Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 60 Martes, 27 de marzo de 2012 Páx. 10748

IV. Oposicións e concursos

Consellería de Facenda

ORDE do 21 de marzo de 2012 pola que se eleva a definitiva a proposta da aspirante que superou o proceso selectivo para o ingreso, pola quenda de promoción interna e cambio de categoría, na categoría 050 (técnico/a especialista en xardín de infancia), do grupo III de persoal laboral fixo da Xunta de Galicia, en execución da sentenza ditada polo Xulgado do Social n.º 2 de Lugo o 8 de xuño de 2007 nos autos 116/2007.

De conformidade co disposto na base V da convocatoria para o acceso á categoría 050 (técnico/a especialista en xardín de infancia), do grupo III do persoal laboral fixo da Xunta de Galicia, pola quenda de promoción interna e cambio de categoría, aprobada en virtude da Orde do 19 de decembro de 2003 (DOG n.º 252, do 30 de decembro), e unha vez remitida polo tribunal a proposta da aspirante que superou o dito proceso selectivo, en execución da sentenza ditada polo Xulgado do Social número 2 de Lugo o 8 de xuño de 2007 nos autos número 116/2007, esta consellería

DISPÓN:

Primeiro. Elevar a definitiva a proposta do tribunal sobre a aspirante que superou en execución de sentenza o proceso selectivo da categoría 050 (técnico/a especialista en xardín de infancia), do grupo III do persoal laboral fixo da Xunta de Galicia, pola quenda de promoción interna e cambio de categoría, que se relaciona como anexo a esta orde.

Segundo. A aspirante deberá remitir, no prazo de 20 días contados a partir do día seguinte ao da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia, á Dirección Xeral da Función Pública, os documentos a que se refire a base V da orde de convocatoria.

Terceiro. Contra esta orde, que pon fin á vía administrativa, poderase interpor, con carácter potestativo, recurso de reposición ante a conselleira de Facenda no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia, ou directamente recurso contencioso-administrativo no prazo de dous meses contados desde o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, ante o Xulgado do Contencioso-Administrativo de Santiago de Compostela, conforme o disposto na Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Santiago de Compostela, 21 de marzo de 2012.

Elena Muñoz Fonteriz
Conselleira de Facenda

ANEXO

NIF

Apelidos e nome

1.º exercicio

2.º exercicio

Concurso

Total

33829344R

Díaz López, María Josefa

13,5

14,5

5,06

33,06