Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 44 Venres, 2 de marzo de 2012 Páx. 7713

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas

CÉDULA do 9 de febreiro de 2012, do Servizo de Mobilidade da Xefatura Territorial da Coruña, pola que se notifican as resolucións ditadas nos expedientes sancionadores en materia de transportes terrestres (expediente XC-01935-O-2011).

De conformidade co disposto no artigo 59.5.º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, notifícaselles ás persoas que a seguir se relacionan as resolucións que o xefe territorial ditou nos expedientes sancionadores instruídos por infracción da normativa vixente dos transportes terrestres, porque, intentada a notificación, non se puido efectuar.

Fáiselles saber que contra a dita resolución, que non é definitiva na vía administrativa, cabe recurso de alzada ante o director xeral de Mobilidade, no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da publicación desta cédula.

En caso de conformidade coa resolución sancionadora, o interesado deberá aboar a multa imposta a través dun ingreso en calquera oficina do BBVA, de Caixa Galicia, de Caixanova ou de Banesto, empregando o modelo impreso que se facilitará neste servizo de mobilidade.

No caso de non presentar recurso de alzada e non pagar a sanción imposta, procederase ao seu cobramento pola vía de constrinximento segundo o previsto no artigo 97 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

Para que conste e lles sirva de notificación aos interesados, asino e selo esta cédula.

A Coruña, 9 de febreiro de 2012.

César Concheiro Ceide
Instrutor xefe do Servizo de Mobilidade
da Xefatura Territorial da Coruña

ANEXO

Expediente

Matrícula

Denunciante

Persoa sancionada

DNI/CIF

Último enderezo coñecido

Infracción cometida

Data; hora; estrada; p.q.

Precepto
cualificador

Precepto
sancionador

Sanción imposta

XC-01935-O-2011

7647-CJF

Garda Civil 1504 I-54077-K

Panadería Julifer, S.L.

B15519960

Codesedas, Figueiras, 31

15700 Santiago de Compostela (A Coruña)

Exceso de peso sobre a MMA superior ao 6% ata o 15%, en vehículos de ata 10 t. Exceso de peso superior ao 10%.

25.5.2011; 00.45; A-54

Art. 142.2 LOTT, art. 199.2 ROTT

Art. 143.1.c) LOTT, art. 201.1.c) ROTT

341 €