Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 50 Luns, 12 de marzo de 2012 Páx. 8902

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 4 de Reforzo da Coruña

EDICTO (171/2010).

Marta Yanguas del Valle, secretaria do Xulgado do Social número 4 de reforzo da Coruña, fai saber que nos autos rexistrados co n.º 171/2010 se ditou a resolución co encabezamento e decisión seguintes:

«Sentenza.

A Coruña, 13 de febreiro de 2012.

Ana Rodríguez Piorno, maxistrada-xuíza do Xulgado do Social número 4 (reforzo) da Coruña, ditou a presente resolución nos autos de procedemento sobre reclamación de cantidade 171/2010, sendo demandante Olga María Bel Diez, asistida polo letrado Sr. Losada Vasallo, e demandada a empresa Bemar Obras y Proyectos, S.L.

Dispoño:

Que debo estimar e estimo a demanda interposta por parte de Olga María Bel Diez contra a empresa Bemar Obras e Proyectos, S.L. e, en consecuencia, condeno esta última a aboarlle a Olga María Bel Diez a cantidade de 1.450,37 euros que lle debe.

Notifíqueselle a presente sentenza ás partes.

Contra esta resolución non cabe interpoñer ningún recurso.

Así o pronuncio, mando e asino.

Publicación. A anterior sentenza foi lida e publicada pola maxistrada-xuíza que a subscribe no día de hoxe, do que eu, a secretaria xudicial, dou fe».

E para que sirva de notificación a Bemar Obras y Proyectos, S.L., expídese o presente edicto para a súa publicación no Diario Oficial de Galicia e colocación no taboleiro de anuncios.

A Coruña, 16 de febreiro de 2012.

A secretaria xudicial