Engádese o certificado de familia monoparental aos certificados dispoñibles en XuntaEu

12/06/2026

Desde hoxe xa é posible levar sempre a man, de forma sinxela e segura, este novo certificado que se suma aos outros 4 que xa estaban dispoñibles na app XuntaEu.

A app pode recibir certificados desde calquera sistema da Xunta de Galicia para que o cidadán ou cidadá os poida consultar. Neste momento os certificados dispoñibles en XuntaEu, que progresivamente se irán ampliando, son:

  • Certificado de familia monoparental
  • Certificado de habilitacións profesionais
  • Licenza de pesca marítima de recreo en superficie
  • Licenza de pesca marítima de recreo submarina
  • Licenza de pesca marítima de recreo en embarcacións