Entre as novidades máis relevantes da versión 1.4.0 de XuntaEu atópase a autenticación mediante o Documento Nacional de Identidade electrónico (DNIe) con móbiles iOS.
Para poder facer uso desta opción, que xa estaba dispoñible para os dispositivos Android, é fundamental que o DNIe estea activado e que a persoa que o vaia utilizar coñeza o seu contrasinal. Tamén cómpre o DNIe permaneza pegado ao dispositivo durante a autenticación.
Esta versión incorpora tamén unha nova sección de pago de taxas (tanto para Android como para iOS) que permite cubrir o modelo de autoliquidación e realizar o pago da taxa, consultar operacións xa realizadas, anular operacións en fase inicial, descargar modelos...