Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 61 Mércores, 28 de marzo de 2012 Páx. 10955

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 1 de Reforzo da Coruña

EDICTO (49/12-PO 439/2011).

María Mercedes Santos García, secretaria xudicial de reforzo do Xulgado do Social número 1 da Coruña, fago saber que no procedemento ordinario 439/2011, seguido neste xulgado, foi ditado auto de aclaración de sentenza cuxo teor literal é o seguinte:

«Auto.

A Coruña o vinte e catro de febreiro de dous mil doce.

Feitos.

Primeiro. Con data do 24 de xaneiro de 2012 foi ditada sentenza nos presentes autos, co seguinte teor literal:

«Na Coruña o dezaoito de xaneiro de dous mil doce.

Vistos por Montserrat Matos Salgado, maxistrada xuíza substituta do Xulgado do Social número 1 (reforzo) da Coruña e o seu partido, os presentes autos de xuízo n.º 609/2011 seguidos por instancia de Eugenia Villar Lema, representada polo letrado Sr. Güemez Abad, contra a empresa Cespa Conten, S.A. Sociedade Unipersoal, que comparece asistida da letrada Sra. Regos Concha, contra a empresa Nervión Montajes y Mantenimiento, que comparece representada polo letrado Sr. Laso González e contra a empresa Danigal, S.A., en rebeldía procesual, versa a litis sobre reclamación de dereito e cantidade.

Antecedentes de feito.

Primeiro. A parte demandante antes citada formulou demanda recibida no xulgado decano no 26 de abril de 2011, que foi enviada a este xulgado, contra a demandada xa mencionada, na cal despois de expor os feitos e fundamentos que achou pertinentes, terminaba suplicando que se ditase sentenza en que se condenase as demandadas a aboaren a Eugenia Villar Lema a cantidade de 2.400 euros ou, subsidiariamente, a cantidade de 1.961,76 euros en concepto de produtividade dos anos 2009 e 2010.

Segundo. Admitida a trámite a demanda, convocouse as partes aos actos de conciliación e xuízo que tiveron lugar coa asistencia de ambas, tendo a parte demandante ratificado a súa demanda, e comparecendo, así mesmo, a empresa demandada, que se opuña á demanda nos termos que constan nos autos. Recibido o preito a proba polas partes comparecentes, propúxose proba documental, que, despois de ser declarada pertinente, se practicou co resultado que consta nos autos; a seguir as partes fixeron uso da palabra para conclusións en apoio das súas peticións e quedou o xuízo visto para sentenza.

Terceiro. Na tramitación deste xuízo, observáronse as prescricións legais.

Feitos probados.

Primeiro. Eugenia Villar Lema vén prestando servizos por conta e orde das demandadas desde 26.12.2007 coa categoría profesional de peón especializado e cun salario mensual con rateo de pagas extra segundo convenio.

Segundo. O anterior convenio colectivo das empresas que prestan servizos nos centros do complexo ambiental de Cerceda, como subcontratistas de Sogama, publicado no BOP 25.10.2004, prevía no seu artigo 33, parágrafo segundo: «...o estudo e proposta dun novo sistema de produtividade incentivada...».

Con data do 30.10.2006, e despois das reunións dos días 24, 25 e 26 de outubro de 2006, asínase acta de acordo coa asistencia da parte social, así como da parte empresarial, entre outras, a entidade Servisecuritas, S.A., en cuxa epígrafe 13 se establece: «Acórdase establecer un incentivo por produtividade en referencia ao artigo 33 do C.C., de 1.200 euros por traballador, independentemente da categoría e da empresa a que pertenza. Este incentivo será pagadoiro no ano 2006 o máis tardar co recibo de salario correspondente ao mes de novembro... Este incentivo por produtividade terá a consideración de anticipo á conta en canto non se leve a cabo unha negociación definitiva sobre este concepto para todo o Complexo Ambiental de Cerceda... No previsto neste documento, as partes remítense á acta asinada no día da data, da cal este documento é anexo...».

