Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 50 Luns, 12 de marzo de 2012 Páx. 8901

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 1 de Reforzo da Coruña

EDICTO (613/2011).

María Mercedes Santos García, secretaria xudicial de reforzo do Xulgado do Social número 1 da Coruña, fago saber que no procedemento de demanda 613/2011, seguido neste xulgado, se ditou sentenza cuxo encabezamento e decisión son do teor literal seguinte:

«A Coruña, vinte de xaneiro de dous mil doce. Vistos por Montserrat Matos Salgado, maxistrada xuíza substituta do Xulgado do Social número 1 (reforzo) da Coruña e o seu partido, os presentes autos de xuízo número 613/2011, seguidos por instancia de Jorge Leis Rodríguez, asistido polo letrado Sr. Pozzo-Citro Comesaña contra a empresa Utillajes Coruña, S.L., en rebeldía procesual, e contra o Fogasa, que non comparece, versando a litis sobre reclamación de salarios.

Decido que estimando integramente a demanda formulada por Marian-George Rucsanda, asistido polo letrado Sr. Pozzo-Citro Comesaña contra a empresa Demoliciones Expósito, S.L., en rebeldía procesual, e contra o Fogasa, que non comparece, debo condenar e condeno a demandada a aboarlle á demandante a suma de 1.737,29 euros, no sentido exposto no fundamento primeiro, incrementada cos xuros moratorios pertinentes. Así mesmo, debo absolver o Fogasa sen prexuízo da súa responsabilidade subsidiaria nos supostos previstos no artigo 33 do ET. Notifíqueselles esta resolución ás partes, ás cales se fará saber que en virtude do disposto no artigo 191.2.g) da Lei 36/2011, do 11 de outubro, reguladora da xurisdición social, non cabe recurso contra ela».

E para que sirva de notificación en legal forma a Utillajes Coruña, S.L., en ignorado paradoiro, expido a presente para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

A Coruña, 16 de febreiro de 2012.

A secretaria xudicial