Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 1 Luns, 2 de xaneiro de 2012 Páx. 180

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

RESOLUCIÓN do 12 de decembro de 2011, da Xefatura Territorial de Ourense, pola que se autoriza e se aproba o proxecto de execución dunha instalación eléctrica no concello de Amoeiro (expediente IN407A 2009/125-3).

Visto o expediente para o outorgamento de autorización administrativa e a aprobación do proxecto de execución da instalación eléctrica que se cita:

Solicitante: Red Eléctrica de España, S.A.U.

Domicilio social: Conde de los Gaitanes 177, 28109 Alcobendas-Madrid.

Denominación: L.M.T. e C.T. de servizos auxiliares da subestación de Amoeiro, segundo proxecto reformado de novembro de 2011, presentado o día 2 de decembro de 2011 co n.º de rexistro de entrada 13928.

Situación: Amoeiro.

Características técnicas: L.M.T. subterránea a 20 kV, con condutor R.H.Z.1 12/20 kV 3×240 Al, de 20 m de lonxitude, con orixe, en paso de aéreo a subterráneo, na L.M.T. de Unión Fenosa Distribución, S.A., entre o C.T. Formigueiro (32C931) e o C.T. Portocelos (32AM19) e final no centro de seccionamento e transformación proxectado en edificio prefabricado tipo PFU-5 de Ormazabal, con celas de entrada e saída de liña, remonte, protección e medida, situado anexo á entrada principal da subestación.

– C.T. trifásico, con illamento en seco, de 400 kVA e R/T 20.000/400-230 V, situado no citado edificio PFU-5.

– Orzamento: 45.540,92.

Cumpridos os trámites ordenados na Lei 54/1997, do 27 de novembro, do sector eléctrico, e no capítulo II, título VII, do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, esta xefatura territorial

RESOLVE:

Autorizar e aprobar o proxecto de execución da dita instalación, cuxas características se axustarán en todas as súas partes ás que figuran nel e ás condicións técnicas e de seguridade establecidas nos regulamentos de aplicación e nas condicións establecidas polos ministerios, organismos ou corporacións que constan no expediente.

Contra esta resolución poderase interpor recurso de alzada ante o conselleiro de Economía e Industria no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da notificación desta resolución; tamén se poderá interpor calquera outro recurso que se considere pertinente.

Ourense, 12 de decembro de 2011.

Gabriel Diéguez Domínguez
Xefe territorial de Ourense