Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 198 Mércores, 13 de outubro de 1999 Páx. 12.195

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E RELACIÓNS LABORAIS

RESOLUCIÓN do 18 de agosto de 1999, da Dirección Xeral de Relacións Laborais, pola que se dispón a inscrición no rexistro e a publicación, no Diario Oficial de Galicia, do convenio colectivo da empresa Babé y Cía, S.L.

Visto o texto do convenio colectivo de ámbito interprovincial da empresa Babé y Cía, S.L. (código do convenio nº 8200452), que se suscribiu coa data do 27 de xullo de 1999, entre a parte empresarial e o comité de empresa, e de conformidade co disposto o artigo 90, números 2º e 3º do Real decreto lexislativo 1/1995, do 24 de marzo, polo que se aproba o texto refundido da Lei do Estatuto dos traballadores, e o Real decreto 1040/1981, do 22 de maio, sobre rexistro e depósito de convenios colectivos de traballo.

A Dirección Xeral de Relacións Laborais

ACORDA:

Primeiro.-Ordena-la inscrición do devandito convenio colectivo no rexistro de convenios desta dirección xeral.

Segundo.-Remiti-lo texto orixinal ó correspondente servicio deste centro directivo.

Terceiro.-Dispoñe-la súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 18 de agosto de 1999.

José Mª Fernández Olea

Director xeral de Relacións Laborais

Texto do quinto convenio de Babé y Cía, S.L.

Artigo 1º.-Ámbito territorial, funcional e persoal.

Este convenio afecta a empresa Babé y Cía, S.L., dedicada á actividade do transporte de distribución de productos petrolíferos, e os seus traballadores empregados exclusivamente na dita actividade e que presten os seus servicios nos centros de traballo situados nas provincias de Pontevedra, Ourense e A Coruña, ou nos centros que poida crear esta empresa para a distribución dos productos indicados en provincias distintas das citadas.

Artigo 2º.-Vixencia e duración.

Este convenio establécese por un período de 3 anos. Entrará en vigor o día 1 de xaneiro de 1999 calquera que sexa a súa publicación no Diario Oficial de Galicia, e abranguerá o período comprendido entre esa data e o 31 de decembro do ano 2001, agás prórroga tácita por anos naturais, se non é denunciado formalmente por calquera das partes, polo menos, con tres meses de antelación á data do seu vencemento ou, se é o caso, de calquera das súas prórrogas.

Se ó remata-la súa vixencia non fose denunciado por escrito por ningunha das partes, procederase á modificación de retribucións con efectos do 1 de xaneiro do ano 2002, e de acordo coas disposicións oficiais que ó respecto estivesen en vigor o dito ano.

Artigo 3º.-Concorrencias do convenio.

Este convenio rexerá nos seus propios termos e sen ningunha variación durante o ano 1999 e 2001. En consecuencia, durante a súa vixencia non poderá aplicarse no ámbito que comprenda outro concorrente total ou parcialmente, en calquera dos aspectos territoriais, funcional ou persoal.

Artigo 4º.-Compensación e absorción.

As condicións pactadas neste convenio compensaranse na súa totalidade coas que anteriormente viñesen desfrutando os traballadores, calquera que fose a súa orixe, denominación ou forma en que estivesen concedidas, respectándose as condicións máis beneficiosas con carácter ad personam, sempre que en conxunto e en cómputo anual sexan superiores ás establecidas neste convenio.

As disposicións legais que puidesen implicar variación económica en todos ou cada un dos conceptos retribuídos, unicamente terán aplicación práctica se, globalmente consideradas en cómputo anual, superan o valor destas.

Artigo 5º.-Vinculación á totalidade.

No suposto de que por calquera causa se modificase algunha das cláusulas establecidas neste convenio, quedará todo sen eficacia, debendo procederse a un novo estudio de negociación da totalidade do seu contido, que debe ser un e indivisible.

Artigo 6º.-Facultades da empresa.

Son facultades da dirección da empresa, entre outras:

a) A organización e reestructuración da empresa, imposta por necesidades do servicio público que presta, a súa organización e estabilidade.

b) A adaptación de métodos ou sistemas de traballo, oído o comité de empresa.

c) Fomenta-la productividade, esixindo uns rendementos normais de traballo.

d) Tódalas facultades que se atribúe a empresa en virtude dos dereitos que lle outorga a lei serán coa información previa ó comité de empresa, que procurará que sexan desenvolvidas coa máxima equidade e xustificación.

