Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 58 Venres, 23 de marzo de 2012 Páx. 10230

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria

ANUNCIO do 6 de marzo de 2012, do Servizo de Vixilancia e Inspección, polo que se notifica a resolución de caducidade do expediente sancionador S-P-28.11, en materia de protección do patrimonio cultural de Galicia.

De conformidade co disposto no artigo 59.5.º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, notifícaselle á persoa que se relaciona no anexo a resolución de caducidade do expediente sancionador por infracción da Lei 8/1995, do 30 de outubro, do patrimonio cultural de Galicia.

Contra esta resolución, que non pon fin á vía administrativa, poderán os interesados interpoñer recurso de alzada ante o conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, de conformidade co disposto no artigo 115 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

Os interesados poderán examinar o expediente no Servizo de Patrimonio Cultural da Xefatura Territorial da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria en Pontevedra.

Santiago de Compostela, 6 de marzo de 2012.

Roberto Pena Puentes
Xefe do Servizo de Vixilancia e Inspección

ANEXO

N.º de expediente: S-P-28.11.

Interesado: Áridos Ecológicos, S.L.U.

Último enderezo coñecido: lugar da Reigosa, 43, Tourón, 36828 Ponte Caldelas.

Feitos imputados: vertedura de entullos na área de exclusión do petróglifo da Raña, no lugar da Reigosa, parroquia de Tourón, sen contar coa autorización previa e preceptiva da Dirección Xeral do Patrimonio Cultural.

Tipificación: artigo 91.h) da Lei 8/1995, do 30 de outubro, do patrimonio cultural de Galicia.

Precepto sancionador: artigo 95 da Lei 8/1995, do 30 de outubro, do patrimonio cultural de Galicia.