Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 47 Mércores, 7 de marzo de 2012 Páx. 8394

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas

CÉDULA do 13 de febreiro de 2012, da Subdirección Xeral de Inspección do Transporte, pola que se notifican as resolucións dos recursos de alzada interpostos contra os expedientes sancionadores que a seguir se citan iniciados en materia de transportes terrestres (expediente DX-00171-I-2009 e tres máis).

De conformidade co disposto no artigo 59.5.º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, notifícaselles ás persoas que a seguir se relaciona as resolucións dos recursos de alzada interpostos contra as resolucións sancionadoras recaídas nos expedientes que se citan no anexo porque, intentada a notificación, non se puido efectuar.

Contra as ditas resolucións, que poñen fin á vía administrativa, cabe recurso contencioso-administrativo ante o xulgado do contencioso-administrativo, no prazo de dous meses contados desde o día seguinte ao da publicación desta cédula, de conformidade cos artigos 8 e 14 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

En caso de non ter aboado o importe da sanción, deberán pagar o dito importe dentro do prazo de 15 días hábiles, mediante ingreso en calquera oficina del BBVA, de Caixa Galicia, de Caixanova ou de Banesto, empregando o modelo impreso que se facilitará nos servizos centrais da Dirección Xeral de Mobilidade.

De non se efectuar o ingreso no dito prazo, procederase ao seu cobramento pola vía de constrinximento, segundo o disposto no artigo 97 da Lei 30/1992, do 26 novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

Para que conste e lles sirva de notificación aos interesados, asino e selo esta cédula.

Santiago de Compostela, 13 de febreiro de 2012.

Xosé Lluis Fernández Suárez
Subdirector xeral de Inspección do Transporte

ANEXO

Expediente

Matrícula

Denunciante

Persoa sancionada

DNI/CIF

Último enderezo coñecido

Infracción cometida

Data; hora; estrada; p.q.

Precepto
cualificador

Precepto
sancionador

Sanción imposta

Resolución recurso

DX-00171-I-2009

7865 -DTV

Axente de inspección DX 014

Logística Baylo, S.L.

B15886542

Sánchez Freire, 83, baixo

15506 Santiago de Compostela (A Coruña)

Exceso de peso superior ao 6% ata o 15%, en vehículos de máis de 20 t.

6.11.2009; 10.43; AC-301

Art. 141.4 LOTT, art. 197 ROTT

Art. 143.1.f) LOTT, art. 201 ROTT

1.666 €

(pagada coa redución do 25%)

Desestimado

LU-01565-O-2009

0872BBD

Garda Civil 2701 N03815F

Antonio López Romero e Hijos, S.L.

B15516784

R/ Eire, portal Roma, n.º 4

15578 Narón (A Coruña)

Realizar transporte público de mercadorías con vehículo conducido por condutor dun país terceiro (non da UE), sen o correspondente certificado.

26.8.2009; 9.00; N-VI; 543,8

Art. 141.19 LOTT, art. 198.19 ROTT

Art. 143.1.e) LOTT, art. 201.1.e) ROTT

1.001 €

Desestimado

XC-00273-O-2011

6649-CGS

Garda Civil 1504 I54077K

Jesús Manuel Mayo Piñeiro

33250682L

Blanco Rajoy, 106,
15129 Vimianzo (A Coruña)

Atenuante carencia de follas de rexistro do aparello de control, da tarxeta de condutor o dos documentos impresos obrigatorios que exista obriga de levar no vehículo.

15.12.2010; 18.33; AP-9; 79,500

Art. 140.24 LOTT, art. 197.24 ROTT

Art. 141.31 LOTT, art. 143.1.k) LOTT

401 €

Desestimado

XC-01533-O-2010

1964-CFT

Garda Civil 1501 P-12934-X

Transnorgal, S.A.

A36322246

Eidos, 34, 36418 O Porriño (Pontevedra)

Utilización no aparello de control de tempos de condución e descanso de máis dunha folla de rexistro durante unha mesma xornada pola mesma persoa, salvo cando se cambie de vehículo e a folla de rexistro utilizada no aparello do primeiro vehículo non se encontre homologada para a súa utilización no do segundo.

12.8.2010; 11.45; AP-9; 16,000

Art. 141.9 LOTT, art.198.9 ROTT

Art. 143.1.f) LOTT, art. 201.1.f) ROTT

1.501 €

Desestimado