Terceiro. O Regulamento do sistema de produtividade incentivada para o Complexo Ambiental de Cerceda apróbase o 5.6.2008, e establece na súa disposición transitoria primeira, relativa á liquidación correspondente aos anos 2004, 2005, 2006 e 2007: «O acordo do 26.10.2006 entre as empresas contratistas e os representantes dos traballadores estableceu o aboamento dun pagamento á conta. A cantidade aboada por este concepto no ano 2006, igual que a aboada no ano 2007, cuxo importe en ambos os casos ascende a 1.200 euros por traballador, considérase como definitiva, polo que coa súa percepción se dá fiel cumprimento ao acordo do 26.10.2006, todos os traballadores afectados consideran saldado e liquidado o complemento de produtividade incentivada derivado da aplicación do artigo 33 do convenio do Complexo, durante a vixencia do citado texto legal».

Canto ao Regulamento do sistema de produtividade incentivada no CMC, establece no seu artigo 1 «percibirase con carácter anual, entre o 1 de xaneiro e o 31 de decembro de cada ano, sendo o ano 2008 o primeiro ano de vixencia total deste regulamento, sen carácter retroactivo con relación aos anos anteriores. O cálculo definitivo do importe do complemento efectuarase durante os tres primeiros meses do ano seguinte á súa remuneración, e o seu pagamento será en abril...».

O regulamento «afecta a todas as empresas contratistas do CMC que desenvolvan a súa actividade dentro do Complexo e lles resulte de aplicación o convenio do Complexo... ».

A entidade Aplica levou a cabo informe sobre a fórmula para elaborar o complemento de produtividade.

Cuarto. O actual III Convenio Colectivo do centro de traballo das empresas que prestan servizos nos centros do Complexo Ambiental de Cerceda como subcontratistas da Sociedade Galega de Medio Ambiente (Sogama), que resulta de aplicación a todos os traballadores e empresas que presten actualmente ou poidan prestar no futuro os seus servizos nos centros de traballo do Complexo, calquera que for a súa modalidade de contrato ou categoría profesional. O devandito convenio entrou en vigor o día 26.2.2009, cunha duración de catro anos, desde o 1.1.2008 ata o 31.12.2011, e con carácter retroactivo ao 1.1.2008 para todos os efectos e en todo o seu articulado.

No artigo 33 regula a «prima de produtividade incentivada» e establece que se aboará coa nómina do mes de abril e se calculará a través do Regulamento do sistema de produtividade incentivada no CMC, incluído como anexo VIII.

Quinto. Con data do 28.7.2008 constituíuse a Comisión Sociolaboral de Produtividade, que realizou reunións o 27.3.2009 e 11.5.2009, para fixar a «prima de produtividade incentivada», que quedou pendente de revisión na última reunión pola parte social, logo de fornecemento dos datos precisos para aplicación da fórmula por parte das diversas entidades afectadas.

Sexto. Con data do 10.10.2009 constituíuse a Comisión Sociolaboral e Técnica de Produtividade. Con data do 20.10.2010, reuniuse o Comité de Empresa do CMC cos representantes de empresas auxiliares de Sogama, para, entre outros puntos, fixar a produtividade do ano 2009. Con data do 12.11.2010 entregouse resultado do cálculo da fórmula de produtividade, que foi negativo.

O Comité de Empresa e delegados de persoal do CMC remiten no 12.11.2010 comunicación a diversas empresas, entre as cales se encontra Servisecuritas, S.L., solicitando a remisión de documentación para o cálculo de primas de produtividade.

A entidade Sogama procedeu aos cálculos da prima de produtividade conforme a fórmula establecida no regulamento, cuxo resultado foi negativo.

Sétimo. Con data do 19.5.2010 tivo lugar o acto de conciliación previa ante o SMAC, finalizado co resultado de «sen avinza».

Fundamentos de dereito.

Primeiro. No suposto que dá lugar á presente litis Eugenia Villar Lema reclama a cantidade de 2.400 euros ou, subsidiariamente, a de 1.961,76 euros en concepto de prima de produtividade incentivada deixada de percibir durante os anos 2009 e 2010.

