Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 61 Mércores, 28 de marzo de 2012 Páx. 10946

V. Administración de xustiza

Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (Sala do Social)

EDICTO (RSU 1582/2008 CRS).

Secretaria: María Asunción Barrio Calle.

Nas actuacións de recurso de suplicación número 1582/2008 CRS ás cales se refire o encabezamento, seguidas ante a Sala do Social deste Tribunal Superior de Xustiza, dimanantes dos autos número 773/2005 do Xulgado do Social número 4 da Coruña, promovidos por Mutua Asepeyo contra o Instituto Nacional da Seguridade Social, Tesouraría Xeral da Seguridade Social, Telecomunicaciones, S.L. e herdeiros de Antonio Millares García Conde, sobre reintegro de prestacións, con data dez de febreiro de dous mil doce ditouse a resolución cuxa parte dispositiva é do seguinte teor literal:

«Que considerando o recurso de suplicación interposto pola representación procesual da Mutua Asepeyo contra a sentenza de data 15 de xaneiro de 2008, ditada polo Xulgado do Social número 4 desta capital, nos presentes autos 773/2005, tramitados por instancia da referida recorrente, fronte aos demandados o Instituto Nacional da Seguridade Social, a Tesouraría Xeral da Seguridade Social, a empresa P17 Telecomunicaciones, S.L., así como fronte aos herdeiros legais do traballador falecido Antonio Millares García-Conde, revogamos a dita sentenza, e con estimación da demanda, declaramos a responsabilidade directa da citada empresa demandada P17 Telecomunicaciones, S.L., ao pagamento das diferenzas resultantes por infracotización, que ascenden á suma de vinte e nove mil trescentos setenta e catro con oitenta e sete euros (29.734,87 €), coa responsabilidade subsidiaria do Instituto Nacional da Seguridade Social e da Tesouraría Xeral da Seguridade Social. Déase aos depósitos e consignacións efectuados pola Mutua para recorrer o destino legal.

Notifíqueselles esta resolución ás partes e á Fiscalía do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, facéndolles saber que contra esta só cabe recurso de casación para unificación de doutrina, que se preparará por escrito ante esta Sala do Social dentro dos dez días seguintes á notificación desta sentenza e de acordo co disposto na Lei reguladora da xurisdición social. Se a recorrente non estiver exenta de depósito e consignación para recorrer, deberá ingresar:

– A cantidade obxecto de condena na c/c desta sala no Banco Banesto, número 1552 0000 80 (n.º de recurso) (dúas últimas cifras do ano).

– O depósito de 600 euros na c/c desta sala número 1552 0000 35 (n.º de recurso) (dúas últimas cifras do ano).

Unha vez firme, expídase certificación para constancia no rolo que se arquivará neste tribunal, incorporándose o orixinal ao correspondente libro de sentenzas, logo de devolución dos autos ao xulgado do social de procedencia.

Advírteselle á parte en ignorado paradoiro que, a partir deste momento, se lle efectuarán as notificacións en estrados, salvo que se trate de autos, sentenzas ou emprazamentos, de acordo co prevido no artigo 59 da Lei de procedemento laboral.

Así, por esta a nosa sentencia, pronunciámolo, mandámolo e asinámolo».

E para que así conste para os efectos da súa publicación no DOG co fin de que sirva de notificación en forma aos herdeiros de Antonio Millares García Conde, con último domicilio coñecido na r/ Juan Varela 14-1.º B, A Coruña, coa advertencia de que as seguintes comunicacións se farán en estrados, salvo as que deban revestir forma de auto ou sentenza ou se trate de emprazamento, expido e asino o presente edicto.

A Coruña, 5 de marzo de 2012.

A secretaria xudicial