Publícase a versión 1.6.0 de XuntaEu

29/07/2025

A novidade máis relevantes que incorpora, tanto para os dispositivos Android como iOS, é a posibilidade de achegar documentación aos expedientes, unha acción que agora pode realizarse directamente desde a propia app. Para anexar os documentos XuntaEu ofrece dúas opcións: empregar a cámara do móbil ou seleccionar un arquivo dispoñible no dispositivo.

Estas accións poden realizarse desde a opción "Achega de documentación separada da solicitude".