Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 58 Venres, 23 de marzo de 2012 Páx. 10169

III. Outras disposicións

Consellería do Medio Rural e do Mar

RESOLUCIÓN do 15 de marzo de 2012, da Dirección Xeral de Desenvolvemento Pesqueiro, pola que se convocan exames ordinarios teóricos e prácticos para a obtención das titulacións que habilitan para o goberno das embarcacións de lecer e motos náuticas na Comunidade Autónoma de Galicia.

De conformidade co establecido na Orde da Consellería de Pesca e Asuntos Marítimos do 8 de xaneiro de 2009, pola que se establecen as condicións e regulan os requisitos para a obtención dos títulos que habilitan para o goberno das embarcacións de lecer na Comunidade Autónoma de Galicia (DOG núm. 11, do 16 de xaneiro), e no Real decreto 259/2002, do 8 de marzo, polo que se actualizan as medidas de seguridade na utilización das motos náuticas (BOE núm. 61, do 12 de marzo), esta dirección xeral, no uso das facultades que lle confire o Decreto 46/2012, do 19 de xaneiro, polo que se establece a estrutura orgánica da Consellería do Medio Rural e do Mar e do Fondo Galego de Garantía Agraria (DOG núm. 16, do 24 de xaneiro), convoca exames teóricos e prácticos ordinarios para a obtención dos títulos de patrón para navegación básica, patrón de embarcacións de lecer, patrón de iate, capitán de iate, patrón de moto náutica A e patrón de moto náutica B, de acordo coas seguintes bases da convocatoria:

1. Normas xerais. Os exames teóricos e prácticos serán realizados por aqueles tribunais que se constitúan de conformidade co establecido no artigo 3 da Orde do 28 de novembro de 2007, pola que se regula a composición dos tribunais para a obtención de titulacións marítimo-pesqueiras e náutico-deportivas e a derrogación de determinados preceptos das ordes do 30 de xullo e do 8 de setembro de 1998 (DOG núm. 243, do 18 de decembro de 2007).

2. Solicitudes. Os candidatos solicitarán a súa admisión ao exame teórico ou práctico mediante a instancia dirixida ao presidente do tribunal do centro oficial de ensino pesqueiro onde realizará o exame cubrindo o modelo de solicitude do procedemento PE616C, que figura como anexo I da Orde do 8 de xaneiro de 2009. O modelo de solicitude facilitarase nas oficinas da Dirección Xeral de Desenvolvemento Pesqueiro, nas xefaturas territoriais, nas xefaturas de Coordinación da Área do Mar e nas xefaturas comarcais da Consellería do Medio Rural e do Mar, e tamén na epígrafe de procedementos da Guía do cidadán na oficina virtual http://www.xunta.es/portada

Á solicitude deberán unirse os seguintes documentos:

a) Unha fotografía recente tamaño carné.

b) Dar o consentimento expreso para comprobar os datos de identidade mediante consulta ao Sistema de Verificación de Datos, de acordo co Decreto 255/2008, do 23 de outubro, polo que se simplifica a documentación para a tramitación dos procedementos administrativos e se fomenta a utilización dos medios electrónicos, e a Orde do 7 de xullo de 2009 pola que se desenvolve o antedito decreto. De non dar este consentimento, presentará unha copia do DNI ou NIE.

c) Recoñecemento médico, no caso de que sexa necesario, de acordo co disposto na Resolución do 11 de xaneiro de 2010, da Dirección Xeral da Mariña Mercante, sobre a acreditación da aptitude psicofísica para o manexo de embarcacións de lecer (BOE núm. 40, do 15 de febreiro).

Non será necesario realizar o dito recoñecemento se transcorreu un período menor de dous anos desde a data de obtención ou renovación de calquera título, ou desde a realización de calquera outro exame de lecer.

d) Pagamento das taxas correspondentes que terán que aboarse no momento da inscrición das probas de exame. A solicitude non se tramitará ata non ter efectuado o pagamento.

As taxas polos dereitos de exame das distintas titulacións de lecer, segundo o establecido na Lei 6/2003, do 9 de decembro, e na Lei 11/2011, do 26 de decembro, de orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia, son as seguintes:

d.1) Exames teóricos:

– Patrón para navegación básica: 29,45 euros.

