O conselleiro de Educación, Ciencia, Universidades e FP, Román Rodríguez, visitou hoxe a empresa ourensá Extraco Construcións, beneficiaria das liñas de axuda da Xunta en materia de I+D+i para o desenvolvemento de tres proxectos innovadores en colaboración con outras firmas. Acompañado polo delegado territorial da Xunta en Ourense, Manuel Pardo, o titular de Ciencia puxo de exemplo a esta empresa polo seu compromiso coa innovación e a colaboración con outras empresas e centros de coñecemento. “Esta maneira de traballar, modelo de boas prácticas, é fundamental para sacar adiante proxectos que repercutan nun beneficio pleno da sociedade”, sinalou. Por iso, o representante do Goberno galego animou a Extraco Construcións a optar á nova liña de axudas Nexos que lanzará a Xunta no segundo trimestre deste 2025. A convocatoria estará dotada con máis de 20M€ e prevé chegar a 50 proxectos e 200 beneficiarios co fin de apoiar proxectos de I+D+i. Entre as novidades desta liña de axudas destaca a priorización dun número reducido de ámbitos temáticos e a incorporación de custos simplificados na xustificación das axudas, evolucionando así o programa ConectaPeme que funcionaba anteriormente e que chegou a 433 empresas e a 187 proxectos, que mobilizaron 150M€ e crearon 530 novos postos de traballo. Entre estes proxectos atópanse tres nos que participou Extraco Construcións, polos que recibiu máis de 267.000 euros: Alfiller con 109.500 euros, Geo4Radón con 88.000 euros e Topacio con 69.500 euros. Estes proxectos, nos que tamén colaboraron outras empresas e cinco centros de coñecemento contaron cun orzamento total de máis de 1M€. Neste sentido, o conselleiro fixo fincapé na importancia de que as empresas colaboren entre elas e cos centros de investigación para “aproveitar ao máximo as sinerxías” que permitan levar a cabo proxectos de innovación para “xerar valor e riqueza para o conxunto da cidadanía”. Román Rodríguez tamén quixo destacar a importancia de estender a I+D+i por todo o territorio: “Traballamos para transformar o tecido empresarial e para impulsar a colaboración público-privada, fundamental para achegar a I+D+i ao ámbito local e rural”. O potencial innovador dos proxectos Durante a visita, o conselleiro puido coñecer como se desenvolveron os proxectos beneficiarios das liñas de axuda da Xunta. No caso de Alfiller, no que Extraco participou en calidade de líder, traballaron en conxunto as empresas Renga Enerxía de Allariz, Prefhorvisa Outeiro de Arteixo e Galaicontrol de Vigo, obtendo un investimento de máis de 395.000 euros. Para desenvolver este proxecto tamén contaron co apoio e colaboración da Universidade da Coruña. O obxectivo foi poñer en valor o residuo das plantas asfálticas para ver as súas posibilidades en diferentes aplicacións no ámbito da construción. Deste xeito, logrouse unha saída potencial a un problema ambiental pola elevada cantidade de residuo que se xera nunha planta de fabricación de aglomerado asfáltico. No caso do proxecto Geo4Radón, no que tamén participaron Conexiona Telecom de San Cibrao das Viñas, Renga Enerxía de Allariz, Megodeza de Lalín e Galaicontrol de Vigo, así como a Universidade de Vigo, e obtívose un financiamento de case 400.000 euros para a mellora dos sistemas de climatización xeotérmica e análise da influencia das sondaxes na difusión do gas radón, é dicir, mellorar a eficiencia das instalacións de climatización con bomba de calor xeotérmico. Con esta fórmula, Extraco apostou pola tecnificación como elemento distintivo dentro dun sector tradicionalmente pouco innovador. Finalmente, co proxecto Topacio, no que participaron San2 Innovación Sostenible de Amoeiro, Conexiona Telecom de San Cibrao das Viñas e Aeromedia UAV de Oleiros, buscábase a prevención de incendios forestais a través de tecnoloxías de optimización da xestión de infraestruturas. Cun investimento de máis de 392.000 euros e coa colaboración da Universidade de Vigo, o Centro de Investigación Forestal de Lourizán e a Axencia Galega de Calidade Alimentaria, quíxose monitorizar e prever o crecemento da vexetación nos marxes das estradas, autoestradas e autovías, alcanzando todos estes obxectivos

El conselleiro de Ciencia sitúa los proyectos de la empresa Extraco Construcións como ejemplo de buenas prácticas en innovación y colaboración

La Xunta aporta una inversión de más de 1M€ para la puesta en marcha de tres proyectos con la participación de ocho empresas y cinco centros de conocimiento

