Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 61 Mércores, 28 de marzo de 2012 Páx. 10953

V. Administración de xustiza

Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (Sala do Social)

EDICTO (RSU 2994/09 GA).

M.ª Socorro Bazarra Varela, secretaria xudicial da Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, fago saber que nas actuacións recurso de suplicación número 2994/09 GA ás que se refire o encabezamento, seguidas ante a sala do social deste Tribunal Superior de Xustiza, dimanantes dos autos número 135/2009 do Xulgado do Social número 1 de Vigo promovidos pola Mutua Galega de Accidentes de Traballo contra o Instituto Nacional da Seguridade Social, Tesouraría Xeral da Seguridade Social, Sergas, Faustino Mouriño Argibay, Construcións Areal Vigo, S.L., Antas Grupo Inmobiliario, S.L., Aparejadores Instalaciones Centros, S.L., Aparejadores Cálculos y Estructuras, S.L., Arquitectura, Inversiones, Construción Estudio Técnico, S.L., Bines Raíces, S.L., Alberto José Varela Grandal, Juan A. Barreiro Conde, sobre incapacidade temporal, con data do 7 de marzo de 2012 ditouse a resolución, cuxa parte dispositiva é do seguinte teor literal:

«Decidimos que desestimamos o recurso de suplicación interposto pola representación letrada de Mutua Galega de Accidentes de Traballo contra a sentenza do Xulgado do Social número 1 de Vigo, do 21 de abril de 2009 en autos n.º 135/2008, que confirmamos.

Déase o destino legal aos depósitos efectuados pola recorrente, á que condenamos a aboar os honorarios de letrado do demandante impugnante da suplicación por importe de trescentos euros (300 €).

Notifíquese esta resolución ás partes e á Fiscalía do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, facéndolles saber que, contra esta, só cabe recurso de casación para unificación de doutrina que se preparará por escrito ante esta sala do social, dentro dos dez días seguintes á notificación desta sentenza e de acordo co disposto na Lei reguladora da xurisdición social. Se a recorrente non estiver exenta de depósito e consignación para recorrer, deberá ingresar:

– A cantidade obxecto de condena na c/c desta sala no banco Banesto, n.º 1552 0000 80 (n.º recurso) (dúas últimas cifras do ano).

– O depósito de 600 euros na c/c desta sala n.º 1552 0000 37 (n.º recurso) (dúas últimas cifras do ano).

Unha vez firme, expídase certificación para constancia no rolo que se arquivará neste tribunal incorporándose o orixinal ao correspondente libro de sentenzas, logo de devolución dos autos ao xulgado do social de procedencia.

Así, por esta nosa sentenza, pronunciámolo, mandámolo e asinámolo».

E para que así conste para os efectos da súa publicación no Diario Oficial de Galicia co fin de que sirva de notificación en forma a Construciones Areal Vigo, S.L., Antas Grupo Inmobiliario, S.L., Aparejadores Instalaciones Centros, S.L., Aparejadores Cálculos y Estructuras, S.L., Arquitectura, Inversiones, Construcción Estudio Técnico, S.L., y Bienes Raíces, S.L., actualmente en ignorado paradoiro, coa advertencia recollida no artigo 89 LPL, de que as seguintes comunicacións se farán en estrados, salvo as que deban revestir forma de auto ou sentenza ou se trate de localización, expido e asino o presente edicto.

A Coruña, 7 de marzo de 2012.

A secretaria xudicial