Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 248 Mércores, 26 de decembro de 2001 Páx. 16.422

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE POLÍTICA TERRITORIAL, OBRAS PÚBLICAS E VIVENDA

RESOLUCIÓN do 4 de decembro de 2001, da Secretaría Xeral da Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda, pola que se fan públicas as adxudicacións definitivas de varios contratos administrativos.

O secretario xeral, actuando no nome do conselleiro de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda, por delegación de atribucións segundo a Orde do 23 de decembro de 1993, resolveu adxudica-los seguintes traballos:

Asistencia técnica para a redacción do proxecto de trazado e construcción, incluída cartografía da obra de acondicionamento da estrada LU-722 Becerreá-Navia de Suarna. Treito I: Becerreá-A Ribeira. Treito II: A Ribeira-Navia.

Adxudicatario: UTE Cauces y Caminos, S.L.-Estudios del Noroeste.

Orzamento: 27.055.840 pesetas.

Asistencia técnica para a redacción do proxecto de trazado e construcción, incluída cartografía da obra de acondicionamento da estrada LU-120. Treito: Vilalba-Meira 2ª fase cruzamento de Arneiro N-640 en Meira.

Adxudicatario: G.O.C., S.A.

Orzamento: 20.770.000 pesetas.

Asistencia técnica para as expropiacións da obra variante de Marín.

Adxudicatario: Estudio Técnico Gallego, S.A.

Orzamento: 11.173.510 pesetas.

En cumprimento do previsto no artigo 60 da vixente Lei de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, do 26 de novembro de 1992, notifícase, advertíndose que esta resolución, en canto pon fin á vía administrativa, é susceptible de recurso contencioso-administrativo ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, nun prazo de 2 meses contados desde o día seguinte ó da notificación desta resolución, de conformidade co artigo 46 da Lei reguladora da xurisdicción contencioso-administrativa. O que se fai público para os efectos do previsto no artigo 93 da Lei de contratos das administracións públicas.

Santiago de Compostela, 4 de decembro de 2001.

P.D. (Orde 13-12-1993)

José Antonio Fernández Vázquez

Secretario xeral da Consellería de Política

Territorial, Obras Públicas e Vivenda