específicas tradúcense, en moitos casos, no establecemento de capacidades máximas e regulación destas, xa que se demostrou que, para lograr o fin proposto, resulta imprescindible evitar as aglomeracións e garantir o mantemento en todo momento da distancia de seguridade reducindo o contacto físico ou proximidade en condicións favorecedoras do contaxio. A necesidade e proporcionalidade das medidas adoptadas xustifícase tamén na exposición de motivos da devandita orde, á cal nos remitimos. Baste salientar neste momento que, en cumprimento do disposto no artigo 10.8 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa, as medidas recollidas nos puntos segundo, terceiro e cuarto da Orde do 7 de maio foron ratificadas mediante o Auto 57/2021 da Sección Terceira da Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia.

Cómpre indicar, por outra banda, que o número 2 do punto décimo primeiro da citada Orde do 7 de maio de 2021 dispón que, en cumprimento dos principios de necesidade e de proporcionalidade, as medidas previstas na citada orde serán obxecto de seguimento e avaliación continua, co fin de garantir a súa adecuación á evolución da situación epidemiolóxica e sanitaria. Como consecuencia deste seguimento e avaliación, as medidas poderán ser prorrogadas, modificadas ou levantadas por orde da persoa titular da consellería competente en materia de sanidade.

Polo tanto, a Orde do 7 maio de 2020 prevé expresamente a posibilidade de acometer a súa modificación coa finalidade de adaptala á realidade da evolución da pandemia. Nesta liña, débese salientar que, en termos xerais, se mantén na comunidade autónoma a situación epidemiolóxica que motivou a adopción das medidas recollidas na Orde do 7 de maio, aínda que a concreta evolución da situación epidemiolóxica de determinados concellos mudou e fíxose necesario acometer unha modificación da citada orde coa finalidade de incluír no nivel de restricións que en cada caso corresponda os concellos en que variou a situación, atendendo aos datos recollidos no informe da Dirección Xeral de Saúde Pública, do 12 de maio de 2021, do que pode destacarse o seguinte:

En canto á situación epidemiolóxica de Galicia, o informe sinala que o número reprodutivo instantáneo (Rt), que indica o número de contaxios orixinados por un caso activo, volveu subir do 1, o que indica que, de manterse así, podería aumentar a transmisión. Unicamente as áreas de Lugo, Ourense e Pontevedra están por debaixo do 1.

Do total de concellos de Galicia, 135 non notificaron casos nos últimos 14 días. O número de concellos sen casos nos últimos 7 días foi de 177. Isto supón unha diminución en 5 concellos a 14 días e un aumento nun concello a 7 días. Os valores na semana precedente foron de 140 e 176, a 14 e 7 días.

Entre o 30 de abril e o 6 de maio realizáronse 65.031 probas diagnósticas de infección activa polo virus SARS-CoV-2 (50.690 PCR e 14.341 test de antíxenos) cunha porcentaxe de positividade a sete días do 2,28, practicamente igual que hai unha semana, que era do 2,27 %.

A incidencia acumulada a 7 e 14 días é de 46 e 91 casos por cen mil habitantes, respectivamente, valores lixeiramente superiores a 7 días e inferiores a 14 días, con respecto a hai unha semana, en que era de 43 e 94 casos por cen mil habitantes.

A tendencia diaria mostra, desde o 28 de decembro, tres tramos, un deles con tendencia oposta, primeiro crecente, a un ritmo do 7,1 % ata o 22 de xaneiro, e despois unha primeira decrecente, cunha porcentaxe de cambio diaria de -6 % e outra, cun lixeiro ascenso, cunha porcentaxe de cambio diaria de 0,7 %.