Artigo 7º.-Obrigas do conductor.

Sen prexuízo das obrigas xerais do conductor no desempeño da súa función laboral, concrétanse como específicas desta actividade as que seguen:

a) Conducir calquera vehículo da empresa segundo as necesidades desta, sendo responsable del e da mercadoría que transporta durante a viaxe que se lle encomendase, e da documentación do vehículo.

b) Facilitar un parte diario por escrito do servicio efectuado e do estado do camión, a súa cisterna e elementos accesorios que se fixen.

c) Na súa libreta de control habilitada pola empresa, o conductor anotará o inicio da súa xornada, os percorridos polos itinerarios e os tempos reais ou previstos que se fixen, as avarías que se poidan producir, así como a hora de finalización da súa xornada. As follas da libreta de control serán por duplicado para que lles quede constancia ó conductor e mais á empresa.

d) Inspecciona-lo estado, limpeza e conservación dos vehículos, as súas cisternas e elementos accesorios.

e) Empalmar e desempalmar mangueiras, abrir e pechar válvulas, axustar e desaxustar brazos de carga e descarga, e demais mecanismos utilizados para o enchido e baleirado das cisternas, realizando estas funcións e as súas complementarias, tanto se estes elementos son do seu propio vehículo como se son alleos a el, e aínda que teña que verificar estas opcións dentro do recinto da entidade cargadora.

f) Coñece-lo funcionamento e uso dos aparellos de extinción de incendios e executar estas operacións cando proceda, e asistir dentro da xornada de traballo ás prácticas de adestramento daqueles.

g) Durante o enchido e baleirado das cisternas, verificará a operación de purga en cada compar

timento, comprobando a ausencia neles da auga decantada.

h) Observa-las normas legais vixentes en cada momento, así como as establecidas por CLH, S.A. e as compañías operadoras, e as que se dicten con carácter xeral en relación coa circulación e transporte de productos petrolíferos, en especial o disposto nas normas e procedementos do sistema de calidade de Babé y Cía, S.L., conforme a norma ISO 9002.

Artigo 8º.-Xornada de traballo.

A xornada de traballo será de corenta horas semanais, de acordo co calendario laboral, en cómputo semanal.

Cando a organización do traballo o permita, e sempre co acordo previo entre empresa e administrativos, implantarase a xornada continuada para estes, respectándose os que a teñen concedida.

Tódalas horas que superen ou excedan as corenta horas semanais ou as 8 diarias, terán a consideración de extraordinarias ou de presencia para todo o persoal.

Dada a característica desta actividade, cando as necesidades do servicio o requiran, realizaranse as horas extraordinarias e de presencia que, como máximo, están permitidas na lexislación vixente.

Aplicarase tamén a normativa legal vixente no que respecta ó descanso semanal e diario.

Os sábados e festivos nos que se traballe por necesidades do servicio, serán rotativos para o persoal conductor e remunerados da seguinte forma:

-Os sábados serán aboados na cantidade do anexo II polas 8 horas de traballo, tanto efectivas como de presencia, e un día de descanso de compensación. Todo o que exceda das 8 horas pagarase como horas extras.

-Os festivos aboaranse na contía fixada no citado anexo II por 8 horas de traballo, tanto efectivo como de presencia, e todo o que exceda das 8 horas pagarase como extras e sen día de descanso compensatorio.

No caso de ser requirido o servicio de taller, en sábado ou festivo, a remuneración aplicable será a mesma que para o persoal conductor.

Artigo 9º.-Definición de tempo de traballo efectivo e tempo de presencia.

Tempo de traballo efectivo:

-A conducción dos vehículos.

-A parte do tempo empregada nos procesos de carga e descarga do vehículo que esixe a participación activa do conductor con manexo de elementos de conexión ou dispositivos de enchido de vehículo.

En situación de avaría e mantemento:

-O tempo de reparala, sempre que a reparación a realice o mesmo conductor.

