Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 60 Martes, 27 de marzo de 2012 Páx. 10792

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Traballo e Benestar

RESOLUCIÓN do 9 de marzo de 2012, da Dirección Xeral de Relacións Laborais, pola que se empraza a empresa Tecnifont, S.C. no recurso contencioso-administrativo, procedemento abreviado 422/2011, interposto pola empresa FCC Construcciones, S.A.

Intentada a notificación persoal e devolta polo servizo de Correos por resultar imposible a súa práctica, de conformidade co disposto nos artigos 59.5 e 61 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, parcialmente modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, mediante esta resolución notifícaselle á empresa Tecnifont, S.C. o emprazamento no recurso contencioso-administrativo, procedemento abreviado 422/2011, interposto pola empresa FCC Construcciones, S.A.

A Dirección Xeral de Relacións Laborais recibiu do Xulgado do Contencioso-Administrativo número 1 da Coruña providencia pola que se admite a trámite a demanda correspondente ao recurso contencioso-administrativo, procedemento abreviado 422/2011, interposto pola empresa FCC Construcciones, S.A. contra a Resolución do 22 de setembro de 2011, da Dirección Xeral de Relacións Laborais, e recaída no expediente sancionador na orde social n.º 2003/0712-1, acta de infracción n.º 1603/2003/1/H.

En consecuencia, esta dirección xeral acordou, de conformidade co disposto no artigo 49 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa, a remisión do correspondente expediente administrativo ao referido xulgado, polo que se notifica e empraza a empresa Tecnifont, S.C. para que nun prazo de nove (9 días), contados desde o seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia, se o considera conveniente, poida comparecer en autos mediante procurador con asistencia de letrado ou valéndose tan só de avogado con poder para efecto. De comparecer fóra do indicado prazo, terase como parte, sen que por iso deba retrotraerse nin interromperse o curso do procedemento e se non comparecese oportunamente continuará o procedemento polos seus trámites, sen que teña que practicarlle notificación de ningunha clase.

Santiago de Compostela, 9 de marzo de 2012.

Odilo Martiñá Rodríguez
Director xeral de Relacións Laborais