Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 58 Venres, 23 de marzo de 2012 Páx. 10164

III. Outras disposicións

Consellería do Medio Rural e do Mar

ORDE do 8 de marzo de 2012 pola que se modifica a Orde do 8 de setembro de 2006 pola que se declaran e se clasifican as zonas de produción de moluscos bivalvos e outros invertebrados mariños nas augas de competencia da Comunidade Autónoma de Galicia.

O Regulamento (CE) n.º 853/2004 do Parlamento Europeo e do Consello, do 29 de abril, polo que se establecen normas específicas de hixiene dos alimentos de orixe animal, establece no punto 1 da epígrafe A do capítulo II da sección VII do anexo III que só se poderán recoller moluscos bivalvos vivos en zonas de produción con localización e límites fixos, clasificados pola autoridade competente como pertencentes á clase A, B ou C consonte o Regulamento (CE) n.º 854/2004 do Parlamento e do Consello, do 29 de abril, polo que se establecen as normas específicas para a organización de controis oficiais dos produtos de orixe animal destinados ao consumo humano.

O Regulamento (CE) n.º 854/2004 do Parlamento Europeo e do Consello, do 29 de abril, polo que se establecen normas específicas para a organización dos controis oficiais dos produtos de orixe animal destinados ao consumo humano, establece na epígrafe A do capítulo II do anexo II as condicións para a clasificación das zonas de produción e reinstalación de moluscos bivalvos vivos.

A localización e os límites das zonas de produción e de reinstalación clasificadas corresponden á Consellería do Medio Rural e do Mar.

A Orde do 8 de setembro de 2006, pola que se declaran e clasifican as zonas de produción de moluscos bivalvos e outros invertebrados mariños nas augas de competencia da Comunidade Autónoma de Galicia foi modificada pola Orde do 19 de xullo de 2010 como consecuencia dunha profunda revisión dos resultados das análises e controis efectuados nas diferentes zonas de produción e, posteriormente, polas ordes do 14 de marzo de 2011, do 6 de xullo de 2011, do 28 de xullo de 2011 e do 23 de novembro de 2011. Os controis para garantir a idoneidade dos produtos extraídos delas son realizados pola Consellería do Medio Rural e do Mar a través do Instituto Tecnolóxico para o Control do Medio Mariño de Galicia (Intecmar).

O artigo 6 da Orde do 8 de setembro de 2006 establece que cando as análises e controis efectuados nas zonas de produción clasificadas como B ou C demostren o cumprimento de todos os parámetros exixidos durante os períodos establecidos, a Consellería do Medio Rural e do Mar procederá a revisar a clasificación da devandita zona. Igualmente, poderá establecer novas zonas ou subzonas de produción, se se comproba que as medidas de mellora establecidas provocan a redución da contaminación ou ben que novos impactos provocan un aumento desta, e as análises realizadas en distintas áreas desa zona de produción presentan niveis de E. coli que permitan establecer novas clasificacións dentro da zona de produción.

Nos resultados dos controis realizados nas distintas zonas de produción detectouse que hai niveis de E. coli que ofrecen resultados diferentes aos que determinaron a clasificación e a delimitación das zonas establecidas no anexo I e representadas nos mapas do anexo II da Orde do 19 de xullo de 2010 que modifica a Orde do 8 de setembro de 2006.

En virtude do exposto anteriormente,

DISPOÑO:

Artigo único. Modificación da Orde do 8 de setembro de 2006 pola que se declaran e se clasifican as zonas de produción de moluscos bivalvos e outros invertebrados mariños nas augas de competencia da Comunidade Autónoma de Galicia.

A Orde do 8 de setembro de 2006, pola que se declaran e clasifican as zonas de produción de moluscos bivalvos e outros invertebrados mariños nas augas de competencia da Comunidade Autónoma de Galicia, queda modificada como segue:

Un. O anexo I (moluscos bivalvos) no que se refire aos límites e clasificación das zonas de produción GAL 07/03 «Parte externa da ría de Corcubión» e GAL 11/01 «Parte externa da ría de Vigo» queda redactado do seguinte xeito:

Clave

Área de produción

Límites da zona

Coordenadas

UTM (ED-50)

Clase

Comentario

GAL 07/03

GAL 07/03-1

Parte media da ría de Corcubión

Zona comprendida entre a liña imaxinaria que une o peirao de Corcubión e a pta. da barra de Brens e a liña imaxinaria que une pta. Cardeal e pta. Ameixenda.

(484660,4754825)

(485920,4754605)

(485098,4753220)

(486182,4753380)

C

Estable

GAL 07/03-2

Parte externa da ría de Corcubión

Zona comprendida entre a liña imaxinaria que une pta. Cardeal e pta. Ameixenda e a liña imaxinaria que une o faro do cabo de Cee e pta. Galera.

(485098,4753220)

(486182,4753380)

(485115,4751705)

(487005,4751240)

B

Provisional

GAL 11/01

GAL 11/01-1

Parte externa da ría de Vigo

Zona desde cabo de Home ata A Guarda, incluíndo o arquipélago das illas Cíes, agás as zonas media e interna da ría, as enseadas de Barra, Moaña, Arcade, Larache e Baiona e o esteiro do río Miñor.

(510525,4678235)

(510600,4635555)

B

Estable

GAL 11/01-2

Enseada de Barra

Zona interna da enseada de Barra delimitada pola liña imaxinaria que une pta. Subrido coa pta. Corbeiro dos Castros.

(511385,4677315)

(514053,4677952)

A

Provisional

Dous. O anexo II (moluscos bivalvos), no que se refire aos mapas para as zonas de produción GAL 07/03 e GAL11/01, queda tal e como se indica nos mapas que se xuntan a esta orde.

Disposición derradeira.

Esta orde entrará en vigor o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 8 de marzo de 2012.

P.A. (Decreto 83/2012, do 29 de febreiro; DOG número 44, do 2 de marzo)
Alfonso Rueda Valenzuela
Conselleiro de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza

missing image file
missing image file