Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 50 Luns, 12 de marzo de 2012 Páx. 8790

III. Outras disposicións

Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas

RESOLUCIÓN do 20 de febreiro de 2012, da Secretaría Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental, pola que se lle dá publicidade ás axudas concedidas ao abeiro da Orde do 29 de decembro de 2010, pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión de axudas a entidades locais de Galicia para o financiamento de proxectos en materia de xestión de residuos, ao tempo que se fai pública a súa convocatoria para o ano 2011, cofinanciada polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional, no marco do Programa operativo Feder Galicia 2007-2013.

Por Orde do 29 de decembro de 2010 (DOG n.º 2, do 4 de xaneiro de 2011) a Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas fixo públicas as bases reguladoras para a concesión de axudas a entidades locais de Galicia para o financiamento de proxectos en materia de xestión de residuos, ao tempo que se fai pública a súa convocatoria para o ano 2011, cofinanciada polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional, no marco do Programa operativo Feder Galicia 2007-2013.

Segundo o establecido no artigo 25 das citadas bases reguladoras, coa finalidade de garantir o cumprimento dos principios de publicidade, concorrencia, obxectividade, transparencia, igualdade e non discriminación, de conformidade co previsto no artigo 15 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, serán obxecto de publicación no Diario Oficial de Galicia as axudas outorgadas ao abeiro da orde antes referida, expresando a convocatoria, programa e aplicación orzamentaria a que se imputen, os beneficiarios, as cantidades concedidas e a finalidade da subvención.

Cómpre sinalar que as actuacións referidas nos capítulos III-Das subvencións para a introdución de melloras na xestión e explotación dos puntos limpos así como noutras infraestruturas municipais destinadas á xestión de residuos e IV-Das subvencións para a prevención e recollida selectiva de residuos, da orde, están cofinanciadas nun 70% polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (Feder), ao abeiro do disposto no Regulamento (CE) 1080/2006, do Parlamento Europeo e do Consello, do 5 de xullo, relativo ao Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional; no Regulamento 1083/2006, do Consello, do 11 de xullo, polo que se establecen disposicións xerais relativas ao Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional, ao Fondo Social Europeo e ao Fondo de Cohesión así como no Regulamento (CE) 1828/2006, da Comisión, do 8 de decembro de 2006, polo que se fixan as normas de desenvolvemento do Regulamento 1083/2006.

As actuacións subvencionables están incluídas, segundo se sinala a continuación, no eixe 3, categoría de gasto 44, do Programa operativo Feder Galicia 2007-2013:

a) Subvencións para a introdución de melloras na xestión e explotación dos puntos limpos así como noutras infraestruturas municipais destinadas á xestión de residuos: 3.44.4.

b) Subvencións para a prevención e recollida selectiva de residuos: 3.44.6.

En consecuencia,

RESOLVO:

Publicar as axudas que se relacionan na táboa que se anexa, concedidas ao abeiro do seguinte:

a) Normas reguladoras da convocatoria:

– Orde do 29 de decembro de 2010 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión de axudas a entidades locais de Galicia para o financiamento de proxectos en materia de xestión de residuos, ao tempo que se fai pública a súa convocatoria para o ano 2011, cofinanciada polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional, no marco do Programa operativo Feder Galicia 2007-2013.

– Orde do 19 de xullo de 2011 pola que se modifica a Orde do 29 de decembro de 2010 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión de axudas a entidades locais de Galicia para o financiamento de proxectos en materia de xestión de residuos, ao tempo que se fai pública a súa convocatoria para o ano 2011, cofinanciada polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional, no marco do Programa operativo Feder Galicia 2007-2013.

– Orde do 10 de outubro de 2011 pola que se amplía o prazo de xustificación das subvencións convocadas ao abeiro da Orde do 29 de decembro de 2010 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión de axudas a entidades locais de Galicia para o financiamento de proxectos en materia de xestión de residuos, ao tempo que se fai pública a súa convocatoria para o ano 2011, cofinanciada polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional, no marco do Programa operativo Feder Galicia 2007-2013.

b) Aplicacións orzamentarias:

– 07.03.541D.760.1 para as actuacións subvencionables dos capítulos III e IV desta orde.

c) Finalidade da axuda: financiar proxectos en materia de xestión de residuos.

d) Destinatarios: entidades locais da Comunidade Autónoma de Galicia, tales como concellos, mancomunidades, deputacións provinciais e outras agrupacións de municipios legalmente constituídas.

Santiago de Compostela, 20 de febreiro de 2012.

Justo de Benito Basanta
Secretario xeral de Calidade e Avaliación Ambiental

ANEXO

Entidades beneficiarias e importes das axudas outorgadas

N.º expte.

