A Xefatura Territorial de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas de Pontevedra somete a información pública o expediente para a aprobación dun plan de aproveitamento específico (anguía, Anguilla anguilla) nas augas do río Lérez, durante un prazo de 15 días, segundo o disposto no Decreto 130/2011, do 9 de xuño, polo que se regula a pesca profesional da anguía nas augas continentais competencia da Comunidade Autónoma de Galicia.
O expediente está á disposición de todos aqueles que puideren ter interese nel, na Xefatura Territorial de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas, Servizo de Conservación da Natureza, na avenida Fernández Ladreda n.º 43, 2.º 36071 Pontevedra.
Pontevedra, 10 de febreiro de 2012.
José Luis Díez Yáñez
Xefe territorial de Pontevedra