Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 65 Xoves, 04 de abril de 2002 Páx. 4.257

I. DISPOSICIÓNS XERAIS

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA, RELACIÓNS INSTITUCIONAIS E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

RESOLUCIÓN do 15 de marzo de 2002 pola que se fai público o Plan galego de investigación, desenvolvemento e innovación tecnolóxica (2002-2005).

O Consello da Xunta de Galicia, na súa sesión do día 14 de marzo de 2002, aprobou o Plan galego de investigación, desenvolvemento e innovación tecnolóxica (2002-2005).

En cumprimento do citado acordo ordénase a publicación no DOG do Plan galego de investigación, desenvolvemento e innovación tecnolóxica (2002-2005), que figura como anexo desta resolución.

Santiago de Compostela, 15 de marzo de 2002.

Jaime Pita Varela

Conselleiro da Presidencia, Relacións

Institucionais e Administración Pública

ANEXO

Plan galego de investigación, desenvolvemento e innovación tecnolóxica 2002-2005

Fundamento normativo e antecedentes

* Fundamento normativo.

A Constitución española, no seu artigo 44.2º, obriga os poderes públicos a promove-la ciencia e a investigación científica e técnica en beneficio do interese xeral. Ademais establece, no artigo 149.1º.15, que o fomento e a coordinación xeral da investigación científica e técnica son competencia exclusiva do Estado.

O Estatuto de Galicia recolle, no seu artigo 27.19º, que lle corresponde á Comunidade Autónoma de Galicia a competencia en «o fomento da cultura e da investigación en Galicia, sen prexuízo do establecido no artigo 149.2º da Constitución».

A competencia investigadora da Comunidade Autónoma desenvólvese mediante a Lei 12/1993, do 6 de agosto, de fomento da investigación e o desenvolvemento tecnolóxico de Galicia. Esta lei establece que «é necesario apostar pola creación dun sistema de coordinación dos recursos da investigación, de

forma eficaz, para que a investigación sexa motora de desenvolvemento productivo de Galicia». Esta lei crea o Plan galego de investigación e desenvolvemento tecnolóxico, que é o conxunto de programas coordinados, orzados, priorizados e financiados, que responden á política científica e tecnolóxica da Comunidade Autónoma.

Ó longo do articulado desta lei, faise referencia ós diversos campos de actuación que recollerá o plan: o fomento da investigación científica e tecnolóxica, a difusión de resultados e a transferencia de tecnoloxía, a investigación aplicada, o desenvolvemento tecnolóxico, a innovación industrial e a coordinación dos recursos, tanto dentro da Comunidade Autónoma como con respecto ós plans nacionais e doutras comunidades. Tamén se refire a lei á necesidade de entronca-lo Plan galego de investigación e desenvolvemento cos recursos dispoñibles en Galicia, coas súas potencialidades e coas súas necesidades económicas, culturais e sociais.

* Antecedentes.

En resposta ó mandato establecido pola Lei 12/1993, a Secretaría Xeral de Investigación e Desenvolvemento elaborou a proposta do Plan galego de investigación e desenvolvemento tecnolóxico 1999-2001 que, unha vez discutido e aprobado polos órganos competentes, se fixo público mediante Resolución do 9 de febreiro de 1999 (DOG nº 38, do 24 de febreiro).

O plan 1999-2001 tiña como obxectivo prioritario a innovación empresarial e, asemade, a articulación do sistema ciencia-tecnoloxía-empresa de Galicia, cubrindo desde a formación de investigadores ata a realización de proxectos en empresas. Estructurado en programas xerais, programas tecnolóxicos sectoriais e programas tecnolóxicos horizontais, a través dos instrumentos tanto ordinarios como de acompañamento, incidía na investigación aplicada, na potenciación dos centros tecnolóxicos e, sobre todo, nos proxectos de investigación e innovación empresariais. Unha achega importante do plan foi o seu obxectivo de integración de tódalas iniciativas que, en materia de I+D, se estaban a desenvolver na Xunta de Galicia. Desde a entrada en vigor do plan 1999-2001 producíronse avances moi importantes no logro destes e outros obxectivos, avances que deben ser continuados e intensificados co novo plan.

O Plan galego de investigación e desenvolvemento tecnolóxico 1999-2001 contou cunha dotación orzamentaria duns 22.000 millóns de pesetas. Desenvolveu a súa actividade ordinaria en tres eixes funcionais: formación de capital humano, dotación de infraestructuras científico-técnicas e execución de proxectos de investigación e desenvolvemento e innovación, especialmente os de carácter aplicado e empresarial. Destaca a participación das empresas no dito plan, que acadaron o 40% do total dos fondos distribuídos. Durante a vixencia deste plan mellorouse a dotación de bolsas destinadas a formar persoal dedicado a actividades de I+D, avanzouse na

ordenación dos grupos de investigación do sistema público de I+D mediante a súa clasificación como grupos en formación, consolidados e de excelencia, e incentivouse a excelencia, así como a participación dos grupos en programas europeos e nacionais. A expensas dunha avaliación rigorosa, o plan permitiu dispoñer dun diagnóstico experimental sobre o comportamento do sistema de innovación tecnolóxica de Galicia.

O Plan galego de IDT 1999-2001 iniciouse nun momento no que o gasto executado en I+D en Galicia era de 25.438 millóns de pesetas e o índice de esforzo sobre o PIB do 0,53% (datos do INE de 1998). As estatísticas INE do ano 2000 sitúan o gasto executado en 34.851 millóns e o índice de esforzo no 0,63%, con crecementos do 37% e de 0,1 puntos porcentuais, respectivamente.

O Plan galego de investigación, desenvolvemento e innovación tecnolóxica 2002-2005 parte dos resultados e da experiencia obtidos do Plan galego de IDT 1999-2001 e tamén recolle os obxectivos establecidos no Plan estratéxico de desenvolvemento económico de Galicia, 2000-2006 (Pedega).

Finalidade do plan

* Misión.

A misión do Plan galego de investigación, desenvolvemento e innovación tecnolóxica 2002-2005 é impulsa-lo despegamento económico e social de Galicia mediante o incremento da capacidade científico-tecnolóxica, a participación das empresas no proceso de innovación e a extensión dos beneficios da investigación ó conxunto da sociedade galega.

O Plan galego de investigación, desenvolvemento e innovación tecnolóxica 2002-2005 baséase nas seguintes directrices:

* É un plan que persegue consolida-la coordinación entre as distintas consellerías, xa iniciada no plan anterior.

* É un plan que pretende desenvolver, a curto prazo, a capacidade do sistema galego de innovación, co obxectivo de logra-lo desenvolvemento, a medio e longo prazo, dos sectores económicos e sociais.

* É un plan que persegue dotar a Galicia dunha capacidade investigadora suficiente nas áreas que son clave para o desenvolvemento da Comunidade Autónoma, dándolle prioridade ó incremento do capital humano dedicado a I+D+I, tanto no sector público coma no privado.

* É un plan que trata de mellora-la calidade da I+D+I que se desenvolve en Galicia, coa finalidade de logra-la excelencia naqueles segmentos nos que sexa posible.

* É un plan que pretende estende-la actividade de I+D+I ó maior número posible de empresas galegas, con independencia do seu tamaño, sector e situación xeográfica.

* É un plan que prioriza as áreas científico-tecnolóxicas que teñen maior importancia para os sectores económicos e sociais de Galicia, pero sen ser de ningún xeito excluínte.

* É un plan que persegue a ordenación racional dos recursos de investigación públicos, así como a articulación de tódolos elementos do sistema galego de innovación.

* É un plan que persegue a aproximación e a interacción entre o sistema público de I+D, particularmente as universidades, e o ámbito productivo.

* É un plan que pretende actuar concertadamente co Plan nacional de investigación científica, desenvolvemento e innovación tecnolóxica e o Programa marco da Comunidade Europea para accións de investigación, demostración e desenvolvemento tecnolóxico, cos que interactuar en termos de complementariedade e de obtención do máximo retorno para Galicia.

* É un plan que trata de crear en Galicia unha conciencia social sobre a importancia que ten o coñecemento, a través da I+D, para xerar innovación e competitividade empresarial, como base do crecemento económico e social.

