Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 61 Mércores, 28 de marzo de 2012 Páx. 10950

V. Administración de xustiza

Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (Sala do Social)

EDICTO (RSU 2600/2008 MRA).

Nas actuacións: recurso de suplicación número 2600/2008 MRA ás que se refire o encabezamento, seguidas ante a Sala do Social deste Tribunal Superior de Xustiza, dimanantes dos autos número 734/2006 do Xulgado do Social número 3 da Coruña promovidos por Julio Touriño Valiño contra o Instituto Nacional da Seguridade Social, Tesouraría Xeral da Seguridade Social, Ángel Manuel Villaverde Iglesias, sobre accidente, con data do 5 de febreiro de 2012, ditouse a resolución cuxa parte dispositiva é do seguinte teor literal:

«Decido. Desestimamos o recurso de suplicación interposto pola representación letrada de Julio Touriño Valiño contra a sentenza do Xulgado do Social número 3 da Coruña do 18 de marzo de 2008 en autos n.º 734/2006, que confirmamos».

Advírtese á parte en ignorado paradoiro que, a partir deste momento, se lle efectuarán as notificacións en estrados, salvo que se trate de autos, sentenzas ou localizacións, de acordo co prevido no artigo 59 da Lei de procedemento laboral.

E para que así conste para os efectos da súa publicación no DOG co fin de que sirva de notificación en forma a Ángel Manuel Villaverde Iglesias, coa advertencia de que as seguintes comunicacións se farán en estrados, salvo as que deban revestir forma de auto ou sentenza ou se trate de localización, expido e asino o presente edicto.

A Coruña, 5 de marzo de 2012.

A secretaria xudicial