En canto á situación das áreas sanitarias, as taxas a 14 días das áreas están entre os 37,79 casos por 100.000 habitantes de Ferrol e os 135,03 de Pontevedra. As taxas a 14 días superan os 100 casos por 100.000 habitantes nas áreas Pontevedra e Vigo. Con respecto a hai unha semana, aumentou a taxa a 14 días na Área de Santiago. A 7 días fixérono nas áreas da Coruña, Santiago, Ferrol, Pontevedra e Vigo.

No que respecta á hospitalización dos casos COVID-19, a media de pacientes COVID-19 en hospitalización de agudos nos últimos 7 días foi de 143,0, o que significa un descenso do -9,2 % con respecto a hai sete días. A taxa de pacientes COVID-19 en hospitalización de agudos é de 5,3 ingresados por 100.000 habitantes, cun descenso, tamén, do -9,2 % con respecto a hai 7 días. En canto aos ingresos COVID-19 nas unidades de críticos (UCI) nos últimos 7 días, a media foi de 40,4 e a taxa a 7 días de ingresados nas UCI é de 1,5 ingresados por 100.000 habitantes, o que supón un descenso do -8,4 % con respecto a hai sete días, tanto na media como na taxa.

En canto á situación epidemiolóxica nos concellos de Galicia, o informe destaca que nos concellos con poboación igual ou maior de 10.000 habitantes (54), 3 presentan unha taxa de incidencia a 14 días igual ou superior aos 250 casos por cen mil habitantes, o mesmo número que no informe de hai unha semana. Ademais, o concello de Cambados presenta unha taxa a 14 días maior de 500 casos por 100.000 habitantes. No que se refire aos concellos de menos de 10.000 habitantes (259), 8 presentan unha taxa de incidencia a 14 días igual ou superior aos 250 casos por cen mil habitantes, 1 menos que a semana anterior. Acádanse taxas de incidencia iguais ou superiores aos 500 casos por cen mil habitantes en 3 destes concellos.

Respecto das comarcas, mantense en nivel alto a do Sar. Están en nivel medio as do Salnés, O Morrazo, Verín, A Baixa Limia, Chantada e Caldas.

Por conseguinte, o informe conclúe que, segundo os datos reflectidos, semella que a tendencia da taxa de incidencia está aumentado lixeiramente a 14 días, desde o cambio de tendencia observado a partir do 7 de marzo. De todos os xeitos, as taxas de incidencia a 14 días si baixaron lixeiramente con respecto a hai unha semana. Non obstante, o Rt no global de Galicia volveu subir por riba de 1.

O informe segue insistindo en que a información do modelo de predición, que indica que a incidencia aumentaría tanto a 7 como a 14 días, hai que tomala con cautela, xa que parte exclusivamente dos casos e non ten en conta as medidas de restrición que se tomen en cada momento.

A taxa de incidencia a 14 días, no global de Galicia, segue por debaixo dos 100 casos por cen mil habitantes. As áreas sanitarias de Pontevedra e Vigo presentan unha incidencia superior aos 100 casos por cen mil habitantes.

No que atinxe aos concellos de máis de 10.000 habitantes, hai tres concellos con taxas de incidencia iguais ou superiores a 250 por cen mil habitantes, cun deles cunha taxa superior aos 500 por cen mil habitantes. Nos de menos de 10.000, hai 8 concellos que superan unha taxa de incidencia de 250 por cen mil habitantes, con 3 deles cunha taxa a 14 días superior aos 500 por cen mil habitantes.

O informe engade tamén que o feito de que a cepa que está a circular, fundamentalmente, sexa a cepa británica pode influír nun aumento da transmisión, ao que se suma a aparición de novas variantes como a P1 do Brasil e a de Sudáfrica e agora tamén a da India, tamén máis transmisibles.

