Xa está dispoñible a versión 1.7.0 de XuntaEu. Como novidade máis relevante inclúe un acceso, desde a pantalla de axuda, a unha nova canle de WhatsApp que permitirá resolver dúbidas técnicas sobre o servizo ofrecido desde a aplicación.
Outras novidades que incorpora en canto a funcionalidades e usabilidade, tanto para os dispositivos Android como iOS, son as seguintes:
- O acceso á pantalla de axuda inclúese agora tamén na barra inferior de navegación.
- Solicítase consentimento á persoa usuaria para que esta sinale se acepta ou rexeita que se poida enviar información do uso da app ás ferramentas que se empregan para poder rexistrar posibles erros do funcionamento da aplicación, de forma que se poidan corrixir máis axilmente, e para rexistrar datos anónimos de uso e navegación, co fin de poder mellorar a experiencia de usuario/a.
- Incorpórase información adicional no detalle de certos expedientes que dispoñen dela.