Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 50 Luns, 12 de marzo de 2012 Páx. 8788

III. Outras disposicións

Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas

RESOLUCIÓN do 16 de xaneiro de 2012, da Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas, pola que se dá publicidade aos convenios de colaboración subscritos por esta consellería no terceiro cuadrimestre de 2011.

O artigo 11 da Lei 4/2006, do 30 de xuño, de transparencia e de boas prácticas na Administración pública galega (Diario Oficial de Galicia núm. 136, do 14 de xuño) impón a cada consellería da Xunta de Galicia a obriga de publicar no Diario Oficial de Galicia unha relación dos convenios de colaboración subscritos no cuadrimestre anterior.

En consecuencia, e para dar cumprimento a esa obriga,

DISPOÑO:

Artigo único. Darlle publicidade á relación dos convenios subscritos pola Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas no terceiro cuadrimestre do ano 2011, que se incorpora como anexo a esta resolución.

Santiago de Compostela, 16 de xaneiro de 2012.

José Antonio Fernández Vázquez
Secretario xeral técnico da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas

ANEXO

Convenios de colaboración subscritos pola Consellería de Medio Ambiente,
Territorio e Infraestruturas no terceiro cuadrimestre de 2011

Descrición

Data sinatura

Importe total

Addenda n.º 2 ao convenio entre a Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas e o Concello de Xinzo de Limia para a execución de obras en materia de urbanismo.

2.9.2011

507.539,37

Convenio de colaboración entre o Ministerio de Fomento e a Xunta de Galicia para a execución e financiamento do enlace entre a variante de Marín e a rede de estradas do Estado.

29.9.2011

9.062.457,50

Convenio de colaboración entre a Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas e a entidade pública empresarial Ferrocarriles de Vía Estrecha (FEVE), polo que se instrumenta a integración desta empresa na área de transporte metropolitano de Ferrol.

29.9.2011

159.006,84

Addenda número 3 ao convenio de colaboración entre a Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas e o Concello das Neves para a urba-nización e adaptación ao Plan de baixa IMD da circunvalación das Neves.

18.10.2011

2.410.119,35

Addenda n.º 1 ao convenio de colaboración entre a Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas e o Concello de Melón para a execución da seguinte actuación: colocación de lastros e instalacións na rúa Calvo Sotelo (fase 2).

3.11.2011

216.511,81

Addenda n.º 1 ao convenio de colaboración entre a Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas e o Concello de Cervo para a construción dunha praza en San Cibrao.

3.11.2011

899.999,98

Addenda n.º 1 ao convenio de colaboración entre a Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas e o Concello de Carnota para a execución da seguinte actuación: acondicionamento de espazos públicos no núcleo rural da Curra.

3.11.2011

250.000,00

Addenda n.º 1 ao convenio de colaboración entre a Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas e o Concello de Vilanova de Arousa para a execución da remodelación da contorna da capela de San Roque.

3.11.2011

174.120,80

Addenda n.º 1 ao convenio de colaboración entre a Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas e o Concello de Friol para a execución da rehabilitación da praza Andón Cebreiro.

3.11.2011

374.963,95

Addenda n.º 2 ao convenio de colaboración entre a Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas e o Concello de Miño para a execución da seguinte actuación: obras de remodelación da rúa Carreira de Miño.

24.11.2011

1.503.715,74

Convenio de colaboración entre a Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas, o Concello de Vigo e o Consorcio da Zona Franca de Vigo para a execución dunha infraestrutura viaria de conexión do segundo cinto de circunvalación de Vigo co polígono industrial de Matamá-Valadares.

24.11.2011

70.000,00

Addenda n.º 3 ao convenio de colaboración asinado o 25 de setembro de 2008 entre a Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Transportes e o Concello de Culleredo para a realización de diversas actuacións no concello.

30.12.2011

407.713,03

Addenda n.º 2 ao convenio de colaboración entre a Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas e o Concello de Ordes para a conexión da AC-524 polígono industrial de Ordes e conexión da AC-524-N-550.

30.12.2011

2.164.733,82

Addenda n.º 1 ao convenio de colaboración entre a Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas e o Concello de Lousame para a mellora de estradas no concello.

30.12.2011

1.300.000,00

Addenda n.º 1 ao convenio de colaboración entre a Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas e a Deputación Provincial de Ourense para o acondicionamento e novo trazado da estrada provincial OU-0502 Gustei (N-525)-Os Peares (N-120).

30.12.2011

2.178.717,61

Addenda n.º 1 ao convenio de colaboración entre a Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas e o Concello de Santa Comba para a execución dunha ponte sobre o río Xallas en San Salvador.

30.12.2011

375.590,17

Addenda n.º 1 ao convenio de colaboración entre a Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas e o Concello de Meis para levar a cabo a execución da obra de seguridade viaria e dotación de servizos na avenida Cambados.

30.12.2011

750.000,00