Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 248 Mércores, 26 de decembro de 2001 Páx. 16.422

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

UNIVERSIDADE DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

RESOLUCIÓN do 16 de novembro de 2001 pola que se nomean profesores eméritos.

De acordo co establecido no Real decreto 898/1985, do 30 de abril, sobre réxime de profesorado universitario e máis no Real decreto 1200/1986, do 13 de xuño, que o modifica, así como nos estatutos da Universidade de Santiago de Compostela, este rectorado, unha vez recibido o informe da Comisión Académica do Consello de Universidades e en virtude dos acordos da Xunta de Goberno da Universidade, nas súas sesións do 15-3-2001, 25-9-2001 e 15-11-2001,

RESOLVEU:

Declarar profesores eméritos, cos dereitos e as obrigas establecidas na normativa vixente e con efectos do 1 de outubro de 2001, os profesores seguintes adscritos ós departamentos que se indican:

Prof. José García Oro, dpto. Historia I.

Prof. Antonio Eiras Roel, dpto. Historia Medieval e Moderna.

Santiago de Compostela, 16 de novembro de 2001.

F. Darío Villanueva Prieto

Rector da Universidade de Santiago de Compostela

CONSELLERÍA DE POLÍTICA TERRITORIAL, OBRAS PÚBLICAS

E VIVENDA