Entrando no fondo da presente litis, debemos ter en conta a natureza do acordo aprobado polo Comité de Empresa no 5.6.2008, onde se encontran representadas varias entidades pola parte empresarial, entre as que se encontra Nervión Montajes y Mantenimiento, S.A. e Danigal, S.A. pero non Cespa, S.A., que posteriormente se inclúe no III Convenio Colectivo do centro de traballo das empresas que prestan servizos en CMC como subcontratistas de Sogama, como anexo VIII, convenio que non consta subscrito por Nervión Montajes y Mantenimiento, S.A. (corrección de erros publicada o 4.6.2009), nin por Cespa, S.A., aínda que si o asina Danigal, S.A. Así, no suposto que nos ocupa, sen negar a natureza do convenio colectivo de aplicación, que cabe entender extraestatutario e, en consecuencia, «pacto con eficacia normativa limitada e contractual» e con eficacia limitada ao ámbito de aplicación das entidades que os subscriben e ás que se adhiran, existe obriga de Nervión Montajes y Mantenimiento, S.A. de aboar o complemento reclamado, obriga que viría dada, se fose o caso, pola subscrición do citado Regulamento do sistema de produtividade, aínda que fosen excluídos posteriormente do citado convenio colectivo por non seren asinantes na corrección de erros.

Respecto a Danigal, S.A. existe obriga de responder da cantidade reclamada no suposto de que a demandante probe a remuneración da devandita cantidade en aplicación do artigo 217 LAC, xa que nos encontramos nun procedemento de reclamación de complemento que debe encadrarse dentro do ámbito de «reclamación de salarios».

Respecto a Cespa, S.A. cabe estimar a excepción de falta de lexitimación pasiva, pois que a citada entidade non subscribiu nin o Regulamento do 5.6.2008 sobre produtividade incentivada nin o posterior convenio colectivo, polo que ningunha responsabilidade se lle pode atribuír no presente procedemento.

Para considerar a concorrencia da reclamación salarial que se exerce no presente procedemento, débense ter en conta as disposicións do Regulamento do sistema de produtividade que concreta «o seu ámbito empresarial» (artigo 2) establecendo que o seu contido «afecta a todas as empresas contratistas do CMC que desenvolvan a súa actividade dentro do Complexo e lles resulte de aplicación o convenio do Complexo». Respecto ao seu ámbito persoal (artigo 3) refire que se estenderá «aos traballadores que ocupen postos estruturais ou lles resulte de aplicación o convenio do Complexo». É sobre a base da citada regulación convencional que subscribe Masa Galicia, S.A. pola que debe considerarse que, en caso de que os demandantes proben os puntos necesarios para estimarse a súa pretensión, a entidade demandada estará vinculada ao pagamento dela.

Así as cousas, aínda que no ano 2006 e 2007 todas as partes, sociais e empresariais fixaron na contía de 1.200 euros a contía do denominado «incentivo de produtividade», fíxose como un anticipo á conta da que, se fose o caso, correspondería e que se consolidou como definitiva no propio regulamento tal e como se aprobou no 5.6.2008 e regula a disposición transitoria primeira. Así, a partir da anualidade de 2008 debería aplicarse e cuantificarse o valor da citada prima en atención á fórmula que se regula no seu artigo 6, cos elementos que define no artigo 5.

En relación aos citados cálculos, tendo en conta principalmente as actas das reunións da Comisión Sociolaboral de Produtividade, estes foron realizados a partir dos datos facilitados polas empresas subcontratistas de Sogama, que deitan para o ano 2008 un resultado positivo de 980,90 euros, como consta no anexo da acta do 27 de marzo de 2009, que, non obstante, non resultou aprobado definitivamente. En consecuencia, as partes non fixaron unha contía concreta para a prima de produtividade incentivada correspondente ao ano 2008, pagadoira en abril de 2009, que se reclama na presente demanda.

Respecto ao ano 2009, o 10 de setembro de 2009 constitúese a Comisión Sociolaboral e Técnica de Produtividade, celebrándose reunión no 20.10.2010 do Comité de Empresa do CMC para a fixación da produtividade do ano 2009, requirindo as empresas subcontratistas para que fornezan os datos necesarios para realizar os cálculos correspondentes, que deitaron un resultado negativo.

Sobre a base do exposto, debe ser desestimada a demanda formulada pola Sra. Pereiro, por non resultar probada a contía da «prima de produtividade incentivada» que debería percibir conforme o Regulamento do sistema de produtividade incentivada respecto ao ano 2009 e deitar un resultado negativo pola aplicación da fórmula de cálculo establecida no devandito Regulamento para o 2010.