El Gobierno gallego lanzará este año la nueva convocatoria Nexos con un presupuesto de 20M€, para alcanzar 50 proyectos y 200 beneficiarios y apoyar trabajos de I+D+i

Ourense, 6 de febrero de 2025

El conselleiro de Educación, Ciencia, Universidades e FP, Román Rodríguez, visitó hoy la empresa ourensana Extraco Construcións, beneficiaria de las líneas de ayuda de la Xunta en materia de I+D+i para el desarrollo de tres proyectos innovadores en colaboración con otras firmas. Acompañado por el delegado territorial de la Xunta en Ourense, Manuel Pardo, el titular de Ciencia puso de ejemplo a esta empresa por su compromiso con la innovación y la colaboración con otras empresas y centros de conocimiento. “Esta manera de trabajar, modelo de buenas prácticas, es fundamental para sacar adelante proyectos que repercutan en un beneficio pleno para la sociedad”, señaló.

Por ello, el representante del Gobierno gallego animó a Extraco Construcións a optar a la nueva línea de ayudas Nexos que lanzará la Xunta en el segundo trimestre de este 2025. La convocatoria estará dotada con más de 20M€ y prevé alcanzar 50 proyectos y 200 beneficiarios con el fin de apoyar proyectos de I+D+i. Entre las novedades de esta línea de ayudas destaca la priorización de un número reducido de ámbitos temáticos y la incorporación de costes simplificados en la justificación de las ayudas, evolucionando así el programa ConectaPeme que funcionaba anteriormente y que llegó a 433 empresas y 187 proyectos, movilizando 150M€ y creando 530 nuevos puestos de trabajo.

Entre estos proyectos se encuentran tres en los que participó Extraco Construcións, por los que recibió más de 267.000 euros: Alfiller con 109.500 euros, Geo4Radón con 88.000 euros y Topacio con 69.500 euros. Estos proyectos, en los que también colaboraron otras empresas y cinco centros de conocimiento, contaron con un presupuesto total de más de 1M€.

En este sentido, el conselleiro hizo hincapié en la importancia de que las empresas colaboren entre ellas y con los centros de investigación para “aprovechar al máximo las sinergias” que permitan llevar a cabo proyectos de innovación para “generar valor y riqueza para el conjunto de la ciudadanía”. Román Rodríguez también quiso destacar la importancia de extender la I+D+i por todo el territorio: “Trabajamos para transformar el tejido empresarial y para impulsar la colaboración público-privada, fundamental para acercar la I+D+i al ámbito local y rural”.

El potencial innovador de los proyectos

Durante la visita, el conselleiro pudo conocer cómo se desarrollaron los proyectos beneficiarios de las líneas de ayuda de la Xunta. En el caso de Alfiller, en el que Extraco participó en calidad de líder, trabajaron en conjunto las empresas Renga Enerxía de Allariz, Prefhorvisa Outeiro de Arteixo y Galaicontrol de Vigo, obteniendo una inversión de más de 395.000 euros. Para desarrollar este proyecto también contaron con el apoyo y colaboración de la Universidad de A Coruña. El objetivo fue poner en valor el residuo de las plantas asfálticas para ver sus posibilidades en diferentes aplicaciones en el ámbito de la construcción. De este modo, se logró una posible solución a un problema ambiental por la elevada cantidad de residuo que se genera en una planta de fabricación de aglomerado asfáltico.

En el caso del proyecto Geo4Radón, en el que también participaron Conexiona Telecom de San Cibrao das Viñas, Renga Enerxía de Allariz, Megodeza de Lalín y Galaicontrol de Vigo, así como la Universidad de Vigo, se obtuvo una financiación de casi 400.000 euros para la mejora de los sistemas de climatización geotérmica y análisis de la influencia de los sondeos en la difusión del gas radón, es decir, mejorar la eficiencia de las instalaciones de climatización con bomba de calor geotérmico. Con esta fórmula, Extraco apostó por la tecnificación como elemento distintivo dentro de un sector tradicionalmente poco innovador.

Finalmente, con el proyecto Topacio, en el que participaron San2 Innovación Sostenible de Amoeiro, Conexiona Telecom de San Cibrao das Viñas y Aeromedia UAV de Oleiros, se buscaba la prevención de incendios forestales a través de tecnologías de optimización de la gestión de infraestructuras. Con una inversión de más de 392.000 euros y con la colaboración de la Universidad de Vigo, el Centro de Investigación Forestal de Lourizán y la Agencia Gallega de Calidad Alimentaria, se quiso monitorizar y prever el crecimiento de la vegetación en los márgenes de las carreteras, autopistas y autovías, alcanzando todos estos objetivos.

Imágenes relacionadas

Fecha de actualización: 06/02/2025