Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 44 Venres, 2 de marzo de 2012 Páx. 7711

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas

RESOLUCIÓN do 14 de febreiro de 2012 pola que se fai pública a formalización do contrato administrativo do servizo de coordinación técnica do proxecto LIFE+ recuperación das poboacións de Margaritifera margaritifera e Galemys pyrenaicus na bacia do río Ulla, Galicia. Margal Ulla, cunha contribución do 49,43%.

Para os efectos do disposto no artigo 138 da Lei 30/2007, do 30 de outubro, de contratos do sector público, faise pública a formalización do seguinte contrato:

1. Entidade adxudicadora:

a) Organismo: Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas.

b) Dependencia que tramita o expediente: Dirección Xeral de Conservación da Natureza.

c) Número de expediente: 18/11.

d) Enderezo da internet do perfil do contratante:

www.contratosdegalicia.es/resultado.jsp?N= 16135

2. Obxecto do contrato:

a) Tipo: servizo.

b) Descrición: servizo de coordinación técnica do proxecto LIFE+ recuperación das poboacións de Margaritifera margaritifera e Galemys pyrenaicus na bacía do río Ulla, Galicia. Margal Ulla, cunha contribución do 49,43%.

c) CPV (referencia de nomenclatura): 73000000-2.

d) Medio de publicación do anuncio de licitación: DOG núm. 105.

e) Fecha de publicación do anuncio de licitación: 1 de xuño de 2011.

3. Tramitación e procedemento:

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto.

4. Valor estimado do contrato: 175.533,56 € (incluídas posibles prorrogas).

5. Orzamento base de licitación: importe neto: 131.650,17 €, importe total: 155.347,20 €.

6. Financiamento: cofinanciado coa Unión Europea a través dos fondos LIFE + natureza e biodiversidade, dentro do proxecto LIFE09NAT/ES/000514 Margal Ulla, cunha contribución do 49,43%.

7. Formalización do contrato:

a) Data de formalización do contrato: 7.2.2012.

b) Adxudicatario: Estrategia y Organización, S.A.

c) Importe de adxudicación: importe neto: 89.522,12 €, importe total: 105.636,10 €.

d) Vantaxes da oferta adxudicataria: oferta economicamente máis vantaxosa tendo en conta os criterios de adxudicación establecidos no prego de cláusulas administrativas particulares.

Santiago de Compostela, 14 de febreiro de 2012.

P.D. (Orde 9.7.2009; DOG núm. 138, do 16 de xullo)
José Antonio Fernández Vázquez
Secretario xeral técnico da Consellería de Medio Ambiente,
Territorio e Infraestruturas