As novidades máis relevantes que incorpora, tanto para os dispositivos Android como iOS, están relacionadas coas opcións de tarxetas ou certificados. Con esta nova versión as persoas usuarias da app poden ordenalas segundo as súas preferencias e tamén eliminar aquelas tarxetas ou certificados que xa caducasen.
Outra novidade desta versión é que na pantalla de "Contacta coa Xunta" se atopan agora os accesos directos a dous dos servizos máis demandados no ámbito da Administración: a comunicación de niños de vespa velutina e a comunicación de permisos de queima de restos agrícolas.