Desde hoxe xa é posible levar sempre a man, de forma sinxela e segura, esta nova tarxeta que se suman a outras 17 que xa estaban dispoñibles na app XuntaEu.
Todas as tarxetas/carnés de XuntaEu dispoñen dun QR para permitir a súa validación por parte de terceiros.
As tarxetas tamén se poden descargar en formato PKPASS para a súa utilización desde outras aplicacións compatibles. Ao premer sobre elas mostrase o seu detalle, con información relevante desta e un código QR.
Coa incorporación desta nova tarxeta XuntaEu ten dispoñibles neste momento:
- Carné xove
- Tarxeta acreditativa do grao de discapacidade
- Título individual de familia numerosa
- Título de familia numerosa
- Certificado de familia monoparental
- Certificado individual de familia monoparental
- Carné da Rede de Bibliotecas de Galicia
- Tarxeta para licenzas de pesca de recreo en superficie
- Tarxeta para licenzas de pesca de recreo submarina
- Tarxeta para licenzas de pesca marítima de recreo en embarcacións
- Licenza recreativa de pesca continental
- Licenza de caza
- Licenza de embarcacións
- Permiso de pesca fluvial
- Carné profesional en instalacións térmicas de edificios
- Carné profesional de operador/a de guindastre torre
- Carné profesional de operador/a de guindastre móbil autopropulsada - categoría B
- Carné profesional de operador/a de guindastre móbil autopropulsada - categoría B
A integración de tarxetas/carnés será progresiva, co que irán engadíndose outras novas proximamente.