Segundo. Por tanto, e en consonancia co exposto nos feitos probados e fundamento xurídico precedente, débese desestimar integramente a demanda iniciada polo Sr. García Lema, Sr. Ballina Sánchez e o Sr. Fariña del Río e absolver a demandada de todos os pedimentos contra ela dirixidos.

Vistos os preceptos legais e demais de concordante aplicación,

Resolvo:

Primeiro. Que, desestimando integramente a demanda formulada por Eugenia Villar Lema, representada polo letrado Sr. Güemez Abad, contra a empresa Cespa Conten, S.A. Sociedade Unipersoal, que comparece asistida da letrada Sra. Regos Concha, contra a empresa Nervión Montajes y Mantenimiento, que comparece representada polo letrado Sr. Laso González e contra a empresa Danigal, S.A., en rebeldía procesual, debo absolver e absolvo a empresa demandada de todos os pedimentos da demanda contra ela dirixidos.

Notifíquese esta sentenza ás partes, e fágaselles saber que carece de recurso en atención á súa contía (artigo 191.2.g) da Lei 36/2011, do 11 de outubro, reguladora da xurisdición social), polo que, unha vez notificada, quedará firme en dereito.

Así o pronuncio, mando e asino por esta a miña sentenza, xulgando definitivamente en primeira instancia, Montserrat Matos Salgado, maxistrada xuíza substituta do Xulgado do Social número 1 (reforzo) da Coruña.

Segundo. Por escrito do 20 de febreiro de 2012, recibido neste xulgado no 22 de febreiro de 2012, a representación de Cespa, S.A. pide a rectificación do encabezamento, fundamento de dereito segundo e parte dispositiva, xa que se produciu un erro no nome da demandada que representa e da demandante.

Terceiro. No día da data quedaron os autos ao dispor do provisor para ditar a oportuna resolución.

Fundamentos de dereito.

Único. O artigo 267 da LOPX e en idéntico sentido os artigos 214 e 215 LAC regula o chamado recurso de aclaración, que posibilita con carácter excepcional a aclaración de puntos escuros, a emenda de omisións ou a corrección de erros meramente materiais sobre puntos discutidos no litixio, pero sen en ningún caso consentir que por tal vía poida ser rectificado o que deriva dos fundamentos xurídicos e sentido da disposición ou se subvertan as conclusións probatorias previamente mantidas, salvo que, excepcionalmente, o erro material sexa «un mero desaxuste ou contradición patente e independente de calquera xuízo valorativo ou apreciación xurídica, entre a doutrina establecida nos fundamentos xurídicos e a parte dispositiva da resolución xudicial», isto é, cando sexa evidente que o órgano xudicial «simplemente se enganou ao trasladar o resultado do seu xuízo á parte dispositiva».

Así mesmo, establece o artigo 267.3 LOPX: «3. Os erros materiais manifestos e os aritméticos en que incorran as resolucións xudiciais poderán ser rectificados en calquera momento».

Na súa consideración, tendo en conta que, efectivamente, se produciu un erro de transcrición no encabezamento, fundamento de dereito segundo e parte dispositiva, débese acceder á rectificación solicitada pola representación legal das demandantes, no sentido proposto por esta no seu escrito do 20 de febreiro de 2012.

Vistos os artigos citados e demais de xeral e pertinente aplicación,

Parte dispositiva.

Que se debe aclarar a disposición da sentenza do 24 de xaneiro ditada nos presentes autos, quedando do seguinte teor literal:

«Na Coruña o dezaoito de xaneiro de dous mil doce.

Vistos por Montserrat Matos Salgado, maxistrada xuíza substituta do Xulgado do Social número 1 (reforzo) da Coruña e o seu partido, os presentes autos de xuízo n.º 609/2011 seguidos por instancia de Eugenia Villar Lema, representada polo letrado Sr. Güemez Abad, contra a empresa Cespa, S.A., que comparece asistida da letrada Sra. Regos Concha, contra a empresa Nervión Montajes y Mantenimiento, que comparece representada polo letrado Sr. Laso González e contra a empresa Danigal, S.A., en rebeldía procesual; versa a litis sobre reclamación de dereito e cantidade.

Antecedentes de feito.

