Hemeroteca

Novas publicadas antes de 2023

Ten dispoñibles para consulta 344 novas da área temática Transporte:

31/10/22 | 12:42 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta despregará desde mañá un dispositivo de 390 profesionais, 80 vehículos e 5.400 toneladas de fundentes para garantir a seguridade nas estradas autonómicas ante as inclemencias do tempo

Vázquez Mourelle presenta o Plan de Vialidade Invernal, que estará operativo desde mañá nas provincias de Ourense e Lugo, mentres que nas da Coruña e Pontevedra comezará o 15 de novembro, estendéndose ata o 30 de abril

29/10/22 | 11:30 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta amplía a partir do 2 de novembro o percorrido dunha liña de autobús en Sada para conectar 5 núcleos de poboación do municipio co centro urbano

A liña entre Sada e o lugar de Armuño, en Bergondo, engade 9 novas paradas e pasa a realizar un itinerario circular que regresa ao centro de Sada

28/10/22 | 14:44 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta traslada o apoio ás propostas de CCOO para reforzar os servizos de tren de proximidade e advirte que non apoiará nunca a supresión de servizos

Vázquez Mourelle salienta que a Xunta volverá dirixirse á Delegación do Goberno en Galicia para abordar as solicitudes de reforzo dos servizos de curta distancia e a coordinación coas expedicións de autobús para acadar a intermodalidade

28/10/22 | 09:21

A Xunta activa as bolsas de axudas para a conciliación, transporte e manutención e aloxamento de persoas desempregadas que participen en cursos de formación

O Diario Oficial de Galicia publica hoxe a nova convocatoria desta liña que conta cun presuposto de 8,5M€ en 2022 e 2023, un 6,5% máis que na anterior

25/10/22 | 15:08 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta destinará 90 M€ a intensificar a aposta polo transporte público para estender a todo o territorio as vantaxes dos autobuses metropolitanos

Vázquez Mourelle subliña que o Goberno galego seguirá a financiar o 76% do custo da prestación deste servizo público, polo que os cidadáns asumirán menos do 25%
 

23/10/22 | 10:00 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta inicia o luns traballos de roza e limpeza nas marxes da estrada OU-536 ao paso polos concellos do Pereiro de Aguiar, Xunqueira de Espadanedo, Castro Caldelas, Montederramo e a Rúa

Realizaranse estas intervencións na estrada OU-536, nos municipios do Pereiro de Aguiar, Esgos, Xunqueira de Espadanedo, Castro Caldelas e Montederramo; e en dúas rotondas da desta mesma vía no concello da Rúa

21/10/22 | 15:54 | A Presidencia da Xunta

A Xunta e o Concello de Santiago avanzan en acordos en materia de mobilidade, emerxencias e turismo

Rueda anuncia que se deron os “pasos definitivos” para facer realidade a comarcalización do Parque de Bombeiros o vindeiro ano
 

20/10/22 | 15:10 | A Presidencia da Xunta

A Xunta duplica o orzamento para apoiar a adquisición de vehículos eléctricos e a implantación de puntos de recarga

Rueda destaca a aposta do Goberno galego por “promover unha mobilidade máis respectuosa co medio ambiente” e que contribúa “ao aforro da cidadanía ao reducir o consumo de combustible”
 

20/10/22 | 11:29 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

Fernández-Tapias entrega aos veciños de Cangas a nova estación de autobuses tras unha inversión de 400.000 euros

A delegada territorial da Xunta en Vigo destacou que a Xunta culmina unha área intermodal modernizada, conformada pola estación de autobuses e marítima

17/10/22 | 15:04 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta instala 10 novas marquesiñas en contornas rurais de estradas autonómicas de Lugo

O delegado territorial, Javier Arias, sinalou que tamén se están entregando refuxios aos concellos para que os sitúen onde consideren necesario para mellorar o servizo