Cando sexa preciso o remolque a talleres ou outros lugares nos que se vaia realiza-la reparación, o tempo empregado na dita operación de remolque, no caso de que o conductor asuma a conducción do vehículo avariado.

Definición do tempo de presencia:

A parte do tempo de enchido ou baleirado do vehículo que só requira vixilancia do proceso pero non a utilización de equipos ou dispositivos de enchido ou baleirado, aínda que neste tempo se efectúen xestións administrativas relacionadas co cargamento.

As esperas anteriores á carga ou á descarga en orixe ou destino que esixan vixilancia do vehículo.

As esperas por reparación de avarías ou paradas reguladas por este convenio colectivo ou outras regulamentacións, nas que recae sobre o conductor a vixilancia do vehículo.

Terán tamén carácter de horas de presencia, calquera outra que aconselle a práctica de servicio, de común acordo entre a empresa e o comité. Neste caso, teranse en conta para incorporar ó texto de futuros convenios.

Artigo 10º.-Pagas extraordinarias.

As pagas extraordinarias de Nadal, verán e marzo aboaranse na contía de 30 días naturais cada unha delas a razón de salario base máis antigüidade, e faranse efectivas o 18 de decembro, 18 de xullo e 18 de marzo, esta última devengada a 31 de decembro (antiga paga de beneficios).

Artigo 11º.-Vacacións e licencias retribuídas.

Tódolos traballadores da empresa desfrutarán dunhas vacacións anuais retribuídas de 30 días naturais a razón de salario base máis antigüidade, e o importe dunha bolsa de vacacións que se cifra na contía fixada no anexo II, aboándose ambas ó se inicia-lo desfrute das vacacións.

O calendario para o desfrute de vacacións será confeccionado na forma que determina o ET e darase a coñecer con tres meses de antelación ó seu comezo, procurando establece-la oportuna rotación para evitar que o dito desfrute lles corresponda ós mesmos traballadores nas mesmas datas.

Licencias retribuídas:

Sobre esta materia aplicarase o disposto no vixente Estatuto dos traballadores e demais disposicións legais, coas seguintes excepcións:

a) Os días de licencia serán retribuídos a razón do salario base do convenio maila antigüidade que corresponda.

b) En caso de matrimonio, o traballador terá dereito ó desfrute de 15 días polo dito concepto.

c) Para atender a asuntos propios que non admitan demora, o traballador terá dereito durante un ano á licencia dun a seis días, sen ter que xustifica-las causas.

d) En caso de falecemento de cónxuxe, descendente, ascendente, irmáns, tíos consanguíneos, o traballador desfrutará de dous a sete días por determinar segundo a distancia e circunstancias que concorran no caso.

e) No suposto de falecemento de ascendentes, irmáns e tíos afíns, o traballador desfrutará de licencias de dous a catro días, a duración das cales se determinará en consideración á distancia e circunstancias concorrentes.

f) En caso de parto da esposa, compañeira, enfermidade grave do cónxuxe, ascendentes, descendentes e consanguíneos, a licencia será de tres a sete días, tamén fixadas en atención á distancia e circunstancias concorrentes.

Artigo 12º.-Complemento de perigosidade.

Os productores que, como consecuencia da actividade que desenvolven na empresa, manipulen ou transporten habitualmente mercadorías explosivas ou inflamables, percibirán un complemento do 15% sobre o salario base por día traballado.

Os sábados non festivos consideraranse como efectivamente traballados para os exclusivos efectos do devengo deste complemento.

Artigo 13º.-Complemento de locomoción.

Establécese a cantidade fixada no anexo II en concepto de complemento de transporte para o persoal conductor, e para as restantes categorías, a cantidade fixada no citado anexo II, que se percibirá por día efectivamente traballado.

Os sábados non festivos consideraranse como efectivamente traballados para os exclusivos efectos do devengo deste complemento.

Artigo 14º.-Horas extraordinarias e complemento de actividade.

Sobre as horas extraordinarias respectarase o establecido no artigo 35 do vixente ET. Non obstante, páctase expresamente o valor da hora extraordinaria e o complemento de actividade nas contías fixadas no anexo II deste convenio.