Primeiro. Que a parte demandante antes citada formulou demanda recibida no xulgado decano no 26 de abril de 2011, que foi enviada a este xulgado, contra a demandada xa mencionada, na cal, despois de expor os feitos e fundamentos que achou pertinentes, terminaba suplicando que se ditase sentenza en que se condenase as demandadas a aboaren a Eugenia Villar Lema a cantidade de 2.400 euros ou, subsidiariamente, a cantidade de 1.961,76 euros en concepto de produtividade dos anos 2009 e 2010.

Segundo. Admitida a trámite a demanda, convocouse as partes aos actos de conciliación e xuízo que tiveron lugar coa asistencia de ambas, tendo a parte demandante ratificado a súa demanda, e comparecendo, así mesmo, a empresa demandada, que se opuxo á demanda nos termos que constan en autos. Recibido o preito a proba polas partes comparecentes, propúxose proba documental, que despois de ser declarada pertinente, se practicou co resultado que consta en autos; a seguir as partes fixeron uso da palabra para conclusións en apoio das súas peticións e quedou o xuízo visto para sentenza.

Terceiro. Na tramitación deste xuízo observáronse as prescricións legais.

Feitos probados.

Primeiro. Eugenia Villar Lema vén prestando servizos por conta e orde das demandadas desde 26.12.2007 coa categoría profesional de peón especializado e cun salario mensual con rateo de pagas extra segundo convenio.

Segundo. O anterior convenio colectivo das empresas que prestan servizos nos centros do Complexo Ambiental de Cerceda, como subcontratistas de Sogama, publicado no BOP 25.10.2004, prevía no seu artigo 33, parágrafo segundo «...o estudo e proposta dun novo sistema de produtividade incentivada...».

Con data do 30.10.2006 e despois das reunións dos días 24, 25 e 26 de outubro de 2006, asínase acta de acordo coa asistencia da parte social, así como parte empresarial entre outras a entidade Servisecuritas, S.A., en cuxa epígrafe 13 se establece: «Acórdase establecer un incentivo por produtividade en referencia ao artigo 33 do C.C., de 1.200 euros por traballador, independentemente da categoría e a empresa a que pertenza. Este incentivo será pagadoiro no ano 2006 o máis tardar co recibo de salario correspondente ao mes de novembro... Este incentivo por produtividade terá a consideración de anticipo á conta entre canto non se leve a cabo unha negociación definitiva sobre este concepto para todo o Complexo Ambiental de Cerceda... No previsto neste documento, as partes remítense á acta asinada no día da data, da cal este documento é anexo... ».

Terceiro. O Regulamento do sistema de produtividade incentivada para o Complexo Ambiental de Cerceda apróbase o 5.6.2008, e establece na súa disposición transitoria primeira, relativa á liquidación correspondente aos anos 2004, 2005, 2006 e 2007: «O acordo do 26.10.2006, entre as empresas contratistas e os representantes dos traballadores estableceu o aboamento dun pagamento á conta. A cantidade aboada por este concepto no ano 2006 igual que a aboada no ano 2007, cuxo importe en ambos os casos ascende a 1.200 euros por traballador, considérase como definitiva, polo que coa súa percepción se dá fiel cumprimento ao acordo de 26.10.2006, todos os traballadores afectados consideran saldado e liquidado o complemento de produtividade incentivada derivada da aplicación do artigo 33 do convenio do Complexo, durante a vixencia do citado texto legal».

Canto ao Regulamento do sistema de produtividade incentivada no CMC, establece no seu artigo 1 «percibirase con carácter anual, entre o 1 de xaneiro e o 31 de decembro de cada ano, sendo o ano 2008 o primeiro ano de vixencia total deste regulamento, sen carácter retroactivo con relación aos anos anteriores. O cálculo definitivo do importe do complemento efectuarase durante os tres primeiros meses do ano seguinte á súa remuneración, e o seu pagamento será en abril...».

O regulamento «afecta a todas as empresas contratistas do CMC que desenvolvan a súa actividade dentro do Complexo e lles resulte de aplicación o convenio do Complexo...».

A entidade Aplica levou a cabo un informe sobre a fórmula para elaborar o complemento de produtividade.

