Para manifestar o seu sentimento e o do pobo galego por causa do falecemento do conselleiro de Facenda e Administración Pública, don Valeriano Martínez García, o Goberno galego ten a vontade de facer pública a dor dos seus membros e a de toda a cidadanía.
Polo tanto, por proposta do vicepresidente primeiro e conselleiro de Presidencia, Xustiza e Turismo e logo de deliberación do Consello da Xunta de Galicia na súa reunión do día sete de outubro de dous mil vinte e un,
DISPOÑO:
Artigo único
1. Declárase loito oficial en Galicia desde as 00.00 horas do día 7 de outubro ata as 24.00 horas do día 9 de outubro de 2021.
2. Nos devanditos días ondearán a media hasta as bandeiras oficiais en todos os centros e edificios públicos dependentes da Xunta de Galicia.
Disposición derradeira
Este decreto entrará en vigor o mesmo día da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.
Santiago de Compostela, sete de outubro de dous mil vinte e un
Alberto Núñez Feijóo
Presidente
Alfonso Rueda Valenzuela
Vicepresidente primeiro e conselleiro de Presidencia, Xustiza e Turismo