Que é XuntaEu e como podo acceder?
Que é XuntaEu?

XuntaEu é unha aplicación móbil que facilita, a través de dispositivos móbiles, o acceso aos principais servizos de administración dixital da Xunta de Galicia.

Quen pode acceder a XuntaEu?

Calquera cidadán ou cidadá pode acceder a XuntaEu.

Como podo acceder?

Podes entrar na app identificándote con Chave365 , con DNIe ou cun certificado dixital.

Como podo acceder con Chave365?

Chave365 é o sistema que permite aos cidadáns e cidadás maiores de idade e aos/ás menores emancipados/as identificarse e asinar documentos na sede electrónica da Xunta de Galicia sen necesidade de usar certificados dixitais nin DNI electrónico. 

Con Chave365, a persoa usuaria identifícase co seu NIF e clave persoal e asina electronicamente cun código, único para cada operación, que recibe no seu teléfono móbil.

Atoparás máis información en:

Onde podo descargar a app?

XuntaEu está dispoñible tanto para móbiles do sistema operativo Android como IOs.

Podes descargala aquí: 

 

Como podo acceder mediante DNIe?

Para poder acceder mediante DNIe deberás dispoñer de XuntaEu instalada nun dispositivo móbil que teña tecnoloxía NFC (Near Field Communication).

Tamén deberás ter un DNIe 3.0 o 4.0 e coñecer o seu contrasinal. Deberás activar o NFC no teu dispositivo. Para iso vai aos axustes do dispositivo, busca a opción NFC e actívaa.

Que podo facer con XuntaEu?
Que certificados podo consultar na app?

A app pode recibir certificados desde calquera sistema da Xunta de Galicia para que o cidadán ou cidadá os poida consultar.

Neste momento os certificados dispoñibles en XuntaEu, que progresivamente se irán ampliando, son:

  • Certificado de habilitacións profesionais
  • Licenza de pesca marítima de recreo en superficie
  • Licenza de pesca marítima de recreo submarina
  • Licenza de pesca marítima de recreo en embarcacións.  
Que servizos me ofrece XuntaEu?

Con XuntaEu podes acceder a todos estes servizos: 

  • Notificacións: podes consultar as notificacións electrónicas postas á túa disposición en Notifica.gal, aceptándoas ou rexeitándoas segundo corresponda. 
  • Expedientes e presentacións: consulta a información básica dos expedientes e presentacións nos que figures como persoa solicitante e/ou representante. É a mesma información que figura na sede electrónica da Xunta.
  • Documentación presentada: XuntaEu permite consultar toda a documentación entregada no rexistro, tanto electrónico como presencial, relacionada cos teus trámites con data posterior al 1 de xaneiro de 2020.
  • Pago de taxas: a través desta opción pódese cubrir o modelo de autoliquidación e realizar o pago da taxa. Tamén permite consultar operacións xa realizadas, anular operacións en fase inicial ou descargar modelos.
  • Certificados: tamén podes consultar nesta app a lista dos teus certificados. 
  • Chave365: podes acceder á túa información no sistema Chave365 (data de alta, data da próxima renovación, caducidade do teu usuario...). Ademais destas consultas, podes, desde esta aplicación, cambiar a túa clave, cambiar o número de teléfono ou darte de baixa no sistema. 
  • Verificación CVE:XuntaEu permíteche comprobar a validez dos documentos asinados electronicamente. Podes facer esta comprobación de dúas formas: de maneira manual, escribindo o código CVE que figura no documento ou  empregando a cámara do teu dispositivo móbil, escaneando o código QR que figura xunto ao CVE no documento.
  • Tarxetas: leva contigo as túas tarxetas ou carnés emitidos pola Xunta de Galicia. Unha forma sinxela e segura para telas sempre a man. 
  • Apoderamentos: se outorgaches ou recibiches apoderamentos a través do Rexistro Electrónico Xeral de Apoderamentos de Galicia tamén están á túa disposición en XuntaEu. Tamén che permite conceder novos apoderamentos. 

Ademais, XuntaEu tamén che ofrece:

  • A posibilidade de consultar as aquelas citas que solicitases para as oficinas de atención á cidadanía e de rexistro ou coas consellerías. Tamén tes a posibilidade de modificar unha cita xa programada, eliminala ou solicitar unha nova.
  • Recibir avisos personalizados no teu móbil. Chegaranche como unha notificación para que te decates de que tes dispoñible información do teu interese.
  • Consultar e/ou modificar os datos persoais que consten na túa carpeta cidadá (teléfonos, correo electrónico, enderezo...).

 

Que tarxetas podo consultar na app?

Ao acceder á sección de tarxetas atoparás unha lista con aquelas que tes dispoñibles. 

A integración de tarxetas/carnés será progresiva, co que irán engadíndose novidades proximamente!

Neste momento as que podes atopar son:

  • Carné xove
  • Tarxeta acreditativa do grao de discapacidade
  • Título individual de familia numerosa
  • Título de familia numerosa
  • Certificado de familia monoparental
  • Certificado individual de familia monoparental
  • Carné da Rede de Bibliotecas de Galicia
  • Tarxeta para licenzas de pesca de recreo en superficie
  • Tarxeta para licenzas de pesca de recreo submarina
  • Tarxeta para licenzas de pesca marítima de recreo en embarcacións
  • Licenza recreativa de pesca continental
  • Licenza de caza
  • Licenza de embarcacións
  • Permiso de pesca fluvial
  • Carné profesional en instalacións térmicas de edificios
  • Carné profesional de operador/a de guindastre torre
  • Carné profesional de operador/a de guindastre móbil autopropulsada - categoría B
  • Carné profesional de operador/a de guindastre móbil autopropulsada - categoría B
Para que serve o código QR que sae nas miñas tarxetas?

O código QR que sae nunha tarxeta serve para poder verificar a súa validez.

Se precisas presentar unha tarxeta, a persoa que necesite verificar a súa validez poderá ler o devandito QR e seguir o enlace que nel apareza.

Amosaráselle una páxina web que indicará a validez ou non da tarxeta. Necesitará de conexión a internet para poder verificar a súa validez.

Como podo cambiar a clave de Chave365?

Para cambiar a túa clave de acceso de Chave365 deberás primeiro identificarte na apliación con Chave365, certificado dixital o DNI electrónico.

A continuación preme en Chave365 e despois en "cambiar clave". 

A app solicitaráche a clave actual e a nova. 

Que é un PKPASS?

Un PKPASS é un tipo arquivo que contén todo o necesario para xerar unha tarxeta, un billete de embarque etc.

Este arquivo pode ser aberto e utilizado por unha aplicación de wallet ou billeteira, como pode ser o Apple Wallet en dispositivos iOS ou tamén por aplicacións de Android, como é o caso de WalletPasses.

Como se protexen os meus datos?
Como se protexen os meus datos?

Podes consultar con detalle as condicións de uso  de XuntaEu e a política de privacidade nas súas seccións específicas.

Que información de carácter persoal rexistra a aplicación sobre min?

En XuntaEu podes modificar os teus datos persoais (enderezo, teléfono, correo electrónico...).

A información que mostra a aplicación sobre ti é aquela da que xa dispón previamente a Xunta de Galicia.

Requírese que no primeiro acceso a XuntaEu consintas o acceso a eses datos. 

Esta aplicación xeolocalízame?

Non, a aplicación non usa o GPS nin ningunha utilidade de xeolocalización.