Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 49 Venres, 9 de marzo de 2012 Páx. 8683

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 3 da Coruña

EDICTO (1160/2009).

Juan Rey Pita, secretario do Social número 3 da Coruña, fago saber que no proceso seguido por instancia de Abelardo Pais Fariña contra Construcciones José María Fernández, S.A., en reclamación por ordinario, rexistrado co número 1160/2009, se ditou a seguinte resolución:

«Sentenza.

A Coruña, dez de febreiro de dous mil doce.

Carlos López Picon, xuíz substituto do Xulgado do Social número 3 dos da Coruña, despois de ver os autos de procedemento ordinario número 1160/2009, sobre reclamación de cantidade, seguidos entre partes: dunha como demandante Abelardo Pais Fariña, asistido polo letrado Felipe Martínez Ramonde, e da outra como demandada a empresa Construcciones José María Fernández, S.A., que non compareceu aos actos de conciliación e xuízo malia ser citada en legal forma, pronunciou en nome do rei a presente resolución.

Decido que debo estimar e estimo a demanda sobre reclamación de cantidade, interposta polo demandante Abelardo Pais Fariña, contra a empresa demandada Construcciones José María Fernández, S.A, e condeno a demandada a estar e pasar por esta declaración e á empresa demandada a que lle aboe ao demandante a suma total que se reclama por importe de tres mil trescentos trinta euros con trinta e oito céntimos (3.330,38 euros) polos conceptos salariais sinalados, incrementada no 10% do xuro de mora.

Notifíqueselles esta sentenza ás partes advertindo que contra ela poderán interpor recurso de suplicación ante o Tribunal Superior de Xustiza, que deberá ser anunciado por comparecencia, ou mediante escrito neste xulgado, dentro dos cinco días seguintes á notificación desta sentenza, ou por simple manifestación no momento en que se lle practique a notificación. Advírtaselle igualmente ao recorrente que non fose traballador ou beneficiario do réxime público de Seguridade Social, ou habente causa seu, ou non teña recoñecido o beneficio de xustiza gratuíta, que deberá depositar a cantidade de 300 euros na conta aberta en Banesto (0030.1846) a nome deste xulgado co número 1533.0000.65.1160.09, acreditando mediante a presentación do xustificante de ingreso no período comprendido ata a formalización do recurso así como, no caso de ter sido condenado en sentenza ao pagamento dalgunha cantidade, consignar na conta de depósitos e consignacións a nome deste xulgado, co número 1533.0000.60.1160.09, a cantidade obxecto de condena, ou formalizar aval bancario pola dita cantidade, no cal se faga constar a responsabilidade solidaria do avalista, incorporándoos a este xulgado co anuncio de recurso. En todo caso, o recorrente deberá designar letrado para a tramitación do recurso, no momento de anuncialo.

Así, por esta a miña sentenza, definitivamente xulgando, o pronuncio, mando e asino».

E para que sirva de notificación a Construcciones José María Fernández, S.A, expídese a presente cédula para a súa publicación no Diario Oficial de Galicia e colocación no taboleiro de anuncios.

A Coruña, 17 de febreiro de 2012.

O secretario xudicial