– Patrón de embarcacións de lecer: 37,91 euros.

– Patrón de iate: 53,11 euros.

– Capitán de iate: 64,45 euros.

– Patrón de moto náutica A ou B: 28,60 euros.

d.2) Exames prácticos:

– Patrón para navegación básica: 73,59 euros.

– Patrón de embarcacións de lecer: 73,59 euros.

– Patrón de iate: 110,40 euros.

– Capitán de iate: 110,40 euros.

e) Os candidatos que se presenten ao exame teórico ou práctico de patrón de iate ou de capitán de iate deberán presentar copia de estar en posesión do título anterior, se o fixeron fóra da Comunidade Autónoma de Galicia.

f) Os candidatos que teñan superada unha parte do programa de patrón de iate ou de capitán de iate fóra da Comunidade Autónoma de Galicia deberán presentar xunto coa solicitude de exame, copia do certificado orixinal do último exame realizado, e solicitar a validación das materias aprobadas en anteriores convocatorias.

g) A non presentación ao exame teórico ou práctico, salvo por enfermidade, debidamente xustificada e no prazo máximo de tres días hábiles, con posterioridade ao exame, non dará lugar ao cambio da matrícula para unha próxima convocatoria das que figuran no anexo I. Soamente se poderán realizar cambios de matrícula nas circunstancias anteriores para o ano 2012 e antes da última convocatoria fixada para el.

h) Unha vez finalizado o prazo de solicitude de matrícula, farase pública a lista provisional de alumnos admitidos e excluídos na páxina web da Consellería do Medio Rural e do Mar (http://www.medioruralemar.xunta.es/), e nos taboleiros de anuncios de cada centro oficial de ensino pesqueiro, dando un prazo de 10 días hábiles para que os alumnos excluídos poidan emendar as deficiencias, de acordo co disposto no artigo 71.1 da Lei 30/1992, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro (BOE núm. 285, do 27 de novembro de 1992).

3. Presentación de solicitudes. As solicitudes para tomar parte nos exames teóricos e prácticos poderán presentarse directamente nos centros oficiais de ensino pesqueiro onde o alumno se examina, ou ben nos lugares indicados no artigo 38.4 da Lei 30/1992 e remitiranse aos respectivos tribunais de exame unha vez que estean constituídos.

4. Lugares de exame. Os exames teóricos e prácticos terán lugar nas datas e nos centros que figuran no anexo I.

5. Tribunais. Os tribunais para a realización das probas serán nomeados pola Dirección Xeral de Desenvolvemento Pesqueiro, unha vez coñecido o número de candidatos presentados aos exames nas distintas titulacións.

6. Desenvolvemento das probas. Os lugares de realización das probas, así como as horas de inicio dos exames teóricos e prácticos, serán anunciados polos presidentes dos tribunais nos taboleiros de anuncios de cada centro e na páxina web da Consellería do Medio Rural e do Mar.

7. Resultados dos exames. Rematados os exames teóricos, os secretarios dos tribunais publicarán no taboleiro de anuncios do centro unha copia do exame e a folla coas respostas correctas co fin de que os interesados poidan comprobar o resultado provisional do seu exame. Realizadas as probas de seguridade e navegación do exame práctico, o presidente do tribunal comunicará ao interesado o seu resultado coa cualificación de apto ou non apto. Unha vez corrixidos os exames teóricos e realizadas as probas prácticas, o tribunal fará públicas no taboleiro de anuncios do centro as listas provisionais das cualificacións, así como na páxina web da Consellería do Medio Rural e do Mar, e dará un prazo de dez días hábiles para que os candidatos presenten por escrito as reclamacións que consideren oportunas, debidamente razoadas, acompañadas da seguinte documentación:

– Dar o consentimento expreso para comprobar os datos de identidade mediante consulta ao Sistema de Verificación de Datos, de acordo co Decreto 255/2008, do 23 de outubro, polo que se simplifica a documentación para a tramitación dos procedementos administrativos e se fomenta a utilización dos medios electrónicos, e a Orde do 7 de xullo de 2009 pola que se desenvolve o antedito decreto. De non dar este consentimento, presentará unha copia do DNI ou NIE.

