Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 49 Venres, 9 de marzo de 2012 Páx. 8685

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 3 da Coruña

EDICTO (951/2009).

Juan Rey Pita, secretario do Xulgado do Social número 3 da Coruña fago saber que no proceso seguido por instancia de Jesús Rodríguez Bello contra Electricidad Rellán, S.C., Fogasa, Electricidad Rellán, S.C. administrador concursal, en reclamación por ordinario, rexistrado co n.º 951/2009 se ditou a seguinte resolución:

«Carlos López Picón, xuíz substituto do Xulgado do Social número 3 dos da Coruña, despois de ver os autos de procedemento ordinario 951/2009, sobre reclamación de cantidade, seguidos entre partes: dunha como demandante Jesús Rodríguez Bello asistido polo letrado David Pena Díaz, e da outra como demandados a empresa Electricidad Rellán S.C., e o Fondo de Garantía Salarial (Fogasa) que non compareceron aos actos de conciliación e xuízo malia ser citados en legal forma, e a Administradora concursal Beatriz Borrajo Dios pronunciou en nome do Rei a presente resolución.

Que debo estimar e estimo a demanda sobre reclamación de cantidade, interposta pola demandada Jesús Rodríguez Bello, contra a empresa demandada Electricidad Rellán, S.C., a administradora concursal Beatriz Borrajo Dios e o Fondo de Garantía Salarial (Fogasa), condenando as demandadas a estar e pasar por esta declaración e a empresa demandada a que aboe ao demandante a suma total que se reclama por importe de catro mil trescentos noventa e un euros con sesenta céntimos (4.391,60 euros), polos conceptos salariais sinalados, incrementada no 10% de xuro de demora. Sen prexuízo da responsabilidade legal que poida recaer sobre a Administración concursal e a legal subsidiaria do Fondo de Garantía Salarial (Fogasa) para o suposto que se declare insolvente a empresa demandada.

Notifíquese esta sentenza ás partes advertindo que contra ela poderán interpoñer recurso de suplicación ante o Tribunal Superior de Xustiza que deberá ser anunciado por comparecencia, ou mediante escrito neste xulgado dentro dos cinco días seguintes á notificación desta sentenza, ou por simple manifestación no momento en que se lle practique a notificación. Advírtaselle igualmente ao recorrente que non fose traballador ou beneficiario do réxime público de Seguridade Social, ou habente causa seus, ou non teña recoñecido o beneficio de xustiza gratuíta, que deberá depositar a cantidade de 300 euros na conta aberta en Banesto (0030.1846) a nome deste xulgado co número 1533 0000 65 0951 09 acreditando mediante a presentación do xustificante de ingreso no período comprendido ata a formalización do recurso así como, no caso de ter sido condenado en sentenza ao pagamento dalgunha cantidade, consignar na conta de depósitos e consignacións a nome deste xulgado, co número 1533 0000 60 0951 09 a cantidade obxecto de condena, ou formalizar aval bancario pola devandita cantidade no que se faga constar a responsabilidade solidaria do avalista, incorporándoos a este xulgado co anuncio de recurso. En todo caso, o recorrente deberá designar letrado para a tramitación do recurso, ao momento de anuncialo.

Así, por esta miña sentenza, definitivamente xulgando, pronúncioo, mándoo e asínoo».

Publicación. Lida e publicada foi a anterior sentenza polo maxistrado que a ditou, estando celebrando audiencia pública no día da data do que dou fe.

E para que sirva de notificación a Electricidad Rellán, S.C., expídese a presente cédula para a súa publicación no Diario Oficial de Galicia e colocación no taboleiro de anuncios.

A Coruña, 17 de febreiro de 2012.

O secretario xudicial