Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 61 Mércores, 28 de marzo de 2012 Páx. 10951

V. Administración de xustiza

Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (Sala do Social)

EDICTO (RSU 4871/2009 CG).

Francisco Javier Gamero López-Peláez, secretario da Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia dou fe e certifico que no recurso de suplicación número 4871/09 CG ao que se refire o encabezamento, seguido ante a Sala do Social deste Tribunal Superior de Xustiza, dimanantes dos autos número 1070/2008 do Xulgado do Social número 3 de Lugo a instancia de Instituto Nacional da Seguridade Social contra Roberto López Ferreiro, Mutua Intercomarcal, Mutua de Accidentes de Traballo e Enfermidades Profesionais da Seguridade Social n.º 39, Tesouraría Xeral da Seguridade Social e a empresa Barigou Oualid, sobre incapacidade temporal, con data do 6.3.2012 ditouse a resolución, cuxa parte dispositiva é do seguinte teor literal:

«Que estimando o recurso de suplicación interposto polo INSS contra a sentenza ditada polo Xulgado do Social número 3 de Lugo, con data do 23 de xullo de 2009, e con revogación parcial da súa decisión debemos absolver o devandito demandado dos pedimentos contidos na demanda.

Notifíquese esta resolución ás partes e á Fiscalía do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, facéndolles saber que, contra esta, só cabe recurso de casación para unificación de doutrina que se preparará por escrito ante esta sala do social, dentro dos dez días seguintes á notificación desta sentenza e de acordo co disposto na Lei reguladora da xurisdición social. Se a recorrente non estiver exenta de depósito e consignación para recorrer, deberá ingresar:

A cantidade obxecto de condena na c/c desta Sala no Banco Banesto, n.º 1552 0000 80 (n.º recurso) (dúas últimas cifras do ano).

– O depósito de 600 euros na c/c desta sala n.º 1552 0000 37 (n.º recurso) (dúas últimas cifras do ano).

Advírtese á parte en ignorado paradoiro que, a partir deste momento, se lle efectuarán as notificacións en estrados, salvo que se trate de autos, sentenzas ou localizacións, de acordo co prevido no artigo 59 da Lei de procedemento laboral».

E para que así conste para os efectos da súa publicación no DOG co fin de que sirva de notificación en forma a Barigou Oualid, con último domicilio coñecido na rúa Ramón Montenegro, 2-4.º Lugo, coa advertencia de que as seguintes comunicacións se farán en estrados, salvo as que deban revestir forma de auto ou sentenza ou se trate de localización, expido e asino o presente edicto.

A Coruña, 6 de marzo de 2012.

A secretaria xudicial