– Nome e apelidos.

– Domicilio, localidade e código postal.

As reclamacións terán que ir dirixidas ao secretario do tribunal. Serán desestimadas de oficio as reclamacións en que falten algúns dos requisitos sinalados anteriormente. Resoltas as reclamacións, se as houber, os secretarios dos tribunais elevarán as listas a definitivas.

8. Norma final. A presente convocatoria e cantos actos administrativos deriven dela poderán ser impugnados nos casos e forma previstos na Lei 30/1992.

Santiago de Compostela, 15 de marzo de 2012.

Susana Rodríguez Carballo
Directora xeral de Desenvolvemento Pesqueiro

ANEXO I
Convocatoria de maio

Titulacións, datas e centros de realización de exames teóricos e prácticos ordinarios para o ano 2012.

Para as titulacións:

Patrón para navegación básica (PNB).

Patrón de embarcacións de lecer (PEL).

Patrón de iate (PI).

– Datas:

Inicio de matrícula: 2 de abril.

Peche de matrícula: 20 de abril.

Data de exame teórico:

Patrón para navegación básica: 21 de maio.

Patrón de embarcacións de lecer: 22 de maio.

Patrón de iate: 23-24 de maio.

Data de exame práctico: 30 de maio.

– Centros:

Instituto Politécnico Marítimo-Pesqueiro do Atlántico de Vigo.

(Avda. Beiramar, 55, 36202 Vigo. Teléf.: 986 23 56 09).

Escola Oficial Náutico-Pesqueira de Ferrol.

(R/ 19 de Febreiro, 30-34, 15405 Ferrol. Teléf.: 981 37 01 79).

Escola Oficial Náutico-Pesqueira de Ribeira.

(R/ Praia de Coroso s/n, 15950 Ribeira. Teléf.: 981 87 44 76).

Para as titulacións de:

Capitán de iate (CI).

Patrón de moto náutica A ou B.

– Datas:

Inicio de matrícula: 2 de abril.

Peche de matrícula: 20 de abril.

Data de exame teórico:

Capitán de iate: 28-29 de maio.

Patrón de moto náutica A ou B: 25 de maio.

Data de exame práctico: 30-31 de maio.

– Centro:

Instituto Politécnico Marítimo-Pesqueiro do Atlántico de Vigo.

(Avda. Beiramar, 55, 36202 Vigo. Teléf.: 986 23 56 09).

Convocatoria de setembro

Titulacións, datas e centros de realización de exames teóricos e prácticos ordinarios para o ano 2012.

Para as titulacións:

Patrón para navegación básica (PNB).

Patrón de embarcacións de lecer (PEL).

Patrón de iate (PI).

– Datas:

Inicio de matrícula: 16 de xullo.

Peche de matrícula: 2 de agosto.

Data de exame teórico:

Patrón para navegación básica: 3 de setembro.

Patrón de embarcacións de lecer: 5 de setembro.

Patrón de iate: 6-7 setembro.

Data de exame práctico: 14 de setembro.

– Centros:

Instituto Politécnico Marítimo-Pesqueiro do Atlántico de Vigo.

(Avda. Beiramar, 55, 36202 Vigo. Teléf.: 986 23 56 09).

Escola Oficial Náutico-Pesqueira de Ferrol.

(R/ 19 de Febreiro, 30-34, 15405 Ferrol. Teléf.: 981 37 01 79).

Escola Oficial Náutico-Pesqueira de Ribeira.

(R/ Praia de Coroso s/n, 15950 Ribeira. Teléf.: 981 87 44 76).

Para a titulación:

Capitán de iate (CI).

– Datas:

Inicio de matrícula: 16 de xullo.

Peche de matrícula: 2 de agosto.

Data de exame teórico:

Capitán de iate: 10-11 de setembro.

Data de exame práctico: 14 de setembro.

– Centro:

Instituto Politécnico Marítimo-Pesqueiro do Atlántico de Vigo.

(Avda. Beiramar, 55, 36202 Vigo. Teléf. 986 23 56 09).