Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 49 Venres, 9 de marzo de 2012 Páx. 8681

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 3 da Coruña

EDICTO (1154/2009).

Juan Rey Pita, secretario do Social número 3 da Coruña, fago saber que no proceso seguido por instancia de Óscar Miguel Fuentes Patiño contra Cristalería y Aluminio Fernando, S.L., Vidrio Ferr, S.L., en reclamación por ordinario, rexistrado co número 1154/2009, se ditou a seguinte resolución:

«Sentenza.

A Coruña, dez de febreiro de dous mil doce.

Carlos López Picon, xuíz substituto do Xulgado do Social número 3 dos da Coruña, despois de ver os autos de procedemento ordinario número 1154/2009, sobre reclamación de cantidade, seguidos entre partes: dunha como demandante Óscar Miguel Fuentes Patiño, asistido polo letrado José Páramo Sureda, e da outra como demandadas as empresas Cristalería y Aluminio Fernando, S.L. e Vidrio Ferr, S.L., que non compareceron aos actos de conciliación e xuízo malia ser citados en legal forma, pronunciou en nome do rei a presente resolución.

Decido que estimando integramente a demanda interposta por Óscar Miguel Fuentes Patiño contra o grupo de empresas formado polas demandadas Cristalería y Aluminio Fernando, S.L. e Vidrio Ferr, S.L. debo condenar solidariamente a ambas as dúas a que lle aboen ao demandante a cantidade de dezaseis mil setecentos corenta e oito euros con trinta céntimos (16.748,30 euros) en concepto da débeda salarial existente, incrementada no 10% de xuros de mora.

Notifíqueselles esta sentenza ás partes advertindo que contra ela poderán interpor recurso de suplicación ante o Tribunal Superior de Xustiza, que deberá ser anunciado por comparecencia ou mediante escrito neste xulgado dentro dos cinco días seguintes á notificación desta sentenza, ou por simple manifestación no momento en que se lle practique a notificación. Advírtaselle igualmente ao recorrente que non fose traballador ou beneficiario do réxime público de Seguridade Social, ou habente causa seu, ou non teña recoñecido o beneficio de xustiza gratuíta, que deberá depositar a cantidade de 300 euros na conta aberta en Banesto (0030.1846) a nome deste xulgado co número 1533.0000.65.1154.09, acreditando mediante a presentación do xustificante de ingreso no período comprendido ata a formalización do recurso así como, no caso de ter sido condenado en sentenza ao pagamento dalgunha cantidade, consignar na conta de depósitos e consignacións a nome deste xulgado, co número 1533.0000.60.1154.09, a cantidade obxecto de condena, ou formalizar aval bancario pola dita cantidade en que se faga constar a responsabilidade solidaria do avalista, incorporándoos a este xulgado co anuncio de recurso. En todo caso, o recorrente deberá designar letrado para a tramitación do recurso no momento de anuncialo.

Así, por esta a miña sentenza, definitivamente xulgando, o pronuncio, mando e asino».

E para que sirva de notificación a Cristalería y Aluminio Fernando, S.L., Vidrio Ferr, S.L., expídese a presente cédula para a súa publicación no Diario Oficial de Galicia e colocación no taboleiro de anuncios.

A Coruña, 17 de febreiro de 2012.

O secretario xudicial