Que é?
É un centro de atención aos cidadáns que acudan a presentar solicitudes, escritos e comunicacións na Xunta de Galicia ou a informarse acerca dos servizos ofrecidos.
Que ofrece?
Recepción e axuda aos cidadáns.
Rexistro de entrada de documentos dirixidos a calquera Administración pública.
Orientación e información xeral.
Da Xunta de Galicia: Diario Oficial de Galicia, departamentos, estruturas orgánicas, etc.
Acerca dos procedementos administrativos: convocatorias de bolsas, subvencións, axudas, oposicións, etc.
Como se pode acceder a estes servizos?
Persoalmente:
Principais oficinas de rexistro e información da Xunta de Galicia:
- Oficinas dos edificios administrativos (Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza). Horario de atención ao público: das 9.00 ás 19.00 horas en xornadas de luns a venres, e das 9.00 ás 14.00 horas os sábados e os días 24 e 31 de decembro cando sexan laborais. Horario de verán: do 16 de xuño ata o 15 de setembro (ambos inclusive), de 9 a 14 horas, de luns a sábados (Instrución 1/2014, da Vicesecretaría Xeral da Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza).
- Outras oficinas principais. Horario de atención ao público: das 9.00 ás 14.00 horas en xornada de luns a venres.
Resto de oficinas. Horario de atención ao público: das 9.00 ás 14.00 horas en xornada de luns a venres.
Atención telefónica:
Información administrativa xeral: chamando ao número 012 de luns a venres, de 8 horas a 20 horas.
Ligazóns relacionadas
- Decreto 191/2011, do 22 de setembro, de organización e funcionamento dos rexistros da Administración xeral e das entidades públicas instrumentais da Comunidade Autónoma de Galicia
- Convenio marco entre a Administración xeral do Estado e a Comunidade autónoma de Galicia para a implantación dunha rede de oficinas integradas de atención ao cidadán no ámbito territorial de Galicia
- Convenio de colaboración entre a Xunta de Galicia e a Fegamp para o desenvolvemento da administración electrónica nas entidades locais da Comunidade autónoma de Galicia
- Resolución do 12 de novembro de 2013, da Dirección Xeral de Avaliación e Reforma Administrativa, pola que se dá publicidade á adhesión de diversas entidades locais ao convenio marco asinado entre a Administración xeral do Estado e a Comunidade Autónoma de Galicia para a implantación dunha rede de oficinas integradas de atención ao cidadán no ámbito territorial de Galicia
- Instrución 1/2017, do 2 de outubro, sobre o horario de compulsa no Rexistro Xeral e nos rexistros dos Edificios Administrativos da Xunta de Galicia