O 19 de xaneiro de 2012, a xefa territorial da Consellería de Sanidade de Lugo ditou a resolución do expediente sancionador n.º S-73/2011 incoado na Xefatura Territorial da Consellería de Sanidade de Lugo a Durminiento, S.L.L. (Albergue O Durmiñento).
Intentada a notificación da resolución segundo o disposto no artigo 59 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, e non sendo posible a súa práctica, por medio desta cédula, e ao abeiro do disposto no número 5 do devandito artigo, notifícase a Durminiento, S.L.L. (Albergue O Durmiñento) o contido da dita resolución que figura como anexo, para que poida ter coñecemento dela.
Así mesmo, fáiselle saber o dereito que o asiste para interpoñer recurso de alzada ante a conselleira de Sanidade no prazo dun mes, contado desde o día seguinte ao da publicación desta cédula, segundo establece o artigo 115 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, lembrándolle o seu dereito a consultar o expediente depositado nas dependencias desta xefatura, sita na rúa Montevideo número 9 Lugo e a obter, de ser o caso, copia do expediente, segundo o previsto na letra a) do artigo 35 da citada Lei 30/1992, do 26 de novembro.
En caso de conformidade co contido desta resolución o aboamento voluntario da sanción poderá facerse no seguinte prazo: 1) as notificadas entre os días 1 e 15 de cada mes, desde a data da notificación ata o día 20 do mes posterior ou, se este non for hábil, ata o inmediato día hábil seguinte, e 2) as notificadas entre os días 16 e último de cada mes, desde a data da notificación ata o día 5 do segundo mes posterior ou, se este non for hábil, ata o inmediato día hábil seguinte; todo isto mediante o ingreso que poderá efectuar en calquera oficina de NCG Banco, S.A. (Novacaixagalicia); en BBVA transacción 1316, NIF S1511001H, ou en Banesto, empregando os impresos normalizados que se lle facilitarán nas dependencias desta xefatura territorial. O pagamento voluntario porá fin ao expediente. De non facelo así, procederase ao seu cobramento pola vía de constrinximento.
Esta cédula expídese para que conste e lle sirva de notificación ao/á interesado/a, en cumprimento do disposto no artigo 59.5.º da Lei 30/1992, do 26 de novembro.
Lugo, 13 de febreiro de 2012.
Purificación Rivas Varela
Xefa territorial de Lugo
ANEXO
N.º de expediente: S-73/2011.
Interesada: Durminiento, S.L.L. (Albergue O Durmiñento).
DNI/NIF/CIF: B27284488.
Último enderezo coñecido: rúa Maior, número 44, de Sarria (Lugo).
Feitos imputados: infracción á lexislación aplicable en materia sanitaria.
Artigos infrinxidos:
– Artigos 5, 7.1.b), 8.2, 14.1.c) e alínea A.a) do anexo 3 do Real decreto 865/2003, do 4 de xullo, polo que se establecen os criterios hixiénico-sanitarios para a prevención e control da lexionellose.
– Artigo 35.a.3.ª da Lei 14/1986, do 25 de abril, xeral de sanidade.
– Artigo 41.h) da Lei 8/2008, do 10 de xullo, de saúde de Galicia.
Tipificación: leve.
Sanción imposta: seiscentos euros (600,00 €).