Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 61 Mércores, 28 de marzo de 2012 Páx. 10948

V. Administración de xustiza

Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (Sala do Social)

EDICTO (RSU 3772/2008 CRS).

Nas actuacións de recurso de suplicación número 3772/2008 CRS ás cales se refire o encabezamento, seguidas ante a Sala do Social deste Tribunal Superior de Xustiza, dimanantes dos autos número 641/2007 do Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela, promovidos por Domingo Ferreira Fernández contra Grupo Oya Pérez, S.L. e outros, sobre incapacidade temporal, con data vinte e un de decembro de dous mil once, ditouse a resolución cuxa parte dispositiva é do seguinte teor literal:

«Que desestimando o recurso de suplicación interposto polo demandado Instituto Social da Mariña contra a sentenza ditada polo Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela, nos presentes autos tramitados por instancia do demandante Domingo Ferreira Fernández fronte á entidade xestora recorrente e os tamén demandados Tesouraría Xeral da Seguridade Social e a empresa Grupo Oya Pérez, S.L., debemos confirmar e confirmamos a dita sentenza.

Notifíqueselles esta resolución ás partes e á Fiscalía do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, facéndolles saber que contra esta só cabe recurso de casación para unificación de doutrina, que se preparará por escrito ante esta Sala do Social, dentro dos dez días seguintes á notificación desta sentenza e de acordo co disposto na Lei reguladora da xurisdición social. Se a recorrente non estiver exenta de depósito e consignación para recorrer, deberá ingresar:

– A cantidade obxecto de condena na c/c desta sala no Banco Banesto, número 1552 0000 80 (n.º de recurso) (dúas últimas cifras do ano).

– O depósito de 600 euros na c/c desta sala número 1552 0000 35 (n.º de recurso) (dúas últimas cifras do ano).

Unha vez firme, expídase certificación para constancia no rolo que se arquivará neste tribunal e incorporarase o orixinal ao correspondente libro de sentenzas, logo de devolución dos autos ao Xulgado do Social de procedencia.

Advírteselle á parte en ignorado paradoiro que, a partir deste momento, se lle efectuarán as notificacións en estrados, salvo que se trate de autos, sentenzas ou emprazamentos, de acordo co prevido no artigo 59 da Lei de procedemento laboral».

E para que así conste para os efectos da súa publicación no DOG, co fin de que sirva de notificación en forma a Grupo Oya Pérez, S.L., con último domicilio coñecido na r/ San Francisco 57-1.º 36202, Vigo, coa advertencia de que as seguintes comunicacións se farán en estrados, salvo as que deban revestir forma de auto ou sentenza ou se trate de emprazamento, expido e asino o presente edicto.

A Coruña, 5 de marzo de 2012.

A secretaria xudicial