Sinala o informe, ademais, que o criterio utilizado para determinar os niveis de restrición aplicables a cada un dos concellos da comunidade autónoma é, xunto co da situación sanitaria, o da taxa de incidencia segundo os casos por cada cen mil habitantes a 14 días. Sitúase así o nivel medio baixo por debaixo de 150 casos por cada cen mil habitantes; o medio, entre 150 e por debaixo de 250 casos por cada cen mil habitantes; o alto, entre 250 e por debaixo de 500 casos por cada cen mil habitantes, e o máximo, na cifra de 500 casos por cada cen mil habitantes. Así mesmo, co obxecto de reaccionar con maior rapidez e eficacia fronte aos gromos, tense en conta tamén a taxa de incidencia a 7 días.

A análise da situación de cada concello complétase coa consideración de criterios demográficos, pois debe terse en conta que, en concellos de escasa poboación, poucos casos poden dar lugar a taxas moi elevadas, que deben ser postas no debido contexto, analizando, ademais, os servizos de saúde pública e o Comité e Subcomité Clínico as características específicas de cada gromo. Neste sentido, préstase unha especial atención á existencia de gromos non controlados ou de casos sen vínculo epidemiolóxico, así como ao feito de que non se observe unha melloría clara na evolución da situación epidemiolóxica.

En atención ao exposto, tendo en conta o indicado no citado informe da Dirección Xeral de Saúde Pública, e tras escoitar as recomendacións do Comité Clínico reunido para estes efectos, acórdase manter no nivel máximo de restricións o concello de Laza (Área Sanitaria de Ourense) e o de Cambados (Área Sanitaria de Pontevedra) polas súas taxas a 7 e 14 días. Tamén se mantén neste nivel máximo de restrición, aínda que as súas taxas indican un nivel alto, o concello Padrón (Área Sanitaria de Santiago), debido a que non leva tempo suficiente neste nivel para garantir que a evolución da súa situación epidemiolóxica sexa boa dabondo de cara á diminución da transmisión da infección neste concello.

Pola súa banda, mantéñense no nivel alto o concello da Laracha (Área Sanitaria da Coruña), que non baixaría ao nivel medio que lle correspondería polas súas taxas de incidencia por non levar o tempo suficiente para garantir que a evolución da súa situación epidemiolóxica leve a unha diminución da transmisión no concello, e o concello de Ribeira (Área Sanitaria de Santiago) porque a súa evolución epidemiolóxica cara a unha diminución da súa taxa de incidencia non está clara, dada a aparición constante de casos a 7 días.

Por outra parte, soben ao nivel alto desde o nivel medio-baixo ou medio os concellos de Oleiros (Área Sanitaria da Coruña) e Cangas (Área Sanitaria de Vigo), polas súas taxas a 7 e/ou 14 días.

Tamén sobe ao nivel alto o concello de Lobios, aínda que polas súas taxas a 7 e 14 días lle correspondería o nivel máximo, debido a que os casos notificados forman parte dun brote con orixe coñecida.

Por outra parte, descendería a este nivel alto o concello de Vilanova de Arousa, actualmente no máximo, tal como indican as súas taxas a 7 e 14 días, ao ter pasado nese nivel o tempo suficiente para asegurar que a evolución da súa situación permite o cambio.

Pola súa banda, mantéñense no nivel medio, polas súas taxas a 7 e/ou 14 días, os concellos de Betanzos (Área Sanitaria da Coruña); Ordes, Lalín e Silleda (Área Sanitaria de Santiago); Toén (Área Sanitaria de Ourense); Cerdedo-Cotobade e Soutomaior (Área Sanitaria de Pontevedra), e Tomiño (Área Sanitaria de Vigo).

Tamén se manteñen neste nivel por non levaren o tempo suficiente para garantir a melloría da evolución da súa situación epidemiolóxica os concellos de Ames, Melide e Noia (Área Sanitaria de Santiago).

Igualmente, mantéñense no nivel medio os concellos de Gondomar e Salceda de Caselas (Área Sanitaria de Vigo), debido á continua aparición de casos novos a 7 días que impiden a estabilización da súa situación cara a un claro descenso da incidencia.