Entidade solicitante

Actuación subvencionable

Importe da axuda

191

/11

A Bola

Xestión de residuos

2.308,08 €

91

/11

A Guarda

Puntos limpos

1.726,00 €

114

/11

Ames

Xestión de residuos

12.445,00 €

146

/11

As Pontes de García Rodríguez

Puntos limpos

7.105,06 €

6

/11

Baralla

Puntos limpos

7.775,58 €

46

/11

Bergondo

Xestión de residuos

8.757,46 €

57

/11

Boiro

Xestión de residuos

6.372,55 €

115

/11

Boqueixón

Xestión de residuos

3.500,00 €

184

/11

Cabana de Bergantiños

Xestión de residuos

17.497,70 €

201

/11

Cariño

Xestión de residuos

4.418,50 €

174

/11

Castro de Rei

Xestión de residuos

29.444,00 €

81

/11

Cerceda

Puntos limpos

5.630,00 €

204

/11

Cerdido

Xestión de residuos

7.982,00 €

141

/11

Cesuras

Xestión de residuos

5.689,75 €

92

/11

Coristanco

Xestión de residuos

8.858,75 €

142

/11

Cortegada

Puntos limpos

9.150,00 €

14

/11

Cotobade

Xestión de residuos

3.650,00 €

88

/11

Cuntis

Xestión de residuos

7.684,60 €

215

/11

Deputación de Ourense

Xestión de residuos

48.107,40 €

215

/11

Deputación de Ourense

Puntos limpos

13.344,72 €

215

/11

Deputación de Ourense-Unidade de Xestión A Mezquita, Viana do Bolo, Manc. Conso-Frieiras

Puntos limpos

2.997,34 €

215

/11

Deputación de Ourense-Unidade de Xestión Navea-Bibei

Puntos limpos

1.170,69 €

215

/11

Deputación de Ourense-Unidade de Xestión Santa Águeda

Puntos limpos

1.493,82 €

215

/11

Deputación de Ourense-Unidade de Xestión Baixa Limia

Puntos limpos

2.341,38 €

215

/11

Deputación de Ourense-Unidade de Xestión da Limia

Puntos limpos

2.017,90 €

215

/11

Deputación de Ourense-Unidade de Xestión Manc. Concello da Comarca de Verín

Puntos limpos

2.160,76 €

215

/11

Deputación de Ourense-Unidade de Xestión O Carballiño

Puntos limpos

1.170,69 €

59

/11

Foz

Puntos limpos

9.160,00 €

97

/11

Larouco

Xestión de residuos

12.180,00 €

32

/11

Laza

Xestión de residuos

6.255,00 €

112

/11

Mancomunidade de Concellos da Comarca de Ferrol

Puntos limpos

12.584,88 €

60

/11

Mancomunidade Voluntaria de Concellos da Comarca de Ourense

Puntos limpos

30.000,00 €

100

/11

Meis

Xestión de residuos

11.250,00 €

208

/11

Melide

Puntos limpos

10.110,00 €

94

/11

Mesía

Puntos limpos

4.679,00 €

116

/11

Miño

Puntos limpos

1.522,49 €

69

/11

Monforte de Lemos

Puntos limpos

5.696,79 €

101

/11

Muros

Puntos limpos

5.268,46 €

42

/11

Nogueira de Ramuín

Xestión de residuos

13.726,25 €

63

/11

O Carballiño

Puntos limpos

35.000,00 €

211

/11

O Pino

Xestión de residuos

10.060,00 €

158

/11

O Porriño

Xestión de residuos

17.880,00 €

149

/11

O Rosal

Xestión de residuos

7.880,00 €

108

/11

Ortigueira

Puntos limpos

9.900,00 €

76

/11

Ourense

Xestión de residuos

10.300,00 €

119

/11

Outeiro de Rei

Xestión de residuos

9.152,00 €

209

/11

Outes

Puntos limpos

7.220,00 €

179

/11

Oza dos Ríos

Puntos limpos

18.305,09 €

58

/11

Paderne de Allariz

Xestión de residuos

8.367,60 €

120

/11

Pantón

Xestión de residuos

12.000,00 €

125

/11

Piñor

Puntos limpos

4.598,77 €

22

/11

Ponte Caldelas

Xestión de residuos

3.636,24 €

80

/11

Quiroga

Puntos limpos

35.000,00 €

124

/11

Ribadeo

Puntos limpos

16.561,06 €

109

/11

Ribeira

Xestión de residuos

7.027,50 €

148

/11

Rodeiro

Puntos limpos

2.044,08 €

110

/11

Rois

Xestión de residuos

4.507,50 €

178

/11

Sanxenxo

Puntos limpos

29.544,96 €

203

/11

Silleda

Xestión de residuos

5.360,00 €

203

/11

Silleda

Puntos limpos

3.775,00 €

61

/11

Taboada

Puntos limpos

35.000,00 €

86

/11

Teo

Puntos limpos

11.523,47 €

84

/11

Val do Dubra

Xestión de residuos

1.000,00 €

167

/11

Vilardevós

Xestión de residuos

7.760,00 €