Cuarto. O actual III Convenio Colectivo do centro de traballo das empresas que prestan servizos nos centros do Complexo Ambiental de Cerceda como subcontratistas da Sociedade Galega de Medio Ambiente (Sogama), que resulta de aplicación a todos os traballadores e empresas que presten actualmente ou poidan prestar no futuro os seus servizos nos centros de traballo do Complexo, calquera que for a súa modalidade de contrato ou categoría profesional. O devandito convenio entrou en vigor o día 26.2.2009, cunha duración de catro anos, desde o 1.1.2008 ata o 31.12.2011, e con carácter retroactivo ao 1.1.2008 para todos os efectos e en todo o seu articulado.

No artigo 33 regula a «prima de produtividade incentivada» e establece que se aboará coa nómina do mes de abril e se calculará a través do Regulamento do sistema de produtividade incentivada no CMC, incluído como anexo VIII.

Quinto. Con data do 28.7.2008 constituíuse a Comisión Sociolaboral de Produtividade, que realizou reunións no 27.3.2009 e 11.5.2009, para fixar a «prima de produtividade incentivada», que quedou pendente de revisión na última reunión pola parte social, logo de fornecemento dos datos precisos para aplicación da fórmula por parte das diversas entidades afectadas.

Sexto. Con data do 10.10.2009, constituíuse a Comisión Sociolaboral e Técnica de Produtividade. Con data do 20.10.2010, reuniuse o Comité de Empresa do CMC, cos representantes de empresas auxiliares de Sogama, para, entre outros puntos, fixar a produtividade do ano 2009. Con data 12.11.2010 entregouse resultado do cálculo da fórmula de produtividade, foi negativo.

O Comité de Empresa e delegados de persoal do CMC remiten no 12.11.2010 comunicación a diversas empresas, entre as cales se encontra Servisecuritas, S.L., solicitando a remisión de documentación para o cálculo de primas de produtividade.

A entidade Sogama procedeu aos cálculos da prima de produtividade conforme a fórmula establecida no regulamento, cuxo resultado foi negativo.

Sétimo. Con data do 19.5.2010 celebrouse acto de conciliación previa ante o SMAC, finalizado co resultado de «sen avinza».

Fundamentos de dereito.

Primeiro. No suposto que dá lugar á presente litis Eugenia Villar Lema reclama a cantidade de 2.400 euros ou, subsidiariamente, a de 1.961,76 euros en concepto de prima de produtividade incentivada deixada de percibir durante os anos 2009 e 2010.

Entrando no fondo da presente litis, debemos ter en conta a natureza do acordo aprobado polo Comité de Empresa no 5.6.2008, onde se encontran representadas varias entidades pola parte empresarial, entre as cales se encontra Nervión Montajes y Mantenimiento, S.A. e Danigal, S.A. pero non Cespa, S.A., que posteriormente se inclúe no III Convenio Colectivo do centro de traballo das empresas que prestan servizos en CMC como subcontratistas de Sogama, como anexo VIII, convenio que non consta subscrito por Nervión Montajes y Mantenimiento, S.A. (corrección de erros publicada o 4.6.2009), nin por Cespa, S.A., aínda que si asina Danigal, S.A. Así, no suposto que nos ocupa, sen negar a natureza do convenio colectivo de aplicación, que cabe entender extraestatutario e, en consecuencia, «pacto con eficacia normativa limitada e contractual» e con eficacia limitada ao ámbito de aplicación das entidades que os subscriben e ás que se adhiran, existe obriga de Nervión Montajes y Mantenimiento, S.A. de aboar o complemento reclamado, obriga que viría dada, se fose o caso, pola subscrición do citado Regulamento de sistema de produtividade, aínda que fosen excluídos posteriormente do citado convenio colectivo, por non seren asinantes na corrección de erros.

Respecto a Danigal, S.A. existe obriga de responder da cantidade reclamada no suposto de que a demandante probe a remuneración da dita cantidade en aplicación do artigo  217 LAC, xa que nos encontramos nun procedemento de reclamación de complemento que se debe encadrar dentro do ámbito de «reclamación de salarios».

Respecto a Cespa, S.A. cabe estimar a excepción de falta de lexitimación pasiva, pois que a citada entidade non subscribiu nin o Regulamento de 5.6.2008 sobre produtividade incentivada nin o posterior convenio colectivo, polo que ningunha responsabilidade se lle pode atribuír no presente procedemento.