No mesmo sentido, mantense no nivel medio o concello de Fornelos de Montes, aínda que polas súas taxas lle correspondería o nivel máximo, debido á melloría que presenta, con só 3 casos nos últimos 7 días, que pertencen a un brote controlado. E mantéñense tamén neste nivel medio o concello de Chantada (Área Sanitaria de Lugo) e o de Carballeda de Valdeorras (Área Sanitaria de Ourense), debido, no primeiro suposto, a que os casos se deben a un brote controlado e, no segundo, porque a evolución das taxas a 7 e 14 días, tendo en conta o tamaño da súa poboación, permitiría non subilo ao nivel alto tal como lle correspondería.

Por outra parte, soben desde o nivel medio baixo ao nivel medio de restricións os concellos de Fisterra (Área Sanitaria da Coruña), Barbadás (Área Sanitaria de Ourense), Bueu e Moraña (Área Sanitaria de Pontevedra) e Moaña (Área Sanitaria de Vigo), polas súas taxas a 7 e/ou 14 días.

Tamén sobe a este nivel medio o concello de Santiso (Área Sanitaria de Santiago), aínda que lle correspondería o nivel máximo, debido a que os casos pertencen a un brote de orixe coñecida.

No que respecta aos concellos de Carral (Área Sanitaria da Coruña), Valga (Área Sanitaria de Santiago), Cuntis e Ponte Caldelas (Área Sanitaria de Pontevedra), soben tamén a este nivel medio aínda que lles correspondería un nivel alto, debido a que os casos tamén pertencen a brotes controlados.

Por último, descende a este nivel medio de restricións o concello de Cualedro (Área Sanitaria de Ourense), desde o máximo actual, debido á boa evolución da súa situación epidemiolóxica, a pesar de que as súas taxas indican o nivel alto. Tamén o concello da Pastoriza (Área Sanitaria de Lugo), desde o nivel alto actual, igualmente pola súa boa evolución, aínda que as súas taxas indican que se mantería nese nivel, e o concello de Marín (Área Sanitaria de Pontevedra), que descendería do nivel alto actual, tal como mostran as súas taxas.

O resto dos concellos de Galicia permanece no nivel medio baixo de restricións, con base nos criterios reflectidos anteriormente e á espera de comprobar a evolución da súa situación epidemiolóxica.

II

Sentado o anterior, debe insistirse en que, mediante esta orde, se adapta a Orde do 7 de maio de 2021 á realidade da evolución epidemiolóxica de determinados concellos. Non se modifican as medidas adoptadas na referida orde, cuxa eficacia se estende ata as 00.00 horas do 22 de maio e que, polo tanto, se manteñen. Non obstante, tal e como indica o número 1 do seu punto décimo primeiro, consonte o seguimento e avaliación continua da situación que se está a realizar para garantir o respecto aos principios de necesidade e de proporcionalidade, adáptase a orde á realidade actual. En concreto, e para acadar unha maior claridade, óptase por publicar de novo a totalidade do anexo II, actualizando así a listaxe completa dos concellos incluídos en cada nivel de restrición.

Debe salientarse, no que se refire aos concellos incluídos no máximo nivel de restricións, que non se produce ningunha incorporación a ese nivel de ningún novo concello que non estivese incluído nel, e mantéñense neste os concellos de Cambados, Laza e Padrón, que xa figuraban na Orde do 7 de maio. Pola contra, saen do nivel máximo os concellos de Vilanova de Arousa e Cualedro, a consecuencia da mellora da súa situación. A estes últimos concellos seranlles de aplicación as medidas menos restritivas que se establecen na Orde do 7 de maio con carácter xeral para todo o territorio da comunidade autónoma e que foron ratificadas mediante o Auto 57/2021 da Sección Terceira da Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia. A aplicación das medidas menos restritivas que tamén limitan dereitos fundamentais é común ao resto do territorio da comunidade autónoma e foi obxecto de ratificación xudicial mediante o citado auto.