Tendo en conta a natureza do traballo que se realiza no transporte de mercadorías perigosas, e o específico de distribución de productos petrolíferos, as horas extras co seu valor pactado terán o carácter de estructurais e de mantemento, de conformidade coa lexislación vixente.

Co obxecto de reduci-la aglomeración de C/C nos cargadeiros, coa conseguinte perigosidade e o número de horas de presencia, páctase dentro da xornada laboral unha flexibilidade na entrada ó traballo, que se gradúa entre as 6.30 horas e as 8.45 horas.

O persoal comprométese a realiza-las horas establecidas no Real decreto 2001/1983 ou o que o substitúa, comprometéndose así mesmo a empresa a distribuí-las ditas horas de forma equitativa e que permita a igualdade de oportunidades.

Estas horas serán supervisadas periodicamente polo comité de empresa e, se se detectan anomalías e estas non se corrixen, levará consigo a modificación ó anterior horario non flexibilizado.

Fíxase un complemento de actividade, cunha contía que se paga por hora que se exceda das 8 diarias de media semanal, que terá a consideración de complemento por cantidade e calidade de traballo, de acordo co artigo 39 do Acordo Xeral para o Transporte.

Artigo 15º.-Axudas de custo.

Fíxase a contía da axuda de custo para todo o persoal a que afecta este convenio nas cantidades que figuran no seu anexo II.

Estas axudas de custo devengaraas o persoal conductor sempre que realice servicios co camión, incluídos sábados e festivos.

Para as comidas en ruta, o conductor dispón de hora e media á súa conveniencia.

Artigo 16º.-Roupa de traballo.

Ó persoal de tráfico facilitaráselle como roupa de traballo, unha vez ó ano, dous pantalóns, dúas camisas, unha chaqueta curta de tea, un par de zapatos ou botas, e luvas segundo as necesidades, e cada dous anos, un anorak ou roupa de auga.

Ós administrativos, unha chaqueta curta de tea ó ano.

Ós mecánicos, tres fundas e un par de botas ó ano.

Esta roupa entregarase coa obrigatoriedade de que na xornada de traballo vaian provistos do uniforme correspondente.

A roupa de traballo deberá entregárselles a tódolos traballadores dentro do primeiro semestre do ano.

Artigo 17º.-Suspensión do permiso de conducción ou autorización para conducir mercadorías perigosas.

En caso de que un conductor sufra a retirada do seu permiso de conducir ou carné TPC por sentencia ou resolución firme da autoridade competente e de forma definitiva ou temporal, a empresa aseguraralle un novo posto de traballo segundo a elección desta,

e o interesado percibirá a remuneración correspondente á súa nova categoría.

Ó remate da duración da suspensión do permiso, será reintegrado á súa antiga categoría e posto de traballo.

Enténdese que sempre e cando estea conducindo ó servicio da empresa, exclusivamente e non vulnere o artigo 7 do Real decreto 1999/1979, do Regulamento de mercadorías perigosas, ou do que o substitúa.

Aplicarase o mesmo artigo 17º sempre que ó conductor se lle retirase o seu permiso de conducir, media hora antes e media hora despois da súa entrada e saída ó traballo.

A empresa terá a obriga de manter como máximo o seguinte número de conductores afectados en función do número de conductores.

En cadro de persoal de ata 20 conductores: un.

En cadro de persoal de entre 21 e 40 conductores: dous.

En cadro de persoal de entre 41 e 60 conductores: tres.

En cadro de persoal de entre 61 e 80 conductores: catro.

En cadro de persoal de máis de 80 conductores: cinco.

Artigo 18º.-Comisión mixta.

Constitúese unha comisión mixta como órgano de interpretación e vixilancia do cumprimento do convenio. Terá o seu domicilio no centro de traballo de Vilar de Infesta, e estará composta por seis membros designados pola metade de cada unha das partes, empresarial e social.

As partes poderán utiliza-los servicios de asesores, os que designará libremente e á súa custa, e terán voz pero non voto.

Serán funcións da comisión paritaria as seguintes:

-Vixilancia e seguimento deste convenio e interpretación dos seus preceptos.

-Constitución de ponencias ou comisións e elaboración de estudios sobre calquera aspecto de relacións laborais no ámbito da empresa, incluída a normativa básica sobre promoción profesional.

