Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 49 Venres, 9 de marzo de 2012 Páx. 8687

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 3 da Coruña

EDICTO (885/2011).

Juan Rey Pita, secretario xudicial do Xulgado do Social número 3 da Coruña, fago saber que no procedemento despedimento/cesamentos en xeral 885/2011 deste Xulgado do Social, seguido por instancia de María Elena Cao Lata contra a empresa Creaciones Lázaro, S.L. sobre despedimento, ditouse a seguinte resolución:

«Carlos López Picón, xuíz substituto do Xulgado do Social número 3 dos da Coruña, despois de ver os autos de procedemento n.º 885/2011, sobre despedimento, seguidos entre partes: dunha como demandante María Elena Cao Lata, asistida polo letrado Antonio Pousa Merens, e da outra como demandada a empresa Creaciones Lázaro, S.L, que non compareceu aos actos de conciliación e xuízo malia ser citada en legal forma, pronunciou en nome do Rei a presente resolución.

Que estimando integramente a demanda de despedimento improcedente interposta pola demandante María Elena Cao Lata contra a empresa demandada Creaciones Lázaro, S.L, debo declarar e declaro o despedimento improcedente, e a extinción da relación laboral, condenando a empresa demandada, a que aboe á demandante en concepto de indemnización a cantidade de vinte e sete mil novecentos trinta euros (27.930 euros) a razón de 45 días de salario por ano de servizo prestado ata a data do despedimento, así como a que aboe ao actor os salarios de tramitación deixados de percibir en contía de sete mil cento dez euros (7.110 euros) desde a data do despedimento ata a data desta resolución deducíndose, se é o caso, as prestacións por incapacidade temporal que percibiu o actor durante o devandito período, e dándose por extinguida a relación laboral.

Notifíquese esta sentenza ás partes advertindo que contra ela poderán interpoñer recurso de suplicación ante o Tribunal Superior de Xustiza que deberá ser anunciado por comparecencia, ou mediante escrito neste xulgado dentro dos cinco días seguintes á notificación desta sentenza, ou por simple manifestación no momento en que se lle practique a notificación. Advírtase igualmente ao recorrente que non fose traballador ou beneficiario do réxime público de Seguridade Social, ou habente-causa seus, ou non teña recoñecido o beneficio de xustiza gratuíta, que deberá depositar a cantidade de 300 euros na conta aberta en Banesto 0030.1846 a nome deste xulgado co número 1533 0000 65 0885 11 acreditando mediante a presentación do xustificante de ingreso no período comprendido ata a formalización do recurso así como, no caso de ter sido condenado en sentenza ao pagamento dalgunha cantidade, consignar na conta de depósitos e consignacións a nome deste xulgado, co n.º 1533 0000 60 0885 11 a cantidade obxecto de condena, ou formalizar aval bancario pola devandita cantidade no que se faga constar a responsabilidade solidaria do avalista, incorporándoos a este xulgado co anuncio de recurso. En todo caso, o recorrente deberá designar letrado para a tramitación do recurso, ao momento de anuncialo.

Así por esta miña sentenza, definitivamente xulgando, pronúncioo, mándoo e asínoo».

E para que sirva de notificación a Creaciones Lázaro, S.L., expídese a presente cédula para a súa publicación no Diario Oficial de Galicia e colocación no taboleiro de anuncios.

A Coruña, 17 de febreiro de 2012.

O secretario xudicial