Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 110-Bis Venres, 11 de xuño de 2021 Páx. 29175

I. Disposicións xerais

Consellería de Sanidade

CORRECCIÓN DE ERROS. Orde do 10 de xuño de 2021 pola que se prorroga a eficacia e se modifica a Orde do 28 de maio de 2021 pola que se establecen medidas de prevención específicas como consecuencia da evolución da situación epidemiolóxica derivada da COVID-19 na Comunidade Autónoma de Galicia, e se modifica a Orde do 25 de febreiro de 2021 pola que se establecen as actuacións necesarias para a posta en marcha do Plan de hostalaría segura da Comunidade Autónoma de Galicia.

Advertidos erros na dita orde publicada no Diario Oficial de Galicia número 109-bis, do 10 de xuño de 2021, cómpre facer a seguinte corrección:

Na páxina 28920, onde di:

«1. As medidas previstas nesta orde terán efectos desde as 00.00 horas do día 12 de xuño de 2021 ata as 00.00 horas do 26 de xuño de 2021».

Debe dicir:

«1. As medidas previstas nesta orde terán efectos desde as 00.00 horas do día 12 de xuño de 2021 ata as 00.00 horas do 26 de xuño de 2021. Non obstante, a opción de ampliación de horario ata as 1.00 horas prevista no ordinal quinto do punto segundo terá efectos desde as 23.00 horas do día 11 de xuño de 2021».