A Xunta apoia a carreira de obstáculos ‘Pretorian Race’, que reunirá o sábado en Sarria preto de 600 participantes
Lugo, 5 de marzo de 2026
O delegado territorial de Lugo, Javier Arias, participou hoxe na presentación da carreira de obstáculos Pretorian Race Sarria Xtreme, que se celebrará este sábado na localidade. Está organizada por Pretorianos Club e conta novamente co apoio do Goberno galego.
As probas comezarán ás 16:30 horas, con saída desde o campo de rugby. Hai arredor de 600 participantes inscritos —un terzo deles, mulleres— e todos deberán realizar un percorrido de arredor de 7 quilómetros con 40 obstáculos, se ben se establecen tres categorías segundo o nivel de esixencia. A maioría dos deportistas participarán na modalidade “Popular”, na que poden recibir axuda doutros corredores; na “Starter” e na “Elite” non está permitido e estes últimos deben superar todos os obstáculos.
Arias destacou a colaboración da Xunta coa iniciativa, “que promove a actividade física e estilos de vida saudables, ademais de ser un motor de dinamización local que posiciona a Sarria no mapa deste tipo de competicións”.