A eficacia desta orde comezará ás 00.00 horas do día 14 de maio de 2021 e estenderase durante o período en que se manteña a da Orde do 7 de maio de 2021 á que modifica, sen prexuízo do seguimento e avaliación continua a que está sometida, co fin de garantir a súa adecuación á evolución da situación epidemiolóxica e sanitaria.

Destácase finalmente que, conforme o artigo 33 da Lei 8/2008, do 10 de xullo, a persoa titular da Consellería de Sanidade ten a condición de autoridade sanitaria, polo que é competente para adoptar as medidas de prevención específicas para facer fronte ao risco sanitario derivado da situación epidemiolóxica existente no territorio da Comunidade Autónoma de Galicia, coa urxencia que a protección da saúde pública demanda.

Na súa virtude, en aplicación do punto sexto do Acordo do Consello da Xunta de Galicia, do 12 de xuño de 2020, sobre medidas de prevención necesarias para facer fronte á crise sanitaria ocasionada pola COVID-19, unha vez superada a fase III do Plan para a transición cara a unha nova normalidade, na súa redacción vixente, e na condición de autoridade sanitaria, conforme o artigo 33 da Lei 8/2008, do 10 de xullo,

DISPOÑO:

Primeiro. Modificación do anexo II da Orde do 7 de maio de 2021 pola que se establecen medidas de prevención específicas como consecuencia da evolución da situación epidemiolóxica derivada da COVID-19 na Comunidade Autónoma de Galicia tendo en conta a finalización da prórroga do estado de alarma establecida polo Real decreto 956/2020, do 3 de novembro

Modifícase o anexo II da Orde do 7 de maio de 2021 pola que se establecen medidas de prevención específicas como consecuencia da evolución da situación epidemiolóxica derivada da COVID-19 na Comunidade Autónoma de Galicia tendo en conta a finalización da prórroga do estado de alarma establecida polo Real decreto 956/2020, do 3 de novembro, que queda redactado segundo o anexo desta orde.

Segundo. Eficacia

As medidas previstas nesta orde terán efectos desde as 00.00 horas do día 14 de maio de 2021.

Santiago de Compostela, 12 de maio de 2021

Julio García Comesaña
Conselleiro de Sanidade

ANEXO II

A) Concellos con nivel de restrición máxima.

Cambados

Laza

Padrón

B) Concellos con nivel de restrición alta.

Cangas

Laracha (A)

Lobios

Oleiros

Ribeira

Vilanova de Arousa

C) Concellos con nivel de restrición media.

Ames

Barbadás

Betanzos

Bueu

Carballeda de Valdeorras

Carral

Cerdedo-Cotobade

Chantada

Cualedro

Cuntis

Fisterra

Fornelos de Montes

Gondomar

Lalín

Marín

Melide

Moaña

Moraña

Noia

Ordes

Pastoriza (A)

Ponte Caldelas

Salceda de Caselas

Santiso

Silleda

Soutomaior

Toén

Tomiño

Valga

D) Concellos con nivel de restrición media-baixa.

Abadín

Abegondo

Agolada

Alfoz

Allariz

Amoeiro

Antas de Ulla

Aranga

Arbo

Ares

Arnoia (A)

Arteixo

Arzúa

Avión

Baiona

Baleira

Baltar

Bande

Baña (A)

Baños de Molgas

Baralla

Barco de Valdeorras (O)

Barreiros

Barro

Beade

Beariz

Becerreá

Begonte

Bergondo

Blancos (Os)

Boborás

Boiro

Bola (A)

Bolo (O)

Boqueixón

Bóveda

Boimorto

Brión

Burela

Cabana de Bergantiños

Cabanas

Caldas de Reis

Calvos de Randín

Camariñas

Cambre

Campo Lameiro

Cañiza (A)

Capela (A)

Carballeda de Avia

Carballedo

Carballiño (O)

