Dispoñibles en XuntaEu as tarxetas de licenza recreativa de pesca continental, licenza de caza e a licenza de embarcacións

18/12/2025

Desde hoxe xa é posible levar sempre a man, de forma sinxela e segura, estas 3 novas tarxetas que se suman a outras 12 que xa estaban dispoñibles na app XuntaEu.

Todas as tarxetas/carnés de XuntaEu dispoñen dun QR para permitir a súa validación por parte de terceiros.

As tarxetas tamén se poden descargar en formato PKPASS para a súa utilización desde outras aplicacións compatibles. Ao premer sobre elas mostrase o seu detalle, con información relevante desta e un código QR. 

Coa incorporación destas 3 novas tarxetas XuntaEu ten dispoñibles neste momento:

  • Carné xove 
  • Tarxeta acreditativa do grao de discapacidade
  • Título individual de familia numerosa
  • Título de familia numerosa
  • Carné da Rede de Bibliotecas de Galicia
  • Tarxeta para licenzas de pesca de recreo en superficie
  • Tarxeta para licenzas de pesca de recreo submarina
  • Tarxeta para licenzas de pesca marítima de recreo en embarcacións
  • Licenza recreativa de pesca continental
  • Licenza de caza
  • Licenza de embarcacións
  • Carné profesional en instalacións térmicas de edificios
  • Carné profesional de operador/a de guindastre torre
  • Carné profesional de operador/a de guindastre móbil autopropulsada - categoría B
  • Carné profesional de operador/a de guindastre móbil autopropulsada - categoría B

A integración de tarxetas/carnés será progresiva, co que irán engadíndose outras novas proximamente.