-Estudio sobre a aplicación á actividade da empresa da Lei de prevención de riscos laborais e o seu desenvolvemento.

-Acordos sobre formación continua, para adaptarse ás medidas da empresa. A validez dos acordos da

comisión paritaria require que se adopten por maioría de ámbalas partes.

-A comisión paritaria regulará o seu propio funcionamento e reunirase como mínimo cada tres meses ou cando unha das partes o solicite cunha antelación de 48 horas e o motivo fose transcendente.

Estará constituída, pola parte empresarial, por Ramón González-Babé, Federico González-Babé Iglesias e, pola parte social, José Luis Rodríguez Pérez, Juan Bautista Rodríguez Vázquez e María del Pilar Montes Anllo. Ámbalas partes poden autorizar suplentes que as representen.

Artigo 19º.-Dereito supletorio.

No non previsto neste convenio rexerá o Acordo Xeral do Transporte aprobado por Resolución do 13 de xaneiro de 1998, da Dirección Xeral de Traballo, dándolle así cumprimento ó establecido na disposición transitoria primeira do dito acordo.

Artigo 20º.-Seguro de vida ou invalidez.

Para o persoal que se rexa por este convenio, nos casos de morte ou invalidez permanente total ou absoluta derivados de accidente de traballo ou enfermidade profesional, a empresa garantiralles ós herdeiros do traballador, unha indemnización por un importe de 3.000.000 de pesetas, e concertará obrigatoriamente para tales fins a póliza de seguros. Para o caso de gran invalidez, a contía será de 5.000.000 de pesetas.

Artigo 21º.-Incapacidade laboral transitoria.

Ós traballadores afectados por este convenio que se encontren na situación de IT (incapacidade temporal), calquera que sexa a causa determinante, a empresa aboaralles un complemento ata cubri-lo 100% da base reguladora da prestación da Seguridade Social, e a partir do 120º día de baixa.

Durante os primeiros 30 días de baixa por enfermidade aboarase tamén o dito complemento para cubri-lo 100% da base reguladora.

Artigo 22º.-Acción sindical.

En canto ós dereitos de representación colectiva e de reunión dos traballadores na empresa, aplicarase o establecido na Lei 8/1980, do 10 de marzo, do Estatuto dos traballadores.

Non obstante o disposto anteriormente, non se computarán dentro das horas dispoñibles as que correspondan a reunións de comisións deliberadoras do convenio e comisións mixtas que, sendo regulamentariamente convocadas, terán carácter retribuído.

De acordo co previsto no Estatuto dos traballadores e na LOLS, poderán acumularse as horas e crédito

sindical que lles correspondan ós representantes dos traballadores (comités de empresa e delegados de persoal) das empresas afectadas por este convenio nun de calquera sindicato legalmente constituído.

Esta acumulación poderá ser das horas sindicais correspondentes a dous meses durante o ano.

Artigo 23º.-Xubilación anticipada.

Os traballadores que se rexan por este convenio e leven como mínimo 24 anos de antigüidade na empresa tendo cumpridos os 60 anos, poderán solicita-la xubilación anticipada.

De acordo coa base reguladora, a empresa aboará mensualmente como cantidade fixa e invariable a diferencia existente entre a cantidade que aboe a Seguridade Social e o 100% da dita base. Esta cantidade poderá ser aboada pola empresa dunha soa vez e en función dos meses que falten ata os 65 anos.

Este compromiso terá como duración ata que cumpra o traballador a idade de 65 anos ou o tope mínimo que en cada momento poida establece-la lexislación vixente para a xubilación voluntaria.

O compromiso rescindirase, así mesmo, cando a empresa deixe a actividade pola que se rexe este convenio.

No caso de non existir acordo entre empresa e traballador, a esa xubilación voluntaria que libremente poderá solicita-lo traballador poderá oporse o empresario por causa xustificada, que levará a petición do traballador á comisión mixta, que decidirá por maioría se procede ou non a xubilación solicitada, sendo vinculante esa decisión.

Artigo 24º.-Retribucións.

Para o ano 1999, as retribucións do persoal afectado por este convenio serán as detalladas na táboa anexa.