Carballo

Cariño

Carnota

Cartelle

Castrelo de Miño

Castrelo do Val

Castro Caldelas

Castro de Rei

Castroverde

Catoira

Cedeira

Cee

Celanova

Cenlle

Cerceda

Cerdido

Cervantes

Cervo

Chandrexa de Queixa

Coirós

Coles

Corcubión

Corgo (O)

Coristanco

Cortegada

Coruña (A)

Cospeito

Covelo

Crecente

Culleredo

Curtis

Dodro

Dozón

Dumbría

Entrimo

Esgos

Estrada (A)

Fene

Ferrol

Folgoso do Courel

Fonsagrada (A)

Forcarei

Foz

Frades

Friol

Gomesende

Grove (O)

Guarda (A)

Gudiña (A)

Guitiriz

Guntín

Illa de Arousa (A)

Incio (O)

Irixo (O)

Irixoa

Lama (A)

Láncara

Larouco

Laxe

Leiro

Lobeira

Lourenzá

Lousame

Lugo

Maceda

Malpica de Bergantiños

Manzaneda

Mañón

Maside

Mazaricos

Meaño

Meira

Meis

Melón

Merca (A)

Mesía

Mezquita (A)

Miño

Moeche

Mondariz-Balneario

Mondariz

Mondoñedo

Monfero

Monforte de Lemos

Montederramo

Monterrei

Monterroso

Mos

Mugardos

Muíños

Muras

Muros

Muxía

Narón

Navia de Suarna

Neda

Negreira

Negueira de Muñiz

Neves (As)

Nigrán

Nogais (As)

Nogueira de Ramuín

Oia

Oímbra

Oroso

Ortigueira

Ourense

Ourol

Outeiro de Rei

Outes

Oza-Cesuras

Paderne de Allariz

Paderne

Padrenda

Palas de Rei

Pantón

Parada de Sil

Paradela

Páramo (O)

Pazos de Borbén

Pedrafita do Cebreiro

Pereiro de Aguiar (O)

Peroxa (A)

Petín

Pino (O)

Piñor

Pobra de Trives (A)

Pobra do Brollón (A)

Pobra do Caramiñal (A)

Poio

Pol

Ponteareas

Pontecesures

Ponteceso

Pontedeume

Pontedeva

Pontenova (A)

Pontes de García Rodríguez (As)

Pontevedra

Porqueira

Porriño (O)

Portas

Porto do Son

Portomarín

Punxín

Quintela de Leirado

Quiroga

Rábade

Rairiz de Veiga

Ramirás

Redondela

Rianxo

Ribadavia

Ribadeo

Ribadumia

Ribas de Sil

Ribeira de Piquín

Riós

Riotorto

Rodeiro

Rois

Rosal (O)

Rúa (A)

Rubiá

Sada

Salvaterra de Miño

Samos

San Amaro

San Cibrao das Viñas

San Cristovo de Cea

San Sadurniño

Sanxenxo

San Xoán de Río

Sandiás

Santa Comba

Santiago de Compostela

Sarreaus

Sarria

Saviñao (O)

Sober

Sobrado

Somozas (As)

Taboada

Taboadela

Teixeira (A)

Teo

Toques

Tordoia

Touro

Trabada

Trasmiras

Trazo

Triacastela

Tui

Val do Dubra

Valadouro (O)

Valdoviño

Vedra

Veiga (A)

Verea

Verín

Viana do Bolo

Vicedo (O)

Vigo

Vilaboa

Vila de Cruces

Vilagarcía de Arousa

Vilalba

Vilamarín

Vilamartín de Valdeorras

Vilar de Barrio

Vilar de Santos

Vilardevós

Vilariño de Conso

Vilarmaior

Vilasantar

Vimianzo

Viveiro

Xermade

Xinzo de Limia

Xove

Xunqueira de Ambía

Xunqueira de Espadanedo

Zas