Publícase a versión 1.9.0 de XuntaEu

02/07/2026

Xa está dispoñible a versión 1.9.0 de XuntaEu que incorpora, entre as novidades, máis relevantes, a posibilidade de presentar emendas desde a app (naqueles expedientes que aplique).

Outras novidades desta versión son, que permite:

  • acceder a un expediente concreto desde unha notificación
  • consultar as datas de caducidade en tarxetas e certificados (cando esa información está dispoñible)  

Tamén se inclúen nesta versión algunhas melloras de usabilidade. Por exemplo, publícase unha animación que explica como posicionar correctamente o DNIe se queremos autenticarnos con el.