Para os anos 2000 e 2001, as retribucións e demais conceptos económicos actualizaranse mediante o incremento do valor do índice real de prezos ó consumo, incrementando nun 0,5%, garantíndose como mínimo un 1%.

Artigo 25º.-Antigüidade.

Son os complementos salariais, que serán os que se derivan das condicións persoais do traballador que non foran valoradas ó fixa-lo soldo ou salario. Teñen carácter de consolidables.

A promoción económica en función do traballo desenvolvido, que se devengará desde o día 1 do mes natural seguinte ó seu vencemento, queda fixada nun 5% do salario nase ós cinco anos, un 10% ós

dez anos, un 15% ós quince anos e un 20% ós vinte ou máis anos de servicios computables.

Ós traballadores que viñesen percibindo premios, complementos ou complementos de antigüidade, calquera que fose a denominación deles, en contía superior á que resulte do novo sistema establecido no parágrafo anterior, respectaráselles a título persoal, mentres lles resulte máis favorable o dereito a cobra-la cantidade que viñesen percibindo por tal concepto o 31 de decembro de 1997. Ós que nesta data estean en curso de adquisición dun novo tramo temporal, recoñeceráselles no seu momento, agás que ámbalas partes acorden outra forma de compensación, o dereito a cobrar a título persoal, a cantidade que tería devengado ó consolidalos, calculadas consonte o salario vixente en tal momento.

ANEXO I

Táboa salarial

Ano

1998

Ano

1999

Ano

2000

Ano

2001

Coef. actualización:2,50%IPC+

0,5%

IPC+

0,5%

Grupo 1º
Subgrupo A
IXefe de servicio161.855165.901
IIInspector principal147.915151.613
Subgrupo B
IEnxeñeiro e licenciado151.898155.695
IIEnxeñeiro e Aux. titulado124.011127.111
IIIAxundante técnico sanitario110.581113.346
Grupo 2º
IXefe de sección131.978135.277
IIXefe de negociado122.017125.067
IIIOficial 1ª114.845117.716
IVOficial 2ª110.860113.632
VAuxiliar Admtvo.104.087106.689
VIAspirante e aprendices
Maiores de 18 anos76.45578.366
Menores de 16 anos50.44951.710
Grupo 3º
Subgrupo A
IXefe de tráfico 1ª122.017125.067
IIXefe de tráfico 2ª116.044118.945
IIIXefe de tráfico 3ª115.246118.127
IVConductor mecánico114.049116.900
VConductor110.859113.630
VIConductor motociclos107.675110.367
VIIAxudante106.079108.731
Mozo especializado104.087106.689
Mozo carga, descarga e reparto102.101104.654

Grupo 4º
Xefe de taller126.003129.153
Encargado contramestre122.017125.067
Encargado xeral116.044118.945
Encargado almacén115.247118.128
Xefe de equipo115.247118.128
Oficial 1ª114.049116.900
Oficial 2ª110.860113.632
Oficial 3ª104.087106.689
Engraxador lavacoches104.087106.689
Mozo de taller104.087106.689

Grupo 5º
Cobrador104.087106.689
Telefonista102.096104.648
Porteiro102.096104.648
Vixilante102.096104.648
Garda de día102.096104.648
Garda de noite104.087106.689
Limpadora (8 horas)90.14192.395

Traballadores entre 16-18 anos aplicando o R.D. sobre SMI vixente.

ANEXO II

Outros conceptos retributivos

Ano

1998

Ano

1999

Ano

2000

Ano

2001

Artigo 8º
Aboamento sábados5.3145.447
Aboamento festivos14.16614.520

Artigo 11º
Bolsa de vacacións45.20446.334

Artigo 12º
Complemento de perigosidade570584

Artigo 13º
C. transporte
C. conductor701719
C. restantes1.3921.427

Artigo 14º
Hora extra1.2031.233
C. actividadeArt. 39 AG1.1981.228

Artigo 15º
-Galicia:
Comida1.7601.804
Cea1.7601.804
Pernoctación1.7601.804
Almorzo585600
Total:5.8656.012
-Fóra de Galicia:
Comida2.9363.009
Cea2.9363.009
Pernoctación2.3452.404
Almorzo585600
Total:8.8029.022