Para considerar a concorrencia da reclamación salarial que se exerce no presente procedemento, débense ter en conta as disposicións do Regulamento do sistema de produtividade que concreta «o seu ámbito empresarial» (artigo 2) establecendo que o seu contido «afecta a todas as empresas contratistas do CMC que desenvolvan a súa actividade dentro do Complexo e lles resulte de aplicación o convenio do Complexo». Respecto ao seu ámbito persoal (artigo 3) refire que se estenderá «aos traballadores que ocupen postos estruturais ou lles resulte de aplicación o convenio do Complexo». É sobre a base da citada regulación convencional que subscribe Masa Galicia, S.A. pola que se debe considerar que, en caso de que os demandantes proben os puntos necesarios para estimarse a súa pretensión, a entidade demandada estará vinculada ao pagamento dela.

Así as cousas, aínda que no ano 2006 e 2007 todas as partes, sociais e empresariais fixaron, na contía de 1.200 euros, a contía do denominado «incentivo de produtividade», fíxose como un anticipo á conta da que, se fose o caso, correspondería e que se consolidou como definitiva no propio Regulamento tal e como se aprobou o 5.6.2008 e regula a disposición transitoria primeira. Así, a partir da anualidade de 2008 debería de aplicarse e cuantificarse o valor da citada prima en atención á fórmula que se regula no seu artigo 6, cos elementos que define no artigo 5.

En relación aos citados cálculos, tendo en conta principalmente as actas das reunións da Comisión Sociolaboral de Produtividade, estes foron realizados a partir dos datos facilitados polas empresas subcontratistas de Sogama, que deitan para o ano 2008 un resultado positivo de 980,90 euros, como consta no anexo da acta do 27 de marzo de 2009, que, non obstante, non resultou aprobado definitivamente. En consecuencia, as partes non fixaron unha contía concreta para a prima de produtividade incentivada correspondente ao ano 2008, pagadoira en abril de 2009, que se reclama na presente demanda.

Respecto ao ano 2009, o 10 de setembro de 2009 constitúese a Comisión Sociolaboral e Técnica de Produtividade, tendo lugar reunión o 20.10.2010 do Comité de Empresa do CMC para a fixación da produtividade do ano 2009, requirindo as empresas subcontratistas para que fornezan os datos necesarios para realizar os cálculos correspondentes, que deitaron un resultado negativo.

Sobre a base do exposto, debe ser desestimada a demanda formulada pola Sra. Pereiro, por non resultar probada a contía da «prima de produtividade incentivada» que debería percibir conforme o Regulamento do sistema de produtividade incentivada respecto ao ano 2009 e deitar un resultado negativo pola aplicación da fórmula de cálculo establecida no devandito regulamento para o 2010.

Segundo. Por tanto, e en consonancia co exposto nos feitos probados e fundamento xurídico precedente, débese estimar integramente a demanda iniciada por Eugenia Villar Lema e absolver a demandada de todos os pedimentos contra ela dirixidos.

Vistos os preceptos legais e demais de concordante aplicación:

Resolvo que, desestimando integramente a demanda formulada por Eugenia Villar Lema, representada polo letrado Sr. Güemez Abad, contra a empresa Cespa, S.A. que comparece asistida da letrada Sra. Regos Concha, contra a empresa Nervión Montajes y Mantenimiento, que comparece representada polo letrado Sr. Laso González e contra a empresa Danigal, S.A., en rebeldía procesual, debo absolver e absolvo a empresa demandada de todos os pedimentos da demanda contra ela dirixidos.

Notifíquese esta sentenza ás partes, e fágaselles saber que carece de recurso en atención á súa contía (artigo 191.2.g) da Lei 36/2011, do 11 de outubro, reguladora da xurisdición social), polo que, unha vez notificada, quedará firme en dereito.

Así o pronuncio, mando e asino por esta a miña sentenza, xulgando definitivamente en primeira instancia. Montserrat Matos Salgado, maxistrada xuíza substituta do Xulgado do Social número 1 (reforzo) da Coruña.

E para que sirva de notificación en legal forma a Danigal, S.A., en ignorado paradoiro, expido este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

A Coruña, 6 de marzo de 2012.

A secretaria xudicial