Entre as principais novidades destaca a posibilidade de consultar os documentos entregados no rexistro da Xunta e a opción de activar/desactivar o dobre factor de autenticación con Chave365.
Documentos presentados no rexistro
Esta nova actualización incorpora, entre outras melloras técnicas, a posibilidade de consultar todos os documentos que o/a cidadán teña presentado en relación cos seus trámites (xa fose como interesado/a ou representante) a través do rexistro electrónico da Xunta de Galicia ou, presencialmente, nas Oficinas de atención á cidadanía e de rexistro.
Esta opción está dispoñible para todos aqueles documentos relacionados con trámites realizados con data posterior ao 1 de xaneiro de 2020.
Dobre factor de autenticación para o acceso á sede electrónica
Outra novidade desta versión está relacionada coa posibilidade de activar ou desactivar, de forma voluntaria, un nivel de seguridade reforzado para o acceso á parte privada da sede electrónica da Xunta de Galicia.
Para iso utilízase un dobre factor de autenticación (tamén coñecido como 2FA) ao usar Chave365.
Accedendo en XuntaEu a "O teu perfil - As túas preferencias" ou tamén a "Inicio - Carpeta cidadá - Preferencias" o/a usuario/a atopará un botón que permite activar ou desactivar a opción "Desexo activar a identificación reforzada para Chave365”.
Apps de interese
Por último, XuntaEu inclúe tamén unha nova sección “Apps de interese” que recolle unha relación das apps móbiles máis relevantes da Xunta de Galicia.