En resumo, o Plan galego de investigación, desenvolvemento e innovación tecnolóxica persegue un triple obxectivo:

A. Articular, desenvolver e fortalece-lo sistema galego de innovación, actuando sobre os seus puntos débiles e tratando de optimiza-los recursos dispoñibles.

B. Favorece-lo desenvolvemento dos sectores económicos e sociais de interese para Galicia, fomentando o incremento das actividades de I+D+I.

C. Potencia-lo despegamento dalgún deses sectores nos que un incremento significativo dos recursos económicos dedicados a I+D+I acelerará a súa mellora, xerando un efecto multiplicador no seu desenvolvemento.

* Obxectivos operativos.

A. A articulación, o desenvolvemento e o fortalecemento do sistema galego de innovación concrétase en:

* Integra-los diferentes axentes, de xeito que cada un asuma a súa parte, a prol dun obxectivo común.

* Integrar tódalas funcións, desde a formación e a investigación básica ata a innovación.

* Fomenta-la coordinación inter e intrainstitucional.

* Xerar estructuras organizativas que favorezan a devandita integración.

Estes obxectivos de articulación e desenvolvemento están presentes en todo o plan, pero aténdense de xeito especial co Programa de promoción xeral da investigación e cos programas horizontais de for

mación, apoio á innovación en empresas e cooperación internacional.

* Propiciar unha formación máis acorde coas necesidades tecnolóxicas en áreas de interese socioeconómico.

* Forma-lo persoal das empresas e outras institucións, en temas relacionados coa xestión da I+D+I, para crear conciencia social sobre a importancia deste tema e para que logren o maior beneficio posible da I+D+I.

* Incrementa-lo número de investigadores e técnicos, sobre todo en áreas prioritarias.

* Recupera-los investigadores galegos de prestixio que traballan fóra de Galicia.

* Promove-la formación de grupos de investigación de excelencia, capaces de competir no espacio europeo de investigación.

Os obxectivos relativos ó fortalecemento do capital humano son atendidos polos programas horizontais, en particular polo Programa de recursos humanos e pola Aula de innovación.

* Potencia-los centros tecnolóxicos existentes, favorecendo a súa aproximación ás empresas, universidades e OPIS.

* Creación de novos centros tecnolóxicos, tanto virtuais coma físicos, acordes coa demanda empresarial.

* Favorece-la prestación de servicios tecnolóxicos axeitados ás necesidades das empresas galegas.

* Favorece-lo desenvolvemento de parques científicos e tecnolóxicos.

Estes obxectivos, relacionados coas infraestructuras tecnolóxicas, lógranse a través dos programas horizontais do plan; en concreto, cos programas de transferencia de tecnoloxía e de redes. Os programas sectoriais tamén ofrecen novas vías de participación ás infraestructuras tecnolóxicas.

* Mellora-los mecanismos de comunicación entre o sistema público de I+D e as empresas.

* Potencia-las actividades das oficinas de transferencia de tecnoloxía (OTRIS) existentes no sistema público.

* Mellora-la simbiose entre o sistema público de I+D e as empresas, para os efectos da realización de proxectos de investigación empresariais, establecendo mecanismos áxiles para iso.

* Potencia-la transferencia ó ámbito productivo de tecnoloxías xeradas polo sistema público de I+D.

* Impulsa-las condicións para a mobilidade do capital humano entre as universidades e as empresas, para aproxima-los perfís de formación en ámbalas dúas partes e para propiciar áreas de interese común en investigación, e a posible organización de redes temáticas.

* Promove-la creación de empresas spin-off de base tecnolóxica.

* Promove-la creación de centros de I+D por parte de agrupacións de empresas, tales como asociacións ou clusters.

* Aumenta-la captación de fondos procedentes de convocatorias nacionais e europeas de axuda á I+D+I.

Estes obxectivos de fortalecemento de relacións lógranse a través dos programas horizontais, de forma especial polos programas de transferencia de tecnoloxía e de redes. Tamén están presentes nos programas sectoriais.

B. Favorece-lo desenvolvemento de tódolos sectores económicos e sociais de Galicia, de forma que tódolos sectores nos que as características da súa actividade así o demanden, dispoñan de medios abondos para investigar, desenvolver e innovar:

* Dispoñer dun grupo de programas de axuda acorde coa distribución sectorial que se detecta na economía galega, de forma que tódolos sectores teñan cabida no plan, na medida das súas necesidades, pero evitando a infrautilización dos recursos dispoñibles.

* Aumenta-la participación empresarial nas actividades de I+D, tanto en convocatorias rexionais, como nacionais e europeas.

* Favorece-la creación de laboratorios e departamentos de I+D nas empresas.

* Poñer en práctica programas encamiñados a detectar e promover proxectos de investigación nas empresas.

Para atender a estes obxectivos de desenvolvemento sectorial establécense trece programas sectoriais, así como os programas de apoio á innovación en empresas, dentro dos programas horizontais.

C. Impulsar decididamente algún deses sectores, nos que un incremento significativo dos recursos dedicados a I+D+I acelerará a súa mellora, xerando un efecto multiplicador no seu desenvolvemento:

* Relanza-la acuicultura de peixes, un sector no que Galicia pode e debe ser líder:

-Logra-la excelencia investigadora, no eido nacional e internacional.

-Racionaliza-la producción.

-Incrementa-la presencia dos productos galegos en tódolos mercados, aumentando o número de especies ofertadas e a calidade dos productos.

* Potencia-lo desenvolvemento das tecnoloxías da información (aplicacións e contidos) para facilita-la súa absorción por parte dos restantes sectores productivos. O obxectivo é dobre, xa que se trata de lle dar impulso ó desenvolvemento do propio sector das tecnoloxías da información pero tamén de potencia-lo desenvolvemento doutros sectores mediante a incorporación de solucións innovadoras.

As necesidades destes sectores seleccionados son atendidas polas accións estratéxicas do plan.

D. Este plan persegue tamén aumenta-la conciencia social sobre a importancia da I+D+I, como base para o crecemento económico e social.

Este obxectivo é atendido polo programa de sensibilización social, incluído entre os programas horizontais.

* Destinatarios.

* As empresas establecidas na Comunidade Autónoma de Galicia, de tódolos sectores e con especial atención, as pequenas e medianas. Todas elas representan un papel fundamental, tanto na demanda de ciencia e tecnoloxía coma na aplicación práctica dos resultados da investigación.

* Asociacións empresariais e entidades sen fin de lucro, tales como consellos reguladores e clusters.

* Investigadores e tecnólogos, universitarios e titulados de formación profesional, na medida en que a súa actividade contribúe ó proceso de investigación, desenvolvemento e innovación.

* Universidades do sistema universitario galego, que acadan na actualidade as maiores porcentaxes de gasto e actividade en investigación de Galicia.

* Centros públicos e privados de investigación.

* Centros tecnolóxicos, ós que lles corresponde o achegamento da investigación ás necesidades da sociedade.

* Infraestructuras de apoio á I+D+I, intermediarios fundamentais na articulación do sistema galego de innovación, tales como as oficinas de transferencia de resultados de investigación, fundacións que desempeñan funcións de OTRI, o Parque Tecnolóxico de Galicia e o Parque Científico-Tecnolóxico do sistema universitario galego.

* A sociedade galega, no seu conxunto, como beneficiario último dos resultados da investigación, o desenvolvemento e a innovación.

* Competencia.

A responsabilidade sobre o plan é competencia da Xunta de Galicia e, dentro dela, da Comisión Interdepartamental de Ciencia e Tecnoloxía (Cicetga) e da Secretaría Xeral de Investigación e Desenvolvemento, á que lle corresponde a elaboración do proxecto. A xestión do dito plan é responsabilidade da Secretaría Xeral de Investigación e Desenvolvemento, que debe exercer en coordinación coas consellerías da Xunta de Galicia, en relación cos programas sectoriais que lles afectan.

* Vixencia.

A vixencia do plan abrangue desde o 1 de xaneiro de 2002 ata o 31 de decembro de 2005.

Programas

De acordo coa Lei 12/1993, do 29 de xullo, de fomento da investigación e o desenvolvemento tec

nolóxico de Galicia, o Plan galego de investigación, desenvolvemento e innovación tecnolóxica estructúrase en tres tipos de programas: os programas xerais, os programas sectoriais e os programas horizontais.

Programas xerais

Promoción xeral da investigación (PXI).

Programas sectoriais

Recursos naturais

Recursos agropecuarios (RAG).
Recursos mariños (RMA).
Biodiversidade e recursos forestais (RFO).
Recursos enerxéticos e mineiros (REM).

Tecnoloxías para a innovación

Biotecnoloxía e tecnoloxías farmacéutica e de ciencias da saúde (BTF).
Tecnoloxías da alimentación (TAL).
Tecnoloxías ambientais (TAM).
Tecnoloxías dos materiais (TMT).
Tecnoloxías da construcción e da conservación do patrimonio (CCP).
Tecnoloxías da información e das comunicacións (TIC).
Tecnoloxías de deseño e producción industrial (DPI).

Servicios ó cidadán

Ciencias sociais: (CSO)
Educación.
Saúde pública.
Turismo, ocio e deporte.
Dereito, economía e empresa.

Sociedade da información: (SIN)
Relacións coa Administración.
Calidade de vida.
Aplicacións a sectores económicos.

Programas horizontais

Recursos humanos (RH)

Formación de investigadores e tecnólogos.
Inserción de investigadores e tecnológos no sistema público de I+D e en centros tecnolóxicos.
Incentivos á inserción de investigadores e tecnólogos en empresas.
Recuperación de investigadores e tecnólogos.

Apoio á innovación en empresas

Formación: (FO)
Aula de innovación.
Fomento da investigación e do desenvolvemento nas pemes (IDIPYME).
Programas de terceiro ciclo relacionados coa xestión da innovación.

Transferencia de tecnoloxía: (TT)
Foros de investigadores e empresas.
Mobilidade de investigadores e tecnólogos.
Apoio ós centros tecnolóxicos.
Carteira tecnolóxica.
Apoio á creación de empresas spin-off.

Redes: (RE)
Rede de organismos de interface.
Promoción de relacións e asociacións entre empresas.
Internacionalización das pemes.
Mapa de servicios tecnolóxicos.
Portal de ciencia e tecnoloxía de Galicia.

Cooperación internacional (CI)

Eurorrexión Galicia-Norte de Portugal.
Arco Atlántico.
Iberoamérica.

Sensibilización social (SS)

Premios de investigación e innovación.
Foro científico-tecnolóxico.
Presencia en medios de comunicación.
Revista dixital.
Actividades nos centros de ensino non universitario.
Colección «Investigación e desenvolvemento».
Semana galega da ciencia e da tecnoloxía.

* Programas xerais:

O plan recolle un único programa xeral, denominado Promoción xeral da investigación (PXI). Trátase dun programa que ten como obxecto dar soporte á I+D+I nos aspectos básicos e xerais que afecten, sobre todo, o sistema público de I+D e, ademais, os centros tecnolóxicos. Son conceptos que non teñen cabida noutros programas.

Son obxectivos específicos deste programa:

* Xerar novos grupos de investigación en áreas deficitarias ou en liñas novidosas non cultivadas.

* Aumenta-la competitividade dos grupos de investigación.

* Aumenta-lo número de grupos de excelencia.

* Aumenta-lo financiamento procedente de convocatorias competitivas nacionais e europeas.

* Mellorar racionalmente as infraestructuras científico-técnicas.

* Favorece-la creación de redes temáticas.

O programa estructúrase do seguinte modo:

a) Promoción xeral do coñecemento: proxectos de investigación básica de grupos consolidados e grupos de excelencia de universidades e centros públicos de investigación.

b) Axudas para a formación de novos grupos de investigación:

* Axuda preparatoria.

* Proxectos precompetitivos.

c) Incentivos para a participación noutros programas:

* Axudas para a presentación de proxectos europeos.

* Incentivos a proxectos do Plan nacional ou de programas europeos.

d) Adquisición de infraestructuras científico-técnicas e material bibliográfico:

* Institucionais (universidades, OPI e CITs)

* Para grupos de investigación.

e) Axudas para a constitución de redes temáticas.

f) Outras axudas:

* Publicacións periódicas.

* Organización de congresos.

* Asistencia a congresos.

* Estadías de investigadores e tecnólogos en centros de investigación situados fóra de Galicia.

* Investigadores visitantes.

En promoción xeral do coñecemento actuarase de modo concertado con respecto ós programas europeos e, sobre todo, con respecto ós nacionais. Só

se financiarán proxectos que fosen presentados ó plan nacional na convocatoria anterior e que teñan unha valoración axeitada.

As axudas recollidas neste programa, destinadas a grupos de investigación, refírense tanto a grupos de investigación das universidades como dos organismos públicos de investigación.

Os proxectos de investigación básica só serán atendidos neste programa e non terán cabida nos programas sectoriais. Tampouco se atenderá nos demais programas a creación de grupos de investigación. Os incentivos para a participación noutros programas de axudas dirixidos a grupos de investigación só serán cubertos por este programa.

Nas axudas relativas á formación de novos grupos de investigación, a incentivos para a participación noutros programas, á adquisición de infraestructuras e material bibliográfico por parte de grupos de investigación e nas axudas para publicacións e congresos, poderán ter prioridade aquelas solicitudes que estean relacionadas con sectores prioritarios da economía galega.

Os centros tecnolóxicos poderán participar nas modalidades c), d), e) e f) deste programa.

O epígrafe de axudas para a constitución de redes temáticas refírese á creación de redes de cooperación arredor de áreas de investigación complementarias coa finalidade de acometer proxectos de maior envergadura e entrar en contacto con redes supranacionais.

* Programas sectoriais:

Dado que o plan se orienta fundamentalmente ó desenvolvemento dos sectores económicos e sociais de Galicia, cobran un peso importante os programas sectoriais, porque favorecen a investigación aplicada que poida ser transferible ós principais sectores da economía galega, así como as actividades de investigación e innovación tecnolóxica realizadas por empresas galegas.

Son obxectivos xerais dos programas sectoriais:

* Potencia-la investigación aplicada no sistema público de I+D.

* Aumenta-las actividades de I+D+I nas empresas.

* Impulsa-la innovación tecnolóxica e a competitividade nos sectores económicos e sociais de interese para Galicia.

Cada un dos programas sectoriais inclúe axudas para financia-las seguintes accións:

* Proxectos de investigación aplicada de grupos de investigación consolidados e de excelencia en universidades e organismos públicos de investigación, así como de centros tecnolóxicos.

* Axudas a empresas:

a) Proxectos de I+D, propios e concertados (con universidades, OPIs e CITs).

b) Proxectos de innovación tecnolóxica (absorción de tecnoloxías que impliquen un esforzo de adaptación, prototipos non comercializables, plantas piloto non productivas, proxectos de demostración e outras accións análogas de tipo precompetitivo).

c) Dotación de laboratorios e departamentos de I+D.

Os proxectos de demostración, para que sexan subvencionables, deberán cumprir dous requisitos: estaren avalados por un proxecto anterior que fose obxecto de axudas polo PGIDT, plan nacional, CDTI, programa marco ou outro programa análogo e seren necesarios para a aplicación futura e próxima do resultado do proxecto. Ademais da porcentaxe máxima de axuda, establecerase un tope máximo de axuda que se poderá percibir.

En canto á dotación de laboratorios e departamentos de I+D, serán subvencionables: a adquisición de equipos para investigación, as instalacións imprescindibles para os devanditos equipos e os consumibles relacionados coa súa utilización que non superen o 5% do custo total do proxecto de dotación. Será imprescindible que a empresa teña recursos humanos dedicados a I+D e deberá xustificar qué actividades e proxectos se van levar a cabo. Terán prioridade aquelas empresas que acometesen proxectos de I+D+I con anterioridade.

Os trece programas sectoriais agrúpanse en tres grandes bloques:

* Recursos naturais. Agrupa unha serie de programas de apoio á I+D+I relacionada cos sectores primarios galegos, é dicir, recursos agropecuarios, mariños, forestais, enerxéticos e mineiros.

Son obxectivos deste bloque de programas:

-Identifica-los principais recursos naturais de Galicia.

-Establecer e mellora-las súas características.

-Racionaliza-la súa explotación.

-Mellora-la súa comercialización.

* Tecnoloxías para a innovación. Agrupa os programas de apoio á I+D+I relativos ás áreas científico-tecnolóxicas que teñen maior relevancia para o desenvolvemento dos sectores productivos de Galicia.

Son obxectivos deste bloque de programas:

-Avanzar nas tecnoloxías necesarias para o desenvolvemento dos sectores productivos máis importantes de Galicia.

-Aplica-los avances á innovación tecnolóxica das empresas.

* Servicios ó cidadán. Agrupa dous programas -ciencias sociais e sociedade da información-, que son un complemento a tódalas actividades de I+D+I que se realizan en Galicia xa que contribúen á aproximación da investigación e dos seus resultados ós cidadáns, así como á consideración dos aspectos sociais da I+D+I.

Son obxectivos deste bloque de programas:

-Contribuír ó desenvolvemento do sector servicios en Galicia.

-Desenvolver solucións innovadoras.

-Impulsa-la penetración das novas tecnoloxías nos servicios e no conxunto da sociedade.

* Descrición dos programas sectoriais:

Recursos naturais.

* Recursos agropecuarios (RAG).

Este programa ten como finalidade potencia-las actividades de I+D+I nos sectores agrario e gandeiro. Neste sentido, son de interese aqueles proxectos que persigan a diversificación e o aumento da producción nos sectores agrario e gandeiro, mediante a incorporación de novas especies atendendo á demanda de novos productos, ou mellorando a calidade de especies que xa se producen. Estas melloras poden derivar da utilización de técnicas de producción máis avanzadas, de novos inputs (por exemplo fertilizantes, forraxes), dos avances na xenética das especies e da mellora das condicións sanitarias da producción animal e agraria (por exemplo, novos métodos de diagnóstico e tratamento de patoloxías). Pode tamén orientarse a proxectos de I+D+I relacionados co control do impacto ambiental ou coa mellora da organización productiva.

* Recursos mariños (RMA).

Este programa persegue a utilización óptima dos recursos mariños, incluíndo a determinación das bases técnicas da xestión, actuando sobre dúas áreas fundamentais: a pesca e a acuicultura. En canto á pesca, son de interese aqueles proxectos relacionados coa mellora da productividade pesqueira, sobre todo o coñecemento do medio mariño (por exemplo, estudio de caladoiros ou dos fondos mariños, etc.), os procesos de captura (por exemplo, tecnoloxías de detección, novos aparellos, sistemas de pesca selectiva, sistemas de seguridade a bordo, etc.), como os procesos de conservación (por exemplo, procesos de elaboración, optimización do despezamento, aumento de valor engadido, etc.). En canto á acuicultura, son de interese os proxectos relacionados co coñecemento das especies mariñas dos seus procesos de reproducción, cría e engorde para o cultivo de novas especies ou mellora das actuais, así como coa caracterización do medio e a adaptación de novas especies ó medio galego coa finalidade de

diversifica-la producción.

* Biodiversidade e recursos forestais (RFO).

A finalidade deste programa é, por un lado, potencia-los aspectos relacionados coa conservación da biodiversidade dun xeito xenérico mediante traballos en restauración, con especial interese sobre as especies raras existentes en Galicia en perigo de extinción, proxectos de investigación relacionados coa análise da riqueza biolóxica dos espacios naturais galegos, en especial os incluidos na Rede Natura 2000 e proxectos de investigación sobre as actividades humanas e invasións na biodiversidade.

Este programa tamén ten como finalidade potencia-los recursos forestais de Galicia e a súa mellor utilización. Son de interese os proxectos de mellora da sanidade forestal (por exemplo, investigación sobre pragas e enfermidades, modelos de loita contra pragas, técnicas preventivas de danos, material vexetal de reproducción resistente a enfermidades e pragas, etc.) e de técnicas de xestión forestal (por exemplo, modelos de crecemento e táboas de producción de especies galegas, tratamentos culturais máis axeitados ás especies galegas, rexeneración de bosques autóctonos, etc.). Tamén teñen interese os proxectos de investigación orientados á diversificación da producción para evita-la excesiva dependencia de certas especies (por exemplo, mellora xenética de especies autóctonas e de especies alóctonas utilizadas para o repoboación, mellora das técnicas de producción de plantas forestais en viveiro e de repoboación, etc.). Ademais son de interese os proxectos relacionados coas produccións

complementarias do monte (por exemplo, producción micolóxica, froitos de árbores forestais, plantas medicinais e aromáticas, pastos, etc.), e incendios forestais (por exemplo, investigación sobre devasas, especies pirofitas e ignífugas, retardantes da ignición, efectos ecolóxicos dos incendios, etc.).

* Recursos enerxéticos e mineiros (REM).

A finalidade deste programa é potencia-la mellora na utilización dos recursos enerxéticos e mineiros. No tocante ós recursos enerxéticos, son de interese os proxectos relativos á producción de enerxías fósiles mediante sistemas máis «limpos» e eficientes. Teñen grande importancia os proxectos relacionados coa avaliación de recursos de enerxías renovables, investigación e desenvolvemento de bioenerxías, mellora de compoñentes e sistemas fotovoltaicos, mellora dos sistemas de xeración de enerxía eólica e mellora da enerxía minihidráulica. En relación cos recursos mineiros, o interese céntrase en proxectos relacionados coa mellora nos procesos de localización, extracción e elaboración de materias primas, fundamentalmente granito e lousa.

Tecnoloxías para a innovación.

* Biotecnoloxía e tecnoloxías farmacéutica e de ciencias da saúde (BTF).

Este programa ten por finalidade apoiar actuacións sobre a biotecnoloxía para favorece-la súa aplicación

tanto nos sectores primarios (agricultura, gandería, recursos mariños) como en sectores industriais (alimentación, medio natural, farmacia). Son de interese os proxectos de investigación baseados na utilización da xenómica e a proteómica para a resolución de problemas noutros sectores. Como exemplo cabe cita-la mellora xenética de especies acuícolas así como o desenvolvemento de técnicas moleculares para diagnóstico de enfermidades e a producción de vacinas útiles para a acuicultura. En relación coa saúde humana e animal, son de interese os proxectos de farmacoxenómica e biotecnoloxía da reproducción e diagnóstico xenético. A aplicación a especies vexetais concrétase en proxectos de mellora xenética de plantas de interese agrario ou forestal. En relación coa tecnoloxía dos alimentos e do medio, son interesantes os proxectos de mellora xenética de bacterias ácido-lácticas e de microorganismos para a obtención de ingredientes, aditivos e moléculas bioactivas, novas técnicas de análise

de calidade e seguridade alimentaria así como a aplicación da biotecnoloxía a procesos de biodegradación e biorremediación. Este programa apoia tamén actuacións relacionadas coa tecnoloxía farmacéutica, mesmo aquelas que non están directamente ligadas á biotecnoloxía. En relación coas ciencias da saúde, son de interese aqueles proxectos de investigación en tecnoloxías sanitarias, seguridade alimentaria e outros relacionados con problemas asociados á poboación galega tales como envellecemento ou nutrición, así como as investigacións relacionadas coas enfermidades de maior morbimortalidade (cardiovasculares, cancro, enfermidades neurodexenerativas, neuropsiquiátricas, enfermidades crónicas, enfermidades infecciosas, etc.) e outras enfermidades e procesos de interese como as encefalopatías, enfermidades raras, etc. Os proxectos relacionados coa incorporación de novas tecnoloxías á sanidade incluiranse no programa de sociedade da información e os relativos a estudios sociosanitarios

terán cabida no programa de ciencias sociais.

* Tecnoloxías da alimentación (TAL).

O obxectivo deste programa é favorece-lo desenvolvemento do sector da alimentación en xeral, utilizando a I+D+I como vía para mellora-la calidade e a variedade da súa oferta. Con carácter xeral, son de interese os proxectos que teñan por finalidade a diversificación e diferenciación na oferta, novas formas de presentación e tamén a mellora da calidade, salubridade e conservación dos alimentos. Merecen especial atención os proxectos relacionados con productos de extraordinaria presencia en Galicia como o leite e os seus derivados, o viño, a carne e as conservas. Para estes subsectores son de especial interese, como exemplo, os proxectos orientados ó desenvolvemento de novos productos, a caracterización de productos tradicionais e de materias primas, o aproveitamento de subproductos, a optimización de procesos de conservación, a avaliación da calidade microbiolóxica do producto final, a automatización e robotización de procesos de producción.

* Tecnoloxías ambientais (TAM).

Este programa ten por finalidade favorece-la incorporación a tódolos sectores productivos de procesos máis limpos e respectuosos co medio. Por iso, son de interese proxectos de investigación e desenvolvemento relacionados coa incorporación de tecnoloxías «limpas» ó proceso productivo (por exemplo, uso eficiente da enerxía, alternativas ó uso de substancias químicas disolventes, desenvolvemento de plásticos e envoltorios biodegradables, monitoriza-lo uso de enerxía e a producción de residuos, etc.). Tamén son de interese os proxectos relacionados co tratamento de residuos (por exemplo, afondar no coñecemento dos procesos para o tratamento de residuos, eliminación de substancias contaminantes nas augas de uso industrial, tratamento e valorización de residuos orgánicos urbanos e industriais, novos métodos para recuperar augas e solos, uso das TIC para caracterizar residuos, etc.) e coa reducción de emisións atmosféricas (por exemplo, reducir e eliminar emisións de diversos gases, de

partículas e de olores, investigación sobre a contaminación electromagnética, acústica e lumínica, etc.).

* Tecnoloxías dos materiais (TMT).

A finalidade deste programa é potencia-la investigación en relación cos novos materiais, co obxectivo último de atende-las necesidades doutros sectores productivos nos que estas tecnoloxías teñen gran relevancia. Os proxectos de interese para este programa refírense á mellora e desenvolvemento de materiais cerámicos (por exemplo, desenvolvemento de cerámicas funcionais, recubrimentos cerámicos, novos tipos de tellas e tellados, biomateriais cerámicos e cementos para cirurxía reconstructiva, etc.); proxectos de desenvolvemento e mellora de polímeros e materiais compostos (por exemplo, desenvolvemento de materiais compostos para estructuras reforzadas, novas fibras poliméricas, illantes térmicos, acústicos e ignífugos, etc.) e proxectos relacionados cos materiais metálicos no tocante á súa resistencia e vida útil e outras propiedades que lle confiren maior valor engadido (por exemplo, avances cara á purificación de metais e no desenvolvemento de aliaxes especiais, técnicas contra a

corrosión de metais, aliaxes lixeiras, etc.).

* Tecnoloxías da construcción e conservación do patrimonio (CCP).

Este programa ten un dobre obxectivo: por un lado, pretende dota-lo sector da construcción de novas solucións baseadas no uso de tecnoloxías avanzadas; por outro, trátase de mellora-la conservación do patrimonio mediante o desenvolvemento de técnicas, procedentes da construcción ou doutras áreas, que supoñan unha mellora significativa respecto das utilizadas na actualidade. En canto á construcción, este programa diríxese, por exemplo, a proxectos orientados a minimiza-lo consumo enerxético das construccións, optimiza-la calidade da construcción e maximiza-la súa vida útil, uso de novos materiais e novos tipos de construcción, métodos para a ava

liación do estado de estructuras, sistemas constructivos que faciliten o mantemento e a substitución. No que respecta á conservación do patrimonio, son de interese os proxectos que melloren as tecnoloxías de restauración, os de inventario e estudio de elementos históricos, artísticos e arqueolóxicos e os proxectos de busca de novas fórmulas para rendibilizar, de modo sostible, o patrimonio cultural.

* Tecnoloxías da información e as comunicacións (TIC).

Este programa ten como finalidade potencia-lo avance no sector das tecnoloxías da información e as comunicacións, pero tamén favorece-la incorporación de solucións innovadoras, xeradas polo devandito sector, ós demais sectores da economía galega. Son de interese para este programa os proxectos relacionados co desenvolvemento de novos equipos baseados nas tecnoloxías da información e as comunicacións para a súa aplicación nos sectores empresariais, sociais ou para o uso cotián (pesca, transporte, automoción, audiovisual, teleensino, telemedicina, etc.), ou ben aqueles proxectos que se orienten a introducir melloras como a automatización na producción e miniaturización de compoñentes, aumento das posibilidades de interconexión entre equipos, aumento do tempo de autonomía de aparellos portátiles, novas posibilidades da intelixencia artificial, etc. Acóllense tamén a este programa os proxectos relacionados coa mellora das comunicacións (equipos, sinais, transmisións, novos protocolos

para redes, etc.). Non son obxecto deste programa os proxectos que teñan por finalidade desenvolver aplicacións informáticas ou contidos para Internet ou audiovisuais, xa que os devanditos proxectos teñen cabida no programa de sociedade da información.

* Tecnoloxías de deseño e producción industrial (DPI).

Este programa está dirixido a un número limitado de sectores de tipo industrial que, pola súa natureza, precisan das tecnoloxías procedentes de moi diversas áreas científicas e tecnolóxicas. Estes sectores son: madeira e moble, téxtil e confección, automoción, construcción naval, bens de equipo e maquinaria, artes gráficas e química. Os proxectos de interese para este programa son os que teñen por finalidade a mellora dos procesos productivos ou de deseño, non mediante a adquisición de equipos senón definindo procesos novos ou mellorados, desenvolvendo novos equipos para os incorporar ós devanditos procesos ou adaptando outros xa existentes. Tamén son de interese os proxectos que perseguen a definición de novos compoñentes ou materiais para o proceso productivo, o aproveitamento de subproductos, as melloras significativas do producto ou a definición de novos productos.

Servicios ó cidadán.

* Ciencias sociais (CSO).

Este programa destínase á investigación, o desenvolvemento e a innovación no ámbito das ciencias

sociais e en relación cos temas que, a seguir, se sinalan:

* Educación, é dicir, proxectos relacionados coa innovación e a investigación educativa.

* Saúde pública, é dicir, proxectos relacionados co envellecemento da poboación e co estilo de vida (sedentarismo, nutrición, consumo de tabaco, alcohol e outras drogas, accidentes de tráfico, etc.), así como estudios relacionados coa promoción da saúde e prevención das enfermidades, servicios de saúde e investigación epidemiolóxica. Tamén terán cabida os proxectos de investigación relacionados coa seguridade e hixiene no traballo.

* Turismo, ocio e deporte, é dicir, proxectos relacionados co estudio da demanda turística e de motivación do ocio, relación entre o turismo e a conservación da paisaxe e do patrimonio, saturación de centros turísticos, diversificación da oferta turística, etc.

* Dereito, economía e empresa, é dicir, investigación relacionada con materias xurídicas, económicas e de xestión empresarial que afecten a calquera dos sectores económicos e sociais relevantes na Comunidade Autónoma galega.

* Sociedade da información (SIN).

A finalidade deste programa é atender proxectos de investigación, desenvolvemento e innovación tecnolóxica relacionados coa extensión da sociedade da información en Galicia, fundamentalmente en tres áreas:

* Relacións coa Administración, é dicir, proxectos de I+D+I destinados á creación de contidos dixitais ou audiovisuais e aplicacións informáticas relacionados coa Administración pública e, en particular, ás relacións entre os cidadáns e a Administración.

* Calidade de vida, é dicir, proxectos de I+D+I destinados á creación de contidos dixitais ou audiovisuais e aplicacións informáticas en áreas tales como a sanidade, a educación, o turismo, o ocio ou os deportes, co obxectivo último de mellora-la calidade de vida da comunidade.

* Aplicacións a sectores económicos, é dicir, proxectos de I+D+I destinados á creación de contidos dixitais ou audiovisuais e aplicacións informáticas, relacionados con tódolos sectores económicos da Comunidade Autónoma e, en particular, con aqueles nos que poidan contribuír, en maior medida, ó seu desenvolvemento, tales como transportes, pesca, comercio, audiovisual, etc.

* Programas horizontais:

O Plan galego de I+D+I 2002-2005 conta con catro programas horizontais: recursos humanos, apoio á innovación en empresas, cooperación internacional e sensibilización social.

Estes catro programas tratan de contribuír á articulación do sistema galego de innovación incidindo na participación de tódolos axentes na devandita articulación, pero ademais teñen un forte obxectivo de mobilización e activación.

Son obxectivos do programa de recursos humanos:

* Incrementa-los recursos humanos dedicados a actividades de I+D+I tanto en número como en especialización nas áreas de maior interese.

* Incrementa-lo número de doutores e tecnólogos incorporados ó sistema público de I+D.

* Incrementa-lo número de doutores e tecnólogos incorporados ós centros tecnolóxicos.

* Incrementa-lo número de doutores e tecnólogos incorporados ás empresas.

* Recuperar investigadores e tecnólogos galegos de prestixio que realizan a súa actividade fóra da Comunidade Autónoma e que desexen continua-las súas actividades en Galicia.

Os obxectivos do Programa de apoio á innovación empresarial son:

* Mellora-la utilización dos recursos existentes no sistema galego de innovación para poñelos á disposición da innovación empresarial.

* Mellora-la capacidade das empresas galegas para xestionar proxectos de I+D+I e captar fondos das convocatorias de axuda nacionais e europeas.

* Mellora-la formación de xestores de I+D+I en tódolos ámbitos do sistema, é dicir, en empresas, centros públicos de investigación, centros tecnolóxicos, organismos de interface, Administración pública, etc.

* Favorece-la aproximación e o intercambio entre empresas e investigadores para lograr unha mellor adecuación entre a oferta e a demanda científica e tecnolóxica.

* Lograr que os resultados de investigación do sistema público de I+D cheguen ó mercado.

* Incrementa-lo número de empresas de base tecnolóxica que se crean en Galicia.

* Integra-los organismos de interface en redes de cooperación rexionais para obte-lo máximo proveito das súas capacidades e poñelas á disposición do contorno productivo.

* Potencia-lo papel dos centros tecnolóxicos como axentes executores e mobilizadores do sistema.

* Reduci-las imperfeccións do mercado de servicios tecnolóxicos na Comunidade Autónoma para aproximalo ás necesidades do contorno productivo.

O programa de cooperación internacional ten como principal obxectivo:

* Favorece-la presencia de Galicia en foros de ámbito supranacional relacionados coa I+D+I, fundamentalmente na Eurorrexión Galicia-Norte de Portugal, no Arco Atlántico e en Iberoamérica.

Os obxectivos do programa de sensibilización social son:

* Conciencia-lo conxunto da sociedade galega sobre a importancia da I+D+I no desenvolvemento económico e social de Galicia.

* Achegar a tódolos niveis da sociedade as actividades de investigación, desenvolvemento e innovación tecnolóxica executadas ou promovidas en Galicia, as actuacións da Secretaría Xeral de Investigación e Desenvolvemento e tódalas accións que se poñan en marcha no ámbito do Plan galego de I+D+I.

* Descrición dos programas horizontais:

-Recursos humanos (RH). Un dos obxectivos do Plan galego de I+D+I é incrementa-la capacidade do sistema; para iso, este programa trata de incorporar novos recursos humanos ó sistema galego de innovación. Trátase de cubri-las demandas do sistema tanto en número coma en áreas de especialización, favorecendo a formación e a inserción do persoal formado nos ámbitos científico, tecnolóxico e productivo de Galicia. Instruméntanse accións dirixidas a:

* Formación de investigadores e tecnólogos (RH1). Axudas para a formación de novo persoal investigador e de tecnólogos en número abondo para satisface-las necesidades do sistema, con especial énfase nas áreas que son máis demandadas polos diferentes sectores.

* Inserción de investigadores e tecnólogos no sistema público de I+D e en centros tecnolóxicos (RH2). Trátase de favorece-la incorporación, mediante contratos, de investigadores e tecnólogos a organismos públicos de investigación e a centros tecnolóxicos, co fin de potencia-la capacidade destas institucións para realizar actividades de investigación e desenvolvemento e prestar servicios tecnolóxicos.

* Incentivación á inserción de investigadores e tecnólogos en empresas (RH3). Trátase de incentivar economicamente a contratación de investigadores e tecnólogos por parte das empresas para reforza-las súas actividades de investigación, desenvolvemento e innovación tecnolóxica.

* Recuperación de investigadores e tecnólogos (RH4). Favorece-lo retorno de investigadores e tecnólogos galegos de prestixio que desenvolven as súas funcións fóra de Galicia e que desexen regresar para continua-lo seu labor en institucións galegas.

-Apoio á innovación en empresas: a axeitada articulación do sistema galego de innovación xira arredor dunha maior presencia das empresas no proceso de innovación e, como consecuencia, arredor da optimización de tódolos mecanismos de apoio que están á súa disposición. Por iso, este programa trata, por un lado, de incrementa-la capacitación das empresas para culminar con éxito as súas actividades de innovación e, por outro, de propicia-la integración das

devanditas empresas no sistema, favorecendo a transferencia de tecnoloxía, a creación de redes e a aproximación entre os ámbitos productivo e científico. Este programa consta de tres subprogramas: formación, transferencia de tecnoloxía e redes.

* Formación (FO). Comprende dúas accións orientadas á formación de xestores, investigadores e tecnológos involucrados nas actividades de I+D+I:

* Aula de innovación (FO1): programa formativo flexible no ámbito da xestión da I+D+I que permite a axeitada capacitación dos xestores que traballan en Galicia en empresas, universidades, organismos de interface, centros, administracións públicas, etc. Trátase tanto de proporcionar formación ós que se inician nestas actividades como de actualiza-los coñecementos dos que xa contan con experiencia na xestión da I+D+I.

* IDIPYME (FO2): mecanismo de apoio a empresas galegas con pouca ou ningunha experiencia en xestión da innovación para lograr que se inicien nestas actividades. Este obxectivo lógrase mediante titorías, formación e asesoramento continuado para que a empresa sexa capaz de poñer en marcha un proxecto de I+D+I a partir dalgunha idea propia ou algún problema detectado.

* Programas de terceiro ciclo relacionadas coa xestión da innovación (FO3): mecanismo de apoio ós programas de terceiro ciclo relacionados coa xestión da innovación.

* Transferencia de tecnoloxía (TT). Agrupa accións que teñen por finalidade aproxima-los ámbitos productivo e científico co fin de lograr que os resultados da investigación cheguen ó mercado e se transformen en riqueza, pero tamén que o ámbito científico escoite as necesidades que se xeran no mundo empresarial para darlles resposta.

* Foros de investigadores e empresas (TT1). Encontros entre investigadores e empresas para lograr unha mellor conexión entre a oferta e a demanda de tecnoloxía, de xeito que as empresas atopen resposta ás súas necesidades e que os investigadores sexan capaces de adapta-la súa oferta ás demandas do ámbito productivo.

* Mobilidade de investigadores e tecnólogos (TT2). Preténdese favorece-la presencia temporal de investigadores das universidades, organismos públicos de investigación, centros tecnolóxicos e empresas nas instalacións doutros axentes do sistema galego de innovación, coa finalidade de favorece-lo intercambio de experiencias e coñecementos entre os diferentes ámbitos.

* Apoio ós centros tecnolóxicos (TT3). Preténdese potencia-la actividade dos centros tecnolóxicos, públicos ou privados, como axentes executores e mobilizadores da I+D+I na Comunidade Autónoma galega, favorecendo iniciativas de tipo conxunto entre eles e integrándoos na execución deste plan.

* Carteira tecnolóxica (TT4). Consiste en detectar resultados de investigación do sistema público de I+D galego susceptibles de seren comercializados e realiza-los traballos necesarios para a devandita comercialización, tales como definición da tecnoloxía, estudio de mercado, estudio de prospectiva, valoración económica, etc.

* Apoio á creación de empresas spin-off (TT5). Establecer un mecanismo de apoio ós emprendedores que desexen crear empresas de base tecnolóxica, así como a tódalas iniciativas postas en marcha por outras institucións que teñan a finalidade de apoia-la creación deste tipo de empresas. Este mecanismo compleméntase ademais co programa carteira tecnolóxica, que serve como ferramenta de detección e valoración de tecnoloxías xeradas polo ámbito científico que poderían destinarse á creación de empresas.

* Redes (RE). Ten por finalidade establecer redes que fagan posible unha mellor articulación do sistema galego de innovación, optimizando os recursos nel dispoñibles.

* Rede de organismos de interface (RE1): mecanismo de traballo coordinado entre tódolos organismos de interface que operan en Galicia, de maneira que se aproveiten tódalas súas potencialidades.

* Promoción de relacións e asociacións entre empresas (RE2): cómpre agrupar empresas arredor de problemas que poderían resolverse mediante I+D+I, de maneira que poidan ser abordados conxuntamente.

* Internacionalización das PEMES-GAELIC (RE3): proxecto coordinado con diversas institucións galegas que trata de agrupar actuacións baseadas na articulación de servicios ó longo da cadea de valor dixital da empresa que pretende internacionalizarse.

* Mapa de servicios tecnolóxicos (RE4): preténdese reduci-la imperfección do mercado de servicios tecnolóxicos en Galicia mediante a definición e comunicación dunha oferta máis clara así como facilita-lo acceso dos demandantes a eses servicios.

* Portal de ciencia e tecnoloxía de Galicia (RE5): preténdese crear un espacio virtual que permita articula-lo sistema galego de innovación favorecendo a difusión e a comunicación entre tódolos axentes. Correspóndelle ademais un importante labor de sensibilización social.

-Cooperación internacional (CI). Ten por finalidade favorece-la presencia de Galicia en espacios supranacionais de xeito que se favoreza a cooperación en materia de ciencia e tecnoloxía a través de proxectos conxuntos, con especial atención ós casos nos que existen afinidades productivas, xeográficas e culturais.

* Eurorrexión Galicia-Norte de Portugal (CI1).

* Arco Atlántico (CI2).

* Iberoamérica (CI3).

-Sensibilización social (SS). Ten por obxectivo darlle a coñecer ó conxunto da sociedade galega a importancia que teñen a investigación, o desenvolvemento e a innovación como motores do desenvolvemento económico e social. Este labor de sensibilización apoiarase en tódolos medios dispoñibles e, de forma fundamental, nos que proporcionan as tecnoloxías da información e as comunicacións.

* Premios de investigación e innovación (SS1).

* Foro científico-tecnolóxico (SS2).

* Presencia en medios de comunicación. (SS3).

* Revista dixital (SS4).

* Actividades nos centros de ensino non universitario (SS5).

* Colección Investigación e desenvolvemento (SS6).

* Semana galega da ciencia e a tecnoloxía (SS7)

* Accións estratéxicas:

Os obxectivos estratéxicos e operativos do plan acádanse a través dos programas sectoriais e horizontais xa expostos, pero, en certos casos, non sería posible alcanza-los obxectivos nun tempo razoable se non se instrumentan actuacións que supoñan un auténtico cambio de escala respecto das actuacións que se acometen na actualidade. Por iso, este plan recolle un número moi limitado de accións estratéxicas dirixidas a ámbitos moi concretos, que se desenvolverán coa colaboración de tódalas institucións públicas e privadas que realicen actividades nos devanditos ámbitos. As accións estratéxicas teñen dous tipos de compoñentes: un consistente en actuacións que xa aparecen integradas nos programas xerais, sectoriais e horizontais deste plan que teñen que ver coa área estratéxica seleccionada, adoptando un carácter transversal cun diferencial de intensidade; outro consistente en actuacións singulares de tipo específico. Este plan establece accións estratéxicas nas seguintes áreas:

* Acuicultura.

* Aplicacións informáticas e contidos para a extensión da sociedade da información nos sectores económicos de Galicia.

Instrumentos

Os instrumentos á disposición deste plan son os seguintes:

* Subvencións: non reembolsables, a través de convocatoria pública en concorrencia competitiva ou ben, en casos excepcionais, subvencións nominativas. É o instrumento principal nos programas xerais e nos programas sectoriais.

* Capital semente e capital risco: déixase aberta a posibilidade de instrumentar algún mecanismo de capital semente e capital risco, se fose necesario,

para o fomento da creación e o desenvolvemento de empresas de base tecnolóxica.

* Subsidiación do tipo de xuro de préstamos concedidos por entidades financeiras: poderase poñer en marcha un convenio coas entidades financeiras que operan en Galicia coa finalidade de subsidiar préstamos destinados á execución de proxectos de I+D+I, dotación de laboratorios e creación de empresas de base tecnolóxica. Estudiarase tamén a posibilidade de que o plan conceda créditos reembolsables para este mesmo tipo de proxectos.

* Bolsas, contratos e axudas á contratación: son os instrumentos utilizados no programa de recursos humanos.

* Convenios de colaboración e concursos públicos: son os instrumentos que se utilizarán normalmente nos programas horizontais e nas actuacións singulares das accións estratéxicas. Os concursos públicos son útiles para contrata-la realización de proxectos de investigación concretos que sexan prioritarios. Os convenios poderanse utilizar tamén para a posta en marcha de proxectos, con carácter máis excepcional, cando iso sexa necesario para unha axeitada racionalización dos recursos.

O plan poderá poñer en marcha calquera outro instrumento que considere de utilidade para o seu bo funcionamento.

Orzamento

O orzamento do Plan galego de investigación, desenvelvemento e innovación tecnolóxica para o exercicio 2002 é de 62.982.997 euros, dos que 45.133.316 euros son achegados pola Secretaría Xeral de Investigación e Desenvolvemento e o resto é achega das demáis consellerías.

O financiamento dos exercicios 2003, 2004 e 2005 incrementarase en función das dispoñibilidades orzamentarias e en ningún caso será inferior ó establecido para o exercicio 2002.

Das contías establecidas no orzamento, 14.373.000 euros teñen un carácter finalista, ben por corresponder ós capítulos I e II das consellerías que participan no plan, ou ben por tratarse doutros gastos vinculados ó funcionamento das súas infraestructuras. En consecuencia, a cantidade de 48.610.000 euros será destinada a fondos do plan e distribuirase como se establece na táboa seguinte:

Programas%

Promoción xeral da investigación 23,49

23,49

* Programas sectoriais-Recursos natura

Recursos agropecuarios

15,77

Recursos mariños

Biodiversidade e recursos forestais

Recursos enerxéticos e mineiros

-Tecnoloxías para a innovación

Biotecnoloxía e tecnoloxías farmacéutica e das ciencias da saúde

24,11

Tecnoloxías da alimentación

Programas%

Tecnoloxías ambientais
Tecnoloxías dos materiais
Tecnoloxías da construcción e da conservación do patrimonio
Tecnoloxías da información e as comunicacións
Deseño e producción industrial

-Servicios ó cidadán

Ciencias sociais

Educación

Saúde pública

Turismo, ocio e deporte

Dereito, economía e empresa

6,18

Sociedade da información

Relacións coa Administración

Calidade de vida

Aplicacións a sectores económicos

46,07

* Programas horizontais-Recursos humanos

Formación de investigadores e tecnólogos

11,57

Inserción de investigadores e tecnólogos no sistema público de I+D
Inserción de investigadores e tecnólogos en empresas
Recuperación de investigadores e tecnólogos

-Apoio á innovación en empresas

Formación:

Aula de innovación

0,83

IDIPYME
Programas de terceiro ciclo

Transferencia de tecnoloxía:

Foros de investigadores e empresas

2,79

Carteira tecnolóxica
Apoio á creación de empresas spin-off
Mobilidade de investigadores
Apoio ós centros tecnolóxicos

Redes:

Internacionalización das PEMES

0,89

Promoción de relacións e asociacións entre empresas
Portal de ciencia e tecnoloxía de Galicia
Rede de organismos de interface
Mapa de servicios tecnolóxicos

-Cooperación internacional

Eurorrexión Galicia-Norte de Portugal

Arco Atlántico

Iberoamérica

0,49

-Sensibilización social

Premios de investigación e innovación

1,50

Foro científico tecnolóxico
Presencia en medios de comunicación
Revista dixital
Actividades en centros de ensino non universitario
Colección «Investigación e desenvolvemento»
Semana galega da ciencia e a tecnoloxía

18,07

Accións estratéxicas

AE 1: acuicultura

AE 2: sociedade da información no ámbito productivo

12,37

12,37

TOTAL 100

Xestión do Plan galego de investigación,

desenvolvemento e innovación tecnolóxica

2002-2005

De acordo coa Lei 12/1993, de fomento da investigación e do desenvolvemento tecnolóxico de Galicia, correspóndelle a CICETGA, non só a elaboración e a aprobación do plan, senón tamén a supervisión da coordinación e o seu seguimento. Neste espírito:

* Tódolos fondos consignados ó Plan Galego de Investigación, Desenvolvemento e Innovación Tecnolóxica se inclúen no programa orzamentario 432-A dos orzamentos xerais de Galicia.

* Co obxecto de avanzar na coordinación entre programas, na homoxeneización e na simplificación dos procesos de xestión, a xestión administrativa,

técnica e económica do plan e do seu correspondente programa orzamentario correspóndelle á Secretaría Xeral de Investigación e Desenvolvemento, en coordinación coas consellerías afectadas.

* Correspóndelle á Secretaría Xeral de Investigación e Desenvolvemento a redacción e publicación das convocatorias de axuda que recollen os programas xerais e sectoriais do plan, que terán unha vixencia de catro anos, é dicir, ata a conclusión deste plan o 31 de decembro de 2005. Non obstante, en xaneiro de cada ano publicarase o prazo de presentación de solicitudes, o orzamento fixado para ese exercicio, así como as actualizacións que procedan, de acordo co correspondente programa de traballo.

* Para os programas xerais e sectoriais recollidos no plan, a Secretaría Xeral de Investigación e Desenvolvemento designará xestoras, que colaborarán nas tarefas de asesoramento e seguimento dos devanditos programas.

* Tódolos proxectos presentados ó plan serán sometidos a avaliación externa, ben por parte da Axencia Nacional de Avaliación e Prospectiva (ANEP), ben mediante paneis de expertos. Para tal obxecto, a secretaría xeral disporá dun banco de expertos que actuarán como avaliadores externos das propostas presentadas.

* As consellerías sectoriais colaborarán na xestión do plan nas seguintes fases, en coordinación coa Secretaría Xeral de Investigación e Desenvolvemento:

* Definición de obxectivos e prioridades dos programas sectoriais e as súas convocatorias.

* Selección das propostas que serán financiadas, participando nas comisións de concesión de axudas dos programas sectoriais que lles afecten.

* Seguimento dos proxectos financiados con cargo ós programas sectoriais da súa competencia.

* A secretaría xeral avanzará na tarefa de seguimento e control dos proxectos executados ó abeiro do plan ata chegar a cubri-lo 100% destes.

* Tódalas resolucións de concesión de axudas ó amparo dos programas xerais e sectoriais serán publicadas no Diario Oficial de Galicia e na páxina web da secretaría.

Indicadores de seguimento

-Indicadores xerais:

* Gasto total en I+D con respecto ó PIB galego.

* Porcentaxe de gasto en I+D sobre o PIB executado polas empresas.

* Número de persoas (investigadores e técnicos) dedicadas a actividades de I+D por cada mil persoas de poboación activa.

* Porcentaxe de retorno do Plan nacional de I+D e do Programa marco da Unión Europea.

-Indicadores de recursos humanos:

* Número de doutores e técnicos formados.

* Número de investigadores e tecnólogos incorporados ó sistema público de I+D.

* Número de investigadores e tecnólogos incorporados ós centros tecnolóxicos.

* Número de investigadores e tecnólogos incorporados a empresas.

-Indicadores de transferencia de tecnoloxía:

* Número de proxectos empresariais executados no sistema público de I+D.

* Número de empresas de base tecnolóxica creadas.

* Número de tecnoloxías en disposición de seren transferidas ó sector productivo.

* Número de tecnoloxías transferidas ó sector productivo.

-Indicadores de actividade do ámbito científico:

* Número de novos grupos de investigación en áreas deficitarias ou en liñas novidosas non cultivadas.

* Número de grupos que alcanzan o nivel de excelencia.

* Número de novas infraestructuras científico-técnicas.

* Número de redes temáticas creadas.

* Número de proxectos de grupos de investigación presentados a convocatorias nacionais e europeas.

* Número de proxectos de grupos de investigación financiados en convocatorias nacionais e europeas.

* Número de proxectos de grupos de investigación aprobados pero non financiados en convocatorias nacionais e europeas que foron presentados a convocatorias do PGIDIT.

-Indicadores de actividade do ámbito tecnolóxico:

* Número de teses de doutoramento realizadas en centros tecnolóxicos.

* Número de persoas de organismos públicos formadas en xestión da innovación.

* Número de persoas doutras entidades públicas formadas en xestión da innovación.

* Número de proxectos en consorcio entre centros tecnolóxicos e o sistema público de I+D.

* Número de proxectos en consorcio entre centros tecnolóxicos e empresas.

* Número de técnicas novas ou melloradas incorporadas ós centros tecnolóxicos.

* Número de prestacións de servicios realizadas polos centros tecnolóxicos a empresas.

* Número de prestacións de servicios realizadas polas universidades a empresas.

-Indicadores de actividade do ámbito productivo:

* Número de persoas de empresa formadas en xestión da innovación.

* Número de laboratorios ou departamentos de I+D de empresas creados ou receptores de novo equipamento.

* Número de empresas que acceden por primeira vez a financiamento para un proxecto de I+D+I.

* Número de proxectos de I+D+I presentados a convocatorias de axudas.

* Número de proxectos de I+D+I financiados con convocatorias deste plan.

-Indicadores de captación de fondos:

* Número de proxectos galegos financiados por programas nacionais.

* Número de proxectos galegos financiados por programas europeos.

* Financiamento obtido de programas nacionais.

* Financiamento obtido de programas europeos.

-Indicadores de sensibilización social:

* Número de accións de difusión executadas.

* Número de persoas e institucións ás que chegaron as devanditas accións.

* Frecuencia das actuacións de sensibilización social.

-Indicadores das accións estratéxicas:

Acuicultura:

* Número de investigadores formados en biotecnoloxía orientada á acuicultura.

* Número de investigadores en áreas de interese para a acuicultura incorporados ó sistema público de I+D.

* Número de técnicos en acuicultura incorporados a centros tecnolóxicos e a empresas.

* Número de proxectos de acuicultura financiados polo plan nacional e programa marco.

* Número de proxectos empresariais de acuicultura financiados polo Plan galego de I+D+I.

* Número total de proxectos de acuicultura financiados polo Plan galego de I+D+I.

* Número total de novas especies de acuicultura que alcanzan a fase de comercialización.

Contidos dixitais e aplicacións informáticas para sectores productivos:

* Número de investigadores e tecnólogos formados en tecnoloxías da información.

* Número de investigadores e tecnólogos en tecnoloxías da información incorporados ó sistema público de I+D.

* Número de investigadores e técnicos incorporados a empresas.

* Número de proxectos empresariais financiados polo Plan galego de I+D+I.

* Número de productos transferidos a outros sectores productivos.

* Número de novas empresas creadas en tecnoloxías da información.

Cuantificación dos indicadores:

* A porcentaxe actual de gasto en I+D sobre o PIB, que se sitúa no 0,63%, debería supera-lo límite do 1%.

* A porcentaxe do gasto en I+D executado polas empresas debería acada-lo 50% do gasto total en I+D executado en Galicia. Esta porcentaxe é actualmente pouco máis do 30%.

* O número de persoas dedicadas a actividades de I+D debería aumentarse en 450 persoas, das cales 350 serían incorporadas ó sistema público de I+D e 100 a empresas.

* Formar 450 novos doutores.

* Triplica-lo número de proxectos de investigación aplicada no sistema público de I+D de Galicia.

* Xerar no sistema público de I+D 100 novos resultados de investigación para incorporar á súa carteira tecnolóxica.

* Triplica-lo número de proxectos empresariais financiados polo plan, é dicir, chegar, polo menos, a 400 proxectos anuais (a cifra actual é de 152).

* Incrementar en 100 o número de empresas innovadoras.

* Promove-la creación de 10 empresas de base tecnolóxica ó ano.

* Transferir, alomenos, 10 tecnoloxías cada ano ó sector productivo.

* Aumenta-lo número de proxectos empresariais executados polos centros tecnolóxicos ata un mínimo de 20 ó ano.

* Logra-la realización de proxectos conxuntos entre centros tecnolóxicos e o sistema público de I+D, cun mínimo de 20 proxectos cada ano.

* Duplica-la captación de fondos de convocatorias nacionais e europeas.

* Formar en xestión da innovación a 500 persoas de empresas, organismos públicos, investigadores, etc.

* Logra-la realización de 10 teses de doutoramento en centros tecnolóxicos.

* Logra-la creación de 40 novos grupos de investigación.

* Lograr que 40 grupos de investigación acaden a excelencia.

* Duplica-lo número de servicios tecnolóxicos prestados a empresas por parte dos centros tecnolóxicos